Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

CONCURSO DE GRAFFITI "40 ANOS DO C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS"

Nos ficheiros adxuntos están as bases, a ficha de inscrición e a autorización dos pais/nais para os menores de idade para participar neste concurso.

O prazo para inscribirse vai dende o 16 de marzo ata o 24 de abril de 2009, ámbolos dous incluídos.

RADIO FALADORA 18

Pinchando no seguinte enlace podes escoitar o 18º programa de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar. Lembra que todos os programas os podes escoitar no apartado de alumnado-Radio Faladora.

 

http://www.box.net/shared/j3yvz46q4e

SUSANA LAMELA, A NOSA PROFE ESCRITORA

Nestes días vén de producirse unha nova que nos enche de ledicia e agarimo a toda a Comunidade Educativa do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios: A nosa profe Susana Lamela acaba de ver cumprido un soño: ver publicado un libro seu.

Dende esta web queremos felicitar a esta mestra, pois ademais dunha magnífica profesional é unha fantástica escritora. É unha honra para todos/as contar con ela como compoñente da nosa Comunidade Educativa.

Esperamos que próximamente haxa un acto de sinatura do libro no noso cole por parte da autora Susana Lamela.

FELICITACIÓNS!!!!!!

OS ENCONTROS DOS AXÓUXERES CHEGAN A PONTEAREAS

Pinchando no ficheiro adxunto atoparedes información dada polo Concello de Ponteareas sobre esta interesantísima activdade dirixida a nenos/as ata os cinco anos.

PROGRAMA ENROLADOS

Pinchando no seguinte enlace podes obter máis información sobre o programa Enrolados dirixido a alumnos/as nacidos entre o 1998 e o 2001. Polo seu interese aconsellámosche que leas a información desta páxina:

ttp://www.fundacionmariajosejove.org/inicio/areas-de-actividad/ocio-y-tiempo-libre-responsable/afs/enrolados-1/

ÉXITO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Durante os días 10 e 11 de marzo leváronse a cabo as xornadas de portas abertas para as familias que van solicitar praza para os seus fillos/as nos colexios de Ponteareas. Durantes as mesmas mostrouse información sobre o funcionamento e fíxose un recorrido polas súas instalacións.

Esta actividade resultou altamente positiva, tanto polo número de familias asistentes como pola actitude amosada polos participantes nas xornadas.

 

RADIO FALADORA 17

Pincha no seguinte enlace e poderás escoitar o 17º programa de Radio Faladora, as nosa radio escolar:

http://www.box.net/shared/en01yutnkb

IMAXES DA COMPARSA DO COLEXIO 2009

Aquí está un slide con imaxe obtidas do desfile comparsas de Vigo e Ponteareas da comparsa do colexio organizada por un grupo de pais e nais.

A COMPARSA DO COLEXIO 4ª CLASIFICADA NO ENTROIDO DE PONTEAREAS

A Comparsa do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" acadou finalmente o 4º posto no concurso de Comparsas de Entroido de Ponteareas. A comparsa tivo moi boa acollida entre o público e quedou a poucos puntos dos tres primeiros clasificados.

Noutro artigo publicaremos un slide con fotos da comparsa.

De novo, felicitacións aos organizadores e participantes nesta comparsa.

TRES NOVOS PROGRAMAS DE RADIO FALADORA NA NOSA WEB

Se vas ao apartado de Radio Faladora, poderás escoitar os programas 14, 15 e 16 da nosa Radio Escolar.

Distribuir contido