Skip to Content

Monthly archive

Final Galega Escolar de Bádminton Plus ( 4º e 5º) 27 de Abril de 2019

 

DEPORTE ESCOLAR.

Final Galega Escolar de Bádminton Plus ( 4º e 5º)

                               27 de Abril de 2019

O Vindeiro sábado día 27 de  abril a partires das 16:00h terá lugar a Final Galega Escolar de Bádminton para alumnos de 4º e 5º  inscritos na mesma. Dita xornada terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui de 16:00h-19:30h. Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da proba.

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis..

 ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  Bádminton Tui.  Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Aquí podedes descargar a nota informativa.

 

 

Aloiada 19

Aloiada 19.

13-14 de Xuño de 2019

Os días 13 e 14 de xuño de 2019, tivo lugar a Aloiada, unha proposta de Actividades no medio Natural: escalada, Orientación, Primeiros auxilios, acampada, piragüismo e remo, destinada ao alumnado de 6º de Educación Primaria de todo o Concello de Tui, que tivo unha duración de 2 xornadas, desenvolvéndose nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia e o Río Miño, en colaboración con todos os centros educativos da nosa cidade, as familias, o Concello de Tui, Clubs deportivos, Federacións, casas comerciais e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.

Grazas a tod@s por favor posible que o alumnado de 6º disfrutara de dúas xornadas de vida saudable e feliz, nun entorno como o Parque Natural do Monte Aloia e o Río Miño.

Deporte en Familia. Rianxo

Deporte en Familia

Rianxo.

Rianxo é unha vila mariñeira da que nos da conta a profe Olga. Un lugar para desfrutar en familia do seu entorno, das súas praias e sobor de todo da súa fauna: Golfiños, nutrias e moitos animais son os que se poden ver nas súas ribeiras.

Moitas gracias a Amancio Losada, o marido da profe Olga, por estas fotos tan bonitas e impresionantes, que nos dan boa conta do que en Rianxo podemos disfrutar en familia.

Deporte en Tui. Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogar a primeira rolda da  liga da temporada 19/20 da competición. O pasado domingo 24 de novembro de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo da SAR. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Gabriel, Lía e Iago.

 Os parciais foron: C.B.Tui-SAR: 10-5/10-7/7-7/8-7.

Excelente partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben e  logrou gañar. Noraboa

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA. Grazas

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

 O vindeiro martes 5 de febreiro, terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton. Será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18

O pasado mércores 20 de febreiro tivo lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. Unha tarde fantástica de Bádminton na que tod@s @s participantes gozaron cos compañeir@s da zona de Tomiño.

Aquí vos deixamos o enlace ás clasificacións que atoparedes na web de Agrudebam e ás fotos da xornada.

Tenis de Mesa 18-19.

Tenis de Mesa 18-19.

Pavillón Ceip Sobrada Tomiño.

27 de marzo de 2019

O vindeiro mércores día 27 de marzo vai ter lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente Campaña Deportiva 18-19 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h; pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os/as participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chándal do mesmo. Os nenos e as nenas que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Alimentación saudable

Alimentación saudable

Continuamos co segundo período de froita fresca que Lúa nos trouxo o cole. Dende o luns 1 de abril ata o venres 5, puidemos volver a gozar de froita de tempada. Esta vez tivemos clementina, piña, uvas, melón e plátano respectivamente.

É moi importante implantar un bo hábito alimenticio para ter unha boa saúde, se isto se consegue dende a infancia será máis sinxelo de acadar. Esperamos que este proxecto sexa un paso máis para conseguilo.

Puidemos contar de novo coa imprescindible axuda das familias na preparación de toda esta froita e co alumnado de 6º de educación primaria no seu reparto polas distintas aulas. Grazas unha vez máis!

Xornada de Loita Galega 4º

Xornada de Loita Galega 4º. Curso 18-19

O pasado mércores día 17 de abril, tivo lugar a Xornada da competición escolar de Loita Galega para  o alumnado de 4º. Dita xornada foi no Pavillón vello de Tui en horario de 10:00h-13:30h. Nesta xornada participaron o C.E.I.P Nº1 de Tui, o C.E.I.P Guillarei, o C.E.I.P de Randufe, o C.E.I.P de Rebordáns e o C.E.I.P Nº2 de Tui. Unha fantástica xornada onde o noso alumnado tomou contacto con xogos de iniciación a defensa persoal, a loita galega e o respeto aos contrarios.



by Dr. Radut