Novas do Colexio
O MAGOSTÍN
SAIAMOS DISTO CON #SENTIDIÑO
Esta entrada enlaza con unha serie de recursos interesantes que están a elaborar as Consellerías de Sanidade e Educación.
Enquisa autoavaliación diaria (renovada)
Principais medidas / Preguntas frecuentes (atoparedes o enlace no menú superior azul)
PROTOCOLOS DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID
Aquí tedes os documentos de adaptación á situación covid, que como xa vos informamos, trátase de PROTOCOLOS VIVOS, que serán sometidos a continuas revisións e/ou actualizacións segundo indiquen as autoridades sanitarias e/ou educativas.
Plan de adaptación ao contexto covid (versión 1) / Plan de Continxencia (versión 1) / Plan de Acollida (versión 1)
HORARIOS DE ENTRADA/SAÍDA ESCALONADAS E MATERIAL
Neste novo curso 2021/22 os horarios de entrada e saída serán escalonados como o curso pasado:
E.INFANTIL | E.PRIMARIA |
4 e 5 anos 9:20 / 14:25 |
1º e 2º 9:25 / 14:15 |
3 anos 9:25 / 14:20 | 3º e 4º 9:20 / 14:20 |
5º e 6º 9:15 / 14:25 |
O éxito da medida radica na puntualidade e cumprimento dos mesmos, así como das normas que comentamos.
"MATERIAL COVID" OBRIGATORIO POR ALUMNO/A: Infantil traerá dúas caixas de panos desbotables. Primaria traerá dúas caixas de panos desbotables, frasco pequeno con xel hidroalcohólico, máscara de reposto con funda para a mesma, e rotulador para pizarra blanca.
* O resumo ACTUALIZADO do protocolo enviarase nos próximos días (terá moi poucos cambios).
REUNIÓN PREVIA INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS
Ante o comezo de curso tan diferente que nos acomete, é preciso realizar unha reunión inicial PREVIA coas familias para dar a coñecer o PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO COVID-19 no noso centro, así como algunhas normas xerais, adaptacións das entradas e saídas, e por suposto resolver as dúbidas que teñades.
A asistencia é completamente necesaria!!
NORMAS PARA ASISTIR Á REUNIÓN:
-
Soamente poderá asistir unha persoa por familia, sen nenos/as.
-
Respetarase en todo momento a distancia de 1,5m e empregarase a máscara.
-
Entrarase tanto pola porta de infantil (rotonda Mikado) como pola principal do cole (Correos), para evitar aglomeracións.
-
Cada persoa situarase unicamente nos lugares indicados
A reunión de Infantil será no hall da planta baixa, O LUNS 7 DE SETEMBRO nas seguintes quendas:
- 3 anos ás 10:30h
- 4 anos ás 12:00h
- 5 anos ás 13:00h
A reunión de Primaria será no patio cuberto, O LUNS7 DE SETEMBRO nas seguintes quendas:
- 1º e 2º EP ás 16:00h
- 3º e 4º EP ás 17:15h
- 5º e 6º EP ás 18:30h
* É realmente importante a asistencia, pero se non podedes asistir, pedide a información a outra familia que asistiu.
* O protocolo (tanto resumido como en versión completa) estará colgado na web do centro para a súa consulta tan pronto sexa posible.
* Despois das reunións, crearemos unha sección na web coas preguntas frecuentes.
Moitas grazas pola vosa comprensión, apoio e implicación nesta situación tan atípica que nos tocou compartir. ÁNIMO E TRANQUILIDADE, TODO VAI SAIR BEN!!!
Un saúdo,
O Equipo Directivo
GRADUACIÓN ALUMNADO 5 ANOS
Nesta situación tan excepcional que nos impediu realizar os actos de graduación habituais no centro, queremos dar a NORABOA AOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS polo seu final de etapa.
Benvidos á etapa de Educación Primaria!!!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
O Equipo de Biblioteca quere facervos unhas recomendacións lectoras para o verán:
3 a 7 anos 7 a 9 anos A partir de 10 anos
A PITA FALADORA 2019/20 - Nº41
Como ben sabedes, hoxe é o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero.
Como non o puidemos celebrar no cole, quixemos darvos unha sorpresa e publicar a nosa Revista anual o 17 de maio de 2020
A nosa Pita Faladora xa vai polo número 41 (fai clic), e este ano é o primeiro número integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA 2020
Que gran acollida tivo a nosa proposta! Como nos alegramos!
Tras procesar a morea de fotos e vídeos que nos enviastes, aquí tedes o ansiado resultado. Agardamos que vos guste e sentimos os recortes que tivemos que facer para que non se nos extendera demasiado a composición.
Un saúdo e o noso agradecemento pola participación!! Os profes de Educación Física e psicomotricidade: Rubén, Conrado e José Ángel.
#DEFC2020
MENSAXE D@S PROFES: VÍDEO
Todo o profesorado do CEIP Nosa Señora dos Remedios queremos enviarvos unha mensaxe en forma de vídeo. Un graniño de area para intentar animar a todos os nenos e nenas e a toda a familia. Na distancia, seguimos estando ao voso lado e vos estrañamos.
Pero... PRONTO ESTAREMOS XUNTOS!!!
Moito ánimo familias, e moita saúde.
Unha aperta enorme de todo o profesorado.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »