Skip to Content

Monthly archive

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui segue a xogara segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 21 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo de Cangas. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-Cangas: 2-5/2-5/2-3/3-4

Moi bo partido, onde o equipo de Tui xogou moi ben aínda que non logrou gañar. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas

Actividades Clubs Deportivos de Tui 19/20

Actividades Deportivas Clubs Deportivos Tui.

Como cada ano deixamosvos a listaxe de actividades deportivas que podedes practicar en Tui, para ter un estilo de vida saudable e féliz, tal como estamos promocionando no Proxecto Eramus+ que se está levando a cabo dende o curso 2018 ata o 2020. Anotádevos e practicade a actividade física que máis vos gusta. Podedes pinchar sobre a foto para ver a información en grande

Calendario Dinamizacións Intercentros

Calendario da Competición de  Dinamizacións Intercentros

Curso 19-20

Xa temos a vosa disposición o calendario da Competición de Dinamizacións Intercentros Escolar para este curso 19-20. Como comprobaredes no calendario seránen horario lectivo. Nesta competición animamos a participar a todo o alumnado de 3º a 6º.

Deporte na Escola: Dinamización Intercentros CEIP Nº2 de Tui- CEIP Sobrada

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

Martes día 12 de decembro de 2019

 O vindeiro martes  día 12  de decembro de 2019  terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºA, 6ºC. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Goián

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Goián

Curso 18-19

venres  día 18 de xaneiro de 2019

 O vindeiro venres día 18  de decembro de 2019 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 3ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Goián. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 4ºC, 6ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O pasado martes 12 de febreiro, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para  a   Categoría Benxamín ( 3º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos momentos desfrutados durante a tarde.

NOVAS GRANADAS SECRETA DE FORTNITE

Na nova actualización de Fornite version 2.00 meteron unha nova skin granadas fresqueiras e o subfusil con silenciador.

E sacaron do xogo a escopeta pesada, o fusil de tirador de cerrollo.

A skin da SEMANA 9 chámase o prisioneiro: SKIN NEVADA.

Grandes deportistas tudenses

Grandes deportistas tudenses.

@s alumn@s de 5º e 6º investigamos sobre os/as deportistas máis importantes de Tui. Sabemos que son moit@s, nós tivemos a sorte de contactar con moitos deles, conseguimos entrevistalos e fixemos por grupos a terceira tarefa deste curso, para o Proxecto Erasmus+ que estamos a levar a cabo no centro, un "Popplet" coa información máis importante sobre eles/as. Foi unha experiencia incrible.

Pincha enriba do nome de cada deportista para velo en grande.

                      Alvaro Pino.

                          Ciclista.

         Enrique Miguez

            Piragüismo

         Manuel Garrido

           Piragüismo

            Nuria Dominguez

                 Remo

      Marisa Giraldez

         Bádminton

              María González

                 Remo

Alvaro Rodríguez.

Corredor de Cross

Lara Feijoo.

Piragüismo.

Juan Carlos Lorenzo Pimentel.Piragüismo.

Diego Rocha.

Futbolista

Javi Niño.

Baloncesto

.

Andrea González.

Padel

     
     
     
     

Unha rica ensalada da horta

 Unha rica ensalada da horta

O pasado xoves 23, os nenos e nenas de 4 anos fixemos una ensalada cos produtos que plantamos na horta: leitugas e cenorias. A maiores engadímoslle pavo, queixo, mazá, atún e espárragos. Saíunos tan deliciosa que non chegou toda a que preparamos e ¡quixemos repetir e facer máis!



by Dr. Radut