Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

A COMPARSA DO COLEXIO ESTIVO XA EN VIGO E PONTEAREAS

Este pasado sábado 21 de febreiro a Comparsa Érase unha vez... do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" participou no desfile de carrozas do Entroido de Vigo xunto con outras 26 comparsas máis, levando o nome do noso colexio a un evento de grande magnitude.

Gustaron moito as 2 carrozas da nosa Comparsa, feitas por pais e nais de alumnos/as. O tema elixido para o Entroido por parte desta comparsa foi o dos contos infantís.

 

Neste domingo 22 de febreiro, participou no Entroido de Ponteareas, xunto con outras 7 comparsas, desfilando con tres carrozas que representaban tres contos infantís: Peter Pan, A bela durminte e Brancaneves.

 

De momento aínda non sabemos a posición na que quedou a nosa comparsa en Ponteareas, pois os resultados daranse neste martes 24, día no que volverán a desfilar por Ponteareas.

Felicitamos dende aquí aos pais e nais que organizaron esta comparsa.

DESFILE DE ENTROIDO

 

DESFILE DE ENTROIDO POR PONTEAREAS

 Hoxe, 20 de febreiro, dende primeira hora da mañá comezou a festa. Primeiro comprobamos que estaba todo en orden, logo comezar a transformarnos nos diferentes personaxes dos contos que representaban cada ciclo; máis tarde saímos ao patio para colocarnos en fila para o Desfile e a correspondente foto.

E comezou o percorrido polas rúas da vila ata a Praza, onde nos agardaban compañeiros doutros coles que xa foran chegando, colocámonos no lugar reservado, coma sempre o público non nos deixa pasar e hai que ir reclamando o noso lugar, pero todo se vai arranxando con boa vontade. E dá comezo o acto, saúdo do concelleiro de Cultura e paso as coplas e posterior queima do Meco, que se retrasou un chisco por mor do directo para a televisión de Galicia, porque , sabedes saímos en directo na tele, agardamos poder ver a repetición.

Logo houbo que facer o recorrido para o cole, que xa tiñamos ganas, máis polas ganas de repor enerxía que por outra cousa.

Repuxemos forzas, descansamos e rematamos.

E para que teñades unha mostra do guapos e guapas que íamos mirade a seguinte galería de fotos.

Moitas grazas a todos e todas polo traballo e colaboración entre toda a comunidade educativa.

 

13ª EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN DE SOBREMESAS DE ENTROIDO

SOBREMESAS DE ENTROIDO

O mércores 18 de febreiro, coma todos os anos , celebrouse no colexio unha xornada de portas abertas para toda a comunidade educativa, levándose a cabo unha exposición e degustación de sobremesas de Entroido.

Dende 1ª hora da mañá os mestres e mestras que non tiñan que impartir as súas materias, coa axuda do conserxe e persoal da cociña, encargáronse de colocar murais,as mesas e baixar os doces feitos polas familias, para a exposición e posterios degustación.

Xa na terceira hora abríronse as portas e pais, nais e alumnos e alumnas acompañados dos seus mestres e mestras pasaron a ver e degustar tan exquisito banquete.

Na cuarta hora tocou como non recoller e voltar cada un ao seu traballo.

MOITAS FELICITACIÓNS!! a todos e todas polo traballo levado a cabo e a colaboración, algo imprescindible para que esta comunidade funcione axeitadamente.

A continuación poden ver unha mostra do acontecido.

RADIO FALADORA 13

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o programa nº 13 de Radio Faladora, a nosa radio escolar.

http://www.box.net/shared/n3562b0ttq

O DÍA DA PAZ NO NOSO COLEXIO

Hoxe 30 de xaneiro de 2009, fixemos no noso colexio o acto do día da paz. Se pinchas no seguinte enderezo poderás escoitar o manifesto e os desexos de paz a nosa comunidade educativa.

http://www.box.net/shared/pqxzfhfh1u

 

RADIO FALADORA 12

Pincha no seguinte enlace e poderás escoitar o programa nº 12 de Radio Faladora, a nosa radio escolar.

http://www.box.net/shared/5vj4ttbyvc

UNHA ESCOLA CHEA DE MÚSICA

 

Dende o pasado ano 2008 o noso centro ven acollendo a dous grupos musicais da nosa vila cedéndolles un local das nosas instalacións para que teñan lugar os seus ensaios.

Trátase da Orquestra de Cámara "Divertimento" e do Obradoiro Vocal "A Vila".

 

Ambas agrupacións están levando a música ponteareana por toda Galiza e outros lugares da xeografía española deixando sempre en moi bo lugar a nosa terra.


RADIO FALADORA

A continuación pódense ler os programas de radio escolar "Radio Faladora" que se levaron a cabo durante o primeiro trimestre todos os mércores, sendo locutores cada mes un grupo de alumnos e alumnas de sexto curso de Primaria.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/radiofaladora1

DECORACIÓN DE NADAL

DECORACIÓN DE NADAL NO COLE

Durante o mes de decembro cada aula elaborou figuras en plastilina para a elaboración do Belén. Tamén se decoraron os distintos corchos de cada pasillo con motivos alusivos.

A continuación poden ver unha galeria de imaxes dos traballos realizados.

le="width:426px;text-align:left;">

Distribuir contido