Skip to Content

Monthly archive

Promoción de Xadrez

Promoción de Xadrez

O pasado luns 16 de setembro estivo con nós Luis do Club Xadrez Tui. El contounos cousas moi interesantes sobre o xadrez, o importante que é para a concentración, etc...

Tamén nos convidou a ir a probar as súas clases, os sábados ás instalación do Casino de Tui.

Moitas grazas Luis por aportarnos tanto.

HORARIOS DO CENTRO

                                                                                                                                                                                                                                      

  HORARIO DE SECRETARÍA

  • Todos os días lectivos en horario de 09:15 a 14.00h.                                   

 

  HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

  • Os martes de 16:00 a 17:00 horas, previa petición de cita a cada tit@r ou profes@r. En caso de non poder acudir neste horario, cada familia deberá poñerse en contacto con cada tit@r para atopar outro momento adecuado para todos, e así poder falar do seu fill@.

 

  HORARIO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

  • Todos os días lectivos, de outrubro a maio, en horario de tarde de 16:00 a 17:00 horas para ler, consultar ou traballar. O alumnado de menor idade, sen autonomía para a lectura e o traballo individual, está acompañado por un familiar.
  •  O horario de empréstitos está establecido no horario de mañá para cada aula.

 

  HORARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

  • Todos os días lectivos de outubro a maio de 16:00 a 18:00 horas, seguindo un calendario establecido ao comenzo do curso, no que, cada familia, anota aos fill@s na actividade e horario que lle conveña.

 

  HORARIO DO COMEDOR

  • Todos os días lectivos de 14:15 a 16:00 horas. Para anotarse ao comedor terán que poñerse en contacto coa empresa de catering ARUME no correo electónico "soporteapp@colechef.com" ou no teléfono 607634413. 

 

  HORARIO DA AULA MATINAL

  • Todos os días lectivos de 07:30 a 09:15 horas.

 

  HORARIO DA AULA DE TARDE

  • Todos os días lectivos de 16:00 a 18:00 horas.

 

Biblioboletín Nadal

Biblioboletín Nadal.

Cada trimestre enviamos ás familias un Biblioboletín dando conta do traballado durante o trimestre.

DEPORTE EN FAMILIA: CASTRO LABOREIRO

DEPORTE EN FAMILIA: CASTRO LABOREIRO

SÁBADO 02/02/2019 

Castro Laboreiro é un pobo de montaña en Portugal, a 1 hora e 15 minutos de Tui e se hai neve é un sitio perfecto para pasar un rato xogando, facer monecos de neve e tirarse cun trineo, como fixeron o pasado fin de semana Daniel Docampo, de 4ºA, e Javier Docampo, de 5 años A.

Tamén é un sitio perfecto para visitar en primavera, e ver diferentes cousas que coa neve é máis difícil, como o castelo de Castro Laboreiro, a ponte romana ... 

Pero vaias na época que vaias, as vistas do Parque Nacional de Peneda-Gerês son impresionantes.

Información facilitada pola familia dos alumnos Docampo. Moitas gracias por compartir con nós experiencias tan divertidas e fascinantes.

Estrea da nova película chamada Gozila: king of the monsters.

Estamos ante a nova entrega do xa coñecido monstro perigoso que destrúe cidades sen compaixón e mata a moita xente. Pero nesta ocasión as persoas cansas de que mate a xente intentan matalo pero el ven con moitos monstros e empezan a pelexar.

Investigando sobre o corpo humano

Investigando sobre o corpo humano

En educación infantil estase levando a cabo un proxecto sobre o corpo humano. Primeiro coñecémolo para despois poder levar una vida san e saudable. Para poder investigar o máis próximo posible á realidade, os nenos e nenas puideron contemplar un corazón e un pulmón de vaca de cerca. Toda unha experiencia!

Día de Europa. United in diversity. Unidos na diversidade.

Día de Europa.

United in diversity.

Unidos na diversidade.

O lema da Unión Europea “ unida na diversidade” fai referencia á maneira na que os europeos se uniron, formando a UE, para traballar a favor da paz e da prosperidade, beneficiándose ao mesmo tempo da gran diversidade de culturas, tradicións e linguas do continente.

O noso centro está nun proxecto Erasmus+ que promove estes valores, con colexios de Portugal, España, Italia e Irlanda.

Este lema que foi usado por vez primeira no ano 2000, celebrase cada 9 maio para conmemorar o Día de Europa.

Aquí vos deixamos o lema no idioma dos nosos compañeiros de proxecto Erasmus+

Galego: Unidos na diversidade

Español : Unida en la diversidad.

Inglés : United in diversity.

Irlandés : Aontaithe san éagsúlacht.

Italiano : Unita nella diversità.

                              Portugués : Unida na diversidade.

Promoción de Bádminton

Promoción de Bádminton

O pasado venres 13 de setembro, estiveron con nós Marisa e Jonathan do Club Bádminton Tui. Contáronnos moitas cousas interesantes sobre o bádminton e invitáronnos a practicalo cando queiramos, no seu clube. Moitas gracias.

 

Promoting  Badminton

 

Last Friday, September 13th, Marisa, Javier and Jonathan from Badminton Club were with us. They told us many interesting things about badminton and invited us to practice it whenever we want in their club. Thank you very much.

 

COMEZAMOS A PLANTAR!!!

Os nenos e nenas da aula de tres anos son os primeiros en animarse a plantar. Este ano decidiron plantar sementes de grelos. O tempo non acompaña xa que chove moito e vai moito frío. Pero seguro que vai ir todo xenial e van recoller uns grelos fermosísimos máis adiante para preparar unha receita saudable no Restaurante de Lúa!!! Bo traballo e grazas, titoras e alumnos de 3 anos!!

 

         

 

  PLANTING THE FIRST VEGETABLE SEEDS... 

3-year-old students from Infant Education decided to plant some turnip tops seeds today. They are a bit worried because it is being quite rainy and cold these days. They expect they can collect them later on and prepare a very healthy recipe at Lua´s Restaurant!!  Well done!!! 



by Dr. Radut