Skip to Content

Monthly archive

Deporte na escola:Volei

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 19-20

O Mércores día 4 de decembro,  terá lugar a 2ª  xornada da competición escolar de volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Esta tamén será a derradeira xornada da competición, na que se levará a cabo a entrega de medallas a tódolos participantes. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chándal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/

Correspondencia con Torrevieja

CORRESPONDENCIA CON TORREVIEJA

Moitos nenos e nenas do colexio escribiron unha postal de Nadal para os nenos e nenas do colexio " Las Culturas" de Torrevieja, que participa connosco no proxecto Erasmus+.

Estas son algunhas das que foron enviadas.

E tamén recibimos doce sobres cheos de felicitacións navideñas mandadas desde Torrevieja para os nosos nenos e nenas.

Moitas Gracias!!

DEPORTE ESCOLAR. Finais Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Finais de Bádminton Curso 18-19

O vindeiro mércores 20 de febreiro terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A esta xornada asisten o alumnado clasificado nas xornadas anteriores. De non poder asistir a esta xornada, sería importante comunicalo á maior brevidade posible para darlle a posibilidade de asistir ao alumnado en reserva.  O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 20:30h. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se a tedes, e chándal do mesmo. Os/as nenos/as que vaiades a Tomiño directamente debedes que estar alí ás 16:30h. Se tedes algunha dúbida podedes chamar ao teléfono: 650602161.

Morata, novo xogador do Atlético de Madrid

O novo delanteiro do Atlético de Madrid, Álvaro Morata, recoñeceu que, a pesar de que se deron "moitos rodeos" nos últimos meses, o seu "destino final" era xogar no club vermello e branco, un equipo ao que deu a súa "palabra" e do que se sente "parte" antes de que a fichaxe estivera pechado grazas aos seus agora compañeiros.

 

Milla Erasmus+

Milla Erasmus+

30 de marzo de 2019.

Durante o mes de marzo de 2019 seguimos en cada recreo realizando a milla Erasmus+. Case todos os alumnos do cole aproveiramos este momento para realizar a milla e conseguir o noso gomet, para poner na clase e sumar millas. Durante o segundo trimestre tivemos gomets vermellos, a cor correspondiente a Torrevieja e agora xa estamos mudando á cor verde que corresponde a Dublín.

Como podedes comprobar no panel da Milla Erasmus+ @s nen@s de Infantil, 1ºA, 1ºB, 4ºB, 6ºB, 6ºC xa chegaron a Torrevieja.

Despois de tanto esforzo, Lúa deixounos un agasalliño nas aulas aos que chegamos. Unha carta animándonos a seguir sumando millas, para chegar a Dublín e unha pulseira de cor vermello a cor de Torrevieja.

A Lúa gustaríalle que as clases que ainda non chegaron a Torrevieja, se animen a sumar moitas millas durante o mes de abril, pois para elas tamén ten un agasalliño.

II Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20

 II Evento Conxunto de Formación do Profesorado

 Erasmus + 18-20

 "Promover estilos de vida felices e saudables"

 Varese Italia

 Lunes 3 de Xuño 19- Viernes 7 de Xuño 19.

Durante esta semana do 3-7 de Xuño de 2019, varios Mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “II Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Instituto Comprensivo Varese 2  en Varese Italia. Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “ Promovendo estilos de vida felices e saudables.

Os docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto:

·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. 
·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 
·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda) 
·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).  

Na xornada do martes 4 de Xuño de 2019, pola mañá o profesorado terá a oportunidade de visitar a Scuola Bosco-Canziani de Varese: actividades deportivas e tempo no aula. Xa pola tarde terán unha xuntanza do Proxecto Erasmus+ e rematarán o día coa visita Cultural ao Sacro Monte.Tomaran contacto co idioma, o entorno e o deporte, para ensinar aos nen@s do noso centro.

Na xornada do mércores 5 de xuño, visitaran a Scuola Pascoli de Varese, para coñecer o seu sistema educativo, ás aulas, o alumnado, etc . Pola tarde levarán a cabo un Tour no Lago Maggiore en barco.

Será na xornada do, xoves 6 de xuño e para rematar a estadía en Varese, a formación xirará entorno ao desenvolvemento do proxecto, formación en Eramus+, plataformas eTwinning, etc así como a visita ás cidades de Varese e Milán.

Unha experiencia que tal como nos transmitiron os compañeiros desprazados a Armagh, no I Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20 promete ser moi enriquecedora e  totalmente recomendable.

LETRAS GALEGAS 2019

Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión á figura de Antón Fraguas, cunha semana chea de actos e actividades.

 

   

 

Luns, 13 de maio. Espectáculo de Maxia Escénica a cargo de 2 Minds Combined, dúo de maxia e mentalidade cun toque visual.

     

 

Martes, 14 de maio. Inauguración da Exposición do "Traxe Galego" coa colaboración da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.

       

      

   

     

 

 Xoves, 16 de maio. Concertos Didácticos de Música Tradicional Galega a cargo de Tino Baz.

     

 

 

 

Deporte en Familia. I Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença.

II Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença.

Domingo 13 de Outubro de 2019:

10:00h Valença-16:00h Tui.

O pasado domingo 13 de Outubro  tivo lugar en Tui e Valença, a II Carreira de Orientación Eurocidade. En Valença foi pola mañá, as 10:00h e en Tui foi pola tarde ás 16:00h. Varias familias do colexio participaron nesta bonita experiencia.

A familia Iglesias: Carmen de 5ºB e Martina de 2ºA, achegáronnos o plano da actividade e os seus resultados.

Noraboa a familia Iglesias e a todos os participantes desta segunda edición tudense.

 

Comedor escolar 2023/24

                                  

        - Solicitude comedor (ARUME)

 

 

 

 

 

Información importante a ter en conta:

 

  • O prazo de entrega das fichas será ata o 31 de agosto.

 

  • Todas aquelas que se entreguen despois desta data non terán garantida a praza.

 

  • Imprescindible poñer a data de comezo do comedor.

Os Reis Magos en Galicia!

Os nenos e nenas de Educación Infantil, despois de traballar na aula a Lenda da Fonte de San Andrés de Teixido, queren compartir con tod@s nós esta fermosa canción onde se nos dí cómo as súas Maxestades de Oriente chegan a nosa terra e fan unha parada nesta famosa fonte.

 


by Dr. Radut