SAÍDA 4ºEP - MARIKINÁ PARK

Que ben o pasaron os nenos e nenas de 4° na súa saída de fin de curso!
#marikinápark

PLAN REVITALIZA

A semana pasada foi a quenda de 3°, 4° e 5° de Ed. Primaria de realizar as actividades de Revitaliza: "Quen anda aí?" e "Intrusos no composteiro".
Aprendemos observando e experimentando
#quenandaaí #intrusosnocomposteiro #planrevitaliza #compostaxe

SAÍDA 2ºEP - CAMIÑO DE SANTIAGO

ULTREIA! 
O venres 2 de xuño, mentres no cole Infantil e 1º curso se divertían na Convivencia inspirada no Camiño de Santiago, os nenos e nenas de 2º tiveron o privilexio de poñer o broche final ao proxecto de centro deste curso cun reto moi difícil: facer o último tramo do camiño dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro.
Foron recibirnos uns peregrinos mois especiais que coas súas cancións nos sinalaron o comezo do tramo dende onde percibíamos, cunha vista fermosísima e moi de lonxe, a Catedral.
Durante o tramo coincidíamos con peregrinos e peregrinas de todas as idades e nacionalidades cos que nos desexabamos mutuamente "bo camiño!", moitos deles saían a aplaudirnos e ata os vehículos nos pitaban! Isto nos daba pulo e ledicia nos nosos pasos. Non o esqueceremos endexamais!
Como tampouco esqueceremos o intre no que chegamos por fin á Praza do Obradoiro e alí sentados puidemos admirar a inmensidade e fermosura da Catedral de Santiago.
ULTREIA!
@vexoveoxacobeo #vexoveoxacobeo #camiñodesantiago #ultreia #bocamiño

CONVIVENCIA EDUCACIÓN INFANTIL

Tras tres anos interrompida pola pandemia, podemos dicir ben alto: VOLVEMOS A TER CONVIVENCIA DE INFANTIL!!

Este curso dedicada ao tema do proxecto de centro: o Camiño de Santiago.
Foi todo un éxito!!! Papás, mamás, nenos e nenas pasárono como pícaros. Xa tiñamos ganas de festa, xa tiñamos ganas de convivencia! 
Noraboa a todos os pais e nais que puxeron o seu esforzo e traballo para sacala adiante.

Agradecementos a Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de Ponteareas, así como a Garda Civil de Pontevedra.
Agradecemento tamén aos colaboradores: Frutas Santy, Cash Record, Panadería Areas, Carnicería Braña, Conxelados ElMar e CocaCola.

Ata o ano que vén!!
#camiñodesantiago #xacobeo2122 #vexoveoxacobeo

OBRADOIRO ALFOMBRISTA

XA ARRECENDE A CORPUS! 
Chegou ese intre do ano no que todo Ponteareas se pon mans á obra, e os nosos alumnos e alumnas de 5° e 6° tamén cun obradoiro no que aprenderon a técnica coa que se fan as nosas famosas alfombras.
#corpusponteareas2023 #arteefímera #alfombrasfloraisponteareas

CONCERTOS NO RECREO

Ben é sabido que Ponteareas é terra de músicos e músicas, e nós temos unha moi boa representación no noso cole.
Algúns dos nosos compañeiros e compañeiras tocaron unhas pezas e puidemos comprobar que son uns artistas!!! 
BRAVO!!!!

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Hoxe rematou o obradoiro de Igualdade impartido en 3°, 4°, 5° e 6° por Eugenia Urceira e organizado polo concello de Ponteareas.
O obxectivo deste obradoiro é previr e detectar calquera problema emocional, de conduta, etc...que poida xurdir ao longo de cada etapa da vida en materia de igualdade de xénero, identidade, violencia de xénero...
Antes de participar no obradoiro, o alumnado tivo que facer unha enquisa para poder partir dos datos recollidos.
As escolas deben ser lugares onde non só se traballen contidos educativos.
É imprescindíbel o benestar emocional das persoas que conforman a nosa comunidade educativa.
#igualdadedexénero #prevenciónviolenciadexénero #identidade

O XOGO DA MIÑOCA

Onte o alumnado de 1° e hoxe o de 2° participou nun xogo cooperativo no que se achegan aos primeiros conceptos sobre os residuos e a compostaxe dunha forma lúdica.

O Xogo da Miñoca é unha actividade pertencente ao programa educativo Revitaliza "Apúntate á compostaxe" organizado pola Deputación de Pontevedra.
#planrevitaliza #xogodamiñoca #compostaxe 
#reciclaxe


 

DÍA DA FAMILIA

DÍA DA FAMILIA
O pasado luns 15 celebrouse o Día da Familia.
É un día para agradecer a sorte de vivir nunha familia e aprender e respectar a diversidade familiar.

Graciñas a @mansdeouro por escribir o conto "Os meus incribles veciños" e por compartir con nós a súa casiña coa que tanto nos divertimos aprendendo.

LETRAS GALEGAS 2023

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

Un curso máis celebramos este día con moitas actividades:
Levamos xa un tempo traballando a vida e obra de Francisco Fernández del Riego con fichas e este ano tamén cos Mbots na hora de polos creativos. O luns tivemos a sorte de gozar dun concerto de @sergiotannus.musico e Marta Bravo que nos fixeron bailar e cantar, e o martes fixemos unha carreira pola lingua organizada polos mestres de E.F., Conrado e Jose Ángel para a que tivemos que facer os nosos dorsais decorándoos coa nosa palabra galega favorita. Despois ao chegar á meta, poidemos renovar forzas con froita e auga fresquiña!
VIVA O GALEGO!
#poloscreativos #seminariogalan #amestracris #sergiotannus #letrasgalegas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego

Distribuir contido