Skip to Content

Monthly archive

Semana Europea do Deporte.

Semana Europea do Deporte.

23-30 setembro 19

Día Europeo do Deporte.

27 setembro 19

Coincidindo coa Semana Europea do Deporte e o Día Europeo do Deporte iniciamos a Milla Erasmus+ de Lúa, un circuíto onde cada día todo o alumnado percorre millas para axudar a Lúa (a mascota do colexio) a dar a volta ao mundo.

 

Cada clase buscou nesta primeira ocasión unha forma divertida de facer a milla en grupo.

Coincidindo con estas datas, leváronse a cabo numerosas promocións deportivas, en colaboración cos clubs de Tui para animar a todo o alumnado a facer actividade física saudable.

Deporte en Tui. Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui ven de comezar a liga 19-20, este fin  semana do 26 de outubro de 2019 xogando ante o Chapela o primeiro partido da presente liga . 

 Os parciais foron: C.B.Tui-: 6-2/3-4/7-3/8-0

Un triunfo que deixa boas sensacións para a vindeira tempada. Noraboa a todo o equipo polo gran traballo de esta tempada.

 

Na categoría Infantil feminino do clube tamén xogan Lía, Uxía e Yesica e antigas alumnas do cole. Un equipo con moita ilusión que vai mellorando pouco a pouco.

Moito ánimo e moitas gañas que non falten campionas.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA.

ACTUACIÓNS PARA A MELLORA

Os membros da Ecopatrulla reunímonos unha vez ao mes para reflexionar sobre o noso traballo e ver en que podemos mellorar. Na última reunión vimos a necesidade de recordar á nosa comunidade educativa a importancia de non botar, por exemplo, panos de man ao contedor de papel ou restos orgánicos no contedor do plástico.

Ocorréusenos unha actuación interesante para acadar este obxectivo.... facer un comunicado na radio escolar. Na web do cole, na sección da radio tedes o resultado.

Estamos moi contentos coa nosa labor e sabemos que contamos coa axuda de toda a comunidade escolar. Xuntos o conseguiremos!!!

 

   INTERVENTION FOR IMPROVEMENT

In its monthly meeting, the school ecological patrol concluded that it was important to remind the educational community the importance of its work. So, our volunteers decided to go to the school radio to remember basic things as, for example, that handkerchiefs do not go into the blue container or organic waste into the yellow one. They are convinced that we are going to succeed in this year mission.

 

 

1ª Xornada de Bádminton Alevín. Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 18-19

O vindeiro martes 22 de xaneiro, dará  comezo a competición escolar de Bádminton. A 1ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) será no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Tod@s @s participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio, se  tiveran, e chaándal do mesmo. @s nen@s que vaian a Randufe directamente, terán que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Cross San Miguel de Oia Vigo

Carreira San Miguel de Oia Vigo

17 Febreiro 19.

O pasado domingo 17 de febreiro de 2019, levouse a cabo a Carreira de San Miguel de Oia en Vigo. Alí estivo participando na categoría Alevín Masculino, Nicolás Freiría de 5ºB co seu club o Club Atletismo Porriño.

 

Noraboa Nico, polo teu esforzo, e pola túa paixón por este deporte.

Moitas gracias a Nico e a súa familia por achegarnos esta información.

JESÉ FICHA POR EL BETIS

O Real Betis Balompié incorpora ao futbolista Jesé Rodríguez, procedente do Paris Saint-Germain. O xogador chega cedido ata o final da temporada 2018/2019 ao Club das Trece Barras.

Jesé Rodríguez (Las Palmas de Gran Canaria, 26/02/1993) comezou a formarse como futbolista nas categorías inferiores do Real Madrid. A súa grande proxección e rendemento dende infantiles lle fixeron debutar co primeiro equipo con tan só 18 anos. En 2016, tras tres temporadas co conxunto branco en Primeira División, o atacante canario foi traspasado ao Paris Saint-Germain. Cedido en xaneiro de 2017 a a UD Las Palmas, onde militou ás órdes de Quique Setién, o novo xogador do Real Betis Balompié xogou a pasada campaña no Stoke City da Premier League inglesa.

Saúde bucodental. Vida sa e saudable

Saúde bucodental

Vida sa e saudable

O pasado martes día 9 os nenos e nenas de 5 anos recibiron a visita de Laura e Carmen. As dúas son mamás de nen@s do cole e expertas en saúde bucodental, Laura unha dentista que xa nos ofreceu una charla formativa ós profes e ás familias no primeiro trimestre, e Carmen higienista. Déronnos consellos moi interesantes que esperemos que se apliquen na vida diaria do noso alumnado. Grazas pola vosa colaboración!

Facemos limonada

Facemos limonada

Os nenos e nenas de 4 anos fixemos unha refrescante limonada o venres pasado. Os limóns faciltounolos o profe Adri que tiña no seu limoeiro, a maiores mercamos azucre e auga e puxémonos máns a obra. 

Primeiro expremimos os limóns cun exprimidor e ó zume que obtivemos engadímoslle agua e azucre. Aproveitamos esta rica limonada para acompañar como bebida na celebración dos aniversarios deste mes. 

A NOSA HORTA, PASIÑO A PASIÑO....

Sen presa pero sen pausa...os nenos e nenas de 3º A axudaron hoxe a colocar unha parte do pequeno cercado que delimitará a horta de Lúa. 

                                                         

 

OUR VEGETABLE GARDEN, STEP BY STEP...

Slowly but surely....students from third grade A helped today to fence one of our garden´s section.

 

Promoción de Padel

 Promoción de Padel.

 O pasado martes 17 de setembro de 2019, tivemos a Samuel do Club Padel 8 que ten a súa sede nas instalacións deportivas de Guillarei. Con eles coñecemos o padel e disfrutamos xogando coas súas raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións de Padel de Guillarei e disfrutar de unha sesión gratuita. Moitas, moitas grazas.

 

Promoting  Padel

 

  Last Tuesday, September 17 th , we were with Samuel from Club Padel 8, which is based in the sports facilities of Guillarei. We learnt a lot about paddle with them and enjoy playing with their equipment. We were also invited to visit the facilities of Padel in Guillarei and enjoy a free session. Thank you very much.



by Dr. Radut