Skip to Content

Monthly archive

Pequegrino. Camiño de Santiago portugués para os máis peques.

 Pequegrino

Ideas Peregrinas Tui.

"Ideas Peregrinas" ven de poñer en marcha, unha fantástica idea para os máis pequenos: " Pequegrino", unha bonita aventura para que os máis pequenos da familia leven a cabo o primeiro tramo do Camiño Portugués en Tui.

Uxía, Elía e Manuel xunto a familia destes últimos foron os primeiros tudenses en realizar esta estupenda experiencia. Foi moi divertida e conseguiron os selos e descubrir os enigmas que se lles plantexaron.

 Gracias a familia de Elía e Manuel por esta información tan interesante.

  "Pequegrino" (Ideas peregrinas- Tui)

 

“Ideas Peregrinas” set a great idea in motion “Pequegrino”. It is an experience for the youngest in family where they must walk the first part of the Portuguese Route in Tui.

 Uxía, Elía, Manuel and their family where the first family from Tui that participated. It was a funny experience in which they got the pilgrim stamps in the different challenges.

 Thank you for sharing with us this interesting information.

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Co obxectivo de concienciar e sensibilizar á poboación contra todo tipo de violencia, o centro participou nesta conmemoración realizando diversas actividades:

  • Desde o Departamento de Orientación e o Equipo TIC confeccionáronse chapas personalizadas para repartir, nesta data, entre toda a Comunidade Educativa.

  • Desde o Equipo de Biblioteca elaborouse un mural con todas as siluetas realizadas polo alumnado do centro representándose a sí mesmos. Este mural está exposto no corredor da planta baixa do centro para disfrute de toda a Comunidade Educativa.


 

  • Unímonos á invitación do Concello de Tui a participar no proxecto "TUI SOÑA", que repartiu entre os distintos centros educativos catro siluetas de muller para cada un coa finalidade de ser vestidas polo alumnado con frases e mensaxes positivas.

      

          

O propio día da conmemoración, o luns 25 de novembro, ás 12:00 horas na praza de San Fernando levarase a cabo un Acto Institucional coa lectura dun manifesto, a exposición das siluetas do proxecto "TUI SOÑA", realizadas por todos os centros educativos, e a posta en escena de varias actuacións musicais a cargo do alumnado dos centros educativos de Tui. O noso centro colaborará nesta última actividade participando co alumnado de 6º de Educación Primaria.

 

  • Rematarase esta semana de actividades asistindo, o mércores 27 de novembro, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, a un espectáculo na Área Panorámica, patrocinado pola Concellería de Cultura, relacionado coa sensibilización sobre a igualdade: "Somos iguais. Contos pola igualdade".

 

Cerraranse, así, os actos e actividades nas que o centro participa co gallo desta conmemoración, recordando que ENTRE TODOS, CON EDUCACIÓN E RESPECTO podemos soñar cun mundo onde non teña cabida ningún tipo de violencia.

 

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

 O pasado martes 5 de febreiro, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada, na que xogamos cos compañeiros/as do Ceip de Randufe, Ceip Nº1 de Tui e Club Bádminton Tui.

Patinaxe en Tui.

Patinaxe en Tui.

@s alumn@s de 4ºB, no mes de febrero de 2019, quixeron compartir con nós, a súa afección e paixón polo patinaxe. Todos eles forman parte das escolas deportivas de patinaxe do Concello de Tui ou do Club Ribex Tui. Carmen, Inés, Dani, Alejandra e Agar trouxeron á escola os seus patíns e a vestimenta que usan para patinar. Moitas grazas, gustounos moito todo o que nos ensinástedes.

O Porriño 10K 2019

O Porriño 10K 2019

O pasado domingo 17 de marzo, tivo lugar en Porriño a Carreira Popular O Porriño 10K. Nesta proba participaron Elena e Humberto Rey Martínez de 5ºA e 1ºB, xa que son membros do Club Atletismo Porriño. Noraboa e a seguir participando en vindeiras probas e colleitando tan bos resultados como ata o de agora.

Información facilitada pola súa familia. Moitas grazas.

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogara segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 7 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo do Novás B. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-Novás B : 6-9/2-9/3-12/5-9

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA

Benvidos ao curso 19-20

Benvidos ao curso 19/20

O equipo de deporte escolar davos a benvida a tod@s ao curso deportivo 19/20. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa e mente feliz.

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida ás profes Andrea e Sara, ás que imos botar moito de menos. E queremos darlle a benvida á profe Raquel, nova no equipo, polo que esperamos que desfrute con nós: co profe Xosé, a profe Puri, a profe R.Bea, a profe Lore, a profe Patri e a Profe Bea en tódalas actividades deportivas e pasemos xunt@s un bo curso.

Desexamos que este curso sexa para toda a nosa Comunidade Educativa un ano cheo de " Promocións de hábitos de vida saudables e felices".

Eramus+: Vida Saudable:Camiño Aventura.

Camiño Aventura.

@s alumn@s de 3º percorren 5 km do

Camiño de Santiago Portugués.

23 de outubro de 2019

O pasado mércores día 23 de outubro de 2019, @s alumn@s de 3º do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui, percorreron 5 km do Camiño de Santiago Portugués. Saíron dende a Ponte das Febres en Ribadelouro e remataron en Orbenlle.

A actividade, patrocinada pola Xunta de Galicia e Xacobeo 2021 para potenciar o uso do camiño, foi dirixida pola empresa de educadores ambientais Alecrín.

Durante a xornada o alumnado achegouse a un estilo de vida saudable mediante a actividade física no medio natural, á vez que participou, dividido en grupos, na resolución de diferentes retos encamiñados a coñecer mellor as lendas, a fauna e a flora do camiño.

Tamén tiveron oportunidade de observar a diversidade e a cantidade de peregrinos que percorren estes días o Camiño para chegar a Santiago.

   “Camiño aventura” 3rd grade students walk 5km of the Santiago’s Portuguese Route.

On Wednesday 23rd October,  3rd grade students walked 5km of the Santiago’s Portuguese Route. They began in Ponte das Febres (Ribadelouro) and finished in Orbendelle.

Funded by Xunta de Galicia, this programme helped students to develop a healthy activity where they found out about legeds, flora and fauna.

They´ve also had the chance to meet diferent pilgrims who were walking these days.

 

Campeonato escolar de Tenis de Mesa

Calendario da Competición Escolar 

de Tenis de Mesa 

Curso 19-20

Xa temos a vosa disposición o calendario da Competición de Volei Escolar para este curso 19-20. Como comprobaredes no calendario serán tres mércores consecutivos os días 11 e 25 de Marzo e 1 Abril, en horario de 16:00h a 19.00h no Pavillón do Ceip de Sobrada. Nesta competición animamos a participar a todo o alumnado de 3º a 6º.

 



by Dr. Radut