Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO E DE FAX DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

O CEIP Nosa Señora dos Remedios ten novos números de teléfono e de fax. Estes son:

teléfono: 886110532

fax: 886110538

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

O pasado xoves 17 de decembro de 2015 celebrouse un festival de panxoliñas no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas, no que actuaron todos os alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora dos Remedios, baixo a dirección e coordinación da mestra de Música do colexio Lucía Groba.

Puxeron remate así a unha actividade para que tiveron que prepararse durante este primeiro trimestre.

 

7ª EMISIÓN EN VERSIÓN WEB DO CURSO 2015/16 DE RADIO FALADORA

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar a 7ª emisión en versión web do curso 2015/16 de Radio Faladora, a nosa radio escolar: 

https://app.box.com/s/8c1t45o7tntauyletb5wrnc2srt5qkic

FANTÁSTICO CONCERTO DE NADAL DO CORO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

O luns 21 de decembro o Coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios ofreceu o seu concerto de Nadal no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas.

Baixo a dirección da mestra Ruth Barros e acompañados ao piano pola mestra Cecilia López, os alumnos e alumnas que forman o coro (de 1º a 6º de E. Primaria) obsequiaron a todos os asistentes cun marabilloso concerto de Nadal.

Primeiro foron os coristas de 1º e 2º os que actuaron e despois os de 3º a 6º. O auditorio fíxose pequeno para acoller ao público asistente que non deixou de aplaudir ao coro.

Distribuir contido