Articles

SAÍDA 2ºEP - O GROVE

Comeza a tempada de excursións!

Os nenos e nenas de 2º pasaron un día fenomenal no Grove, onde visitaron a aldea dos Grobits, o Acuario e tamén navegaron no barco de Pepiño onde puideron observar o fondo mariño e aprender moito da Ría de Arousa.

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Querémosvos amosar hoxe a gran exposición de instrumentos musicais que organizou a mestra Lucía.

En Primaria, agruparon os instrumentos por continentes, relacionándoo co proxectos de Ciencias do 2º trimestre.

Os maiores do cole fixeron instrumentos electrónicos e os de infantil os agruparon por tipo: corda, vento e percusión.

Moitas grazas aos pais e nais pola vosa colaboración!

GALICIENCIA

Esta foi a nosa participación na edición de Galiciencia deste ano, que se celebrou con formato híbrido os días 8, 9 e 10 de maio en Tecnópole, Ourense.

Este ano a temática foi "Mellor, de madeira" presentando o proxecto "Afundirase?" no que investigaron a flotabilidade de diferentes árbores autóctonas, para elixir a que reunía as mellores condicións para fabricar os barquiños de vela.

Xes e Pablo foron os encargados de presentalo, un aplauso para eles!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Comezamos a semana co concerto do gran Paco Nogueiras onde o pasamos fenomenal coa súa radio bule bule.

Tamén coñecemos a vida e obra da homenaxeada deste 2024, LUISA VILLALTA.

OBRADOIRO CORPUS

O Corpus Christi de Ponteareas 2024 coas súas alfombras florais vén de ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Onte os mozos de 5º e 6ºEP asistiron a un obradoiro para aprender como é o proceso de confección das alfombras e tamén coñeceron os materiais que se usan nesta noite máxica...

Xa se sente nas rúas da vila que chega o Corpus!

O DEPORTE PARALÍMPICO: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

O alumnado de 6ºEP, a partires da práctica de deportes paralímpicos na aula de Educación Física, de falar da muller do deporte e do pasado 8M, realizáronlle as seguintes preguntas á triatleta paralímpica viguesa SUSANA RODRÍGUEZ GACIO.

Dende aquí lle mandamos os nosos mellores desexos para os Xogos Paralímpicos de París 2024 e lle damos as grazas por adicarnos o seu tempo en dar resposta ás nosas inquedanzas.

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Así traballaron os máis pequeniñ@s do cole hoxe o conto "Vivan as uñas de cores" para conmemorar o día mundial contra o acoso escolar e aprender que o respecto e a igualdade son uns valores indiscutibles.

SEMANA DO LIBRO

Que ben o pasamos nesta semana do libro!!

O Equipo de Biblioteca organizou a tradicional Feira do libro, fixemos marcapáxinas preciosos, os alumn@s de 6º puideron coñecer á escritora Esther Sestelo e, para clausurar a semana, a escola de música moderna de Ponteareas CDM nos ofreceu un concerto de jazz, onde dous dos alumnos máis destacados, Alberto e Daniel, improvisaron ao saxo e ao piano respectivamente. Ademais podemos dicir moi orgullosos que Berto e Dani son exalumnos da nosa escola e lles desexamos todo o mellor nas súas carreiras!

Moitas grazas a Esther Sestelo e a Carlos, director do CDM Ponteareas @centrodemusicamoderna por colaborar con nós.

SEMANA DA MÚSICA

Hai unhas semanas tivemos bailes no recreo e a semana pasada foi a quenda para desfrutar dos e das instrumentistas que temos no cole!
Moit@s d@s nos@s alumn@s deron uns pequenos concertos na hora do patio facendo gozar da música aos moit@s oíntes que quixeron achegarse... e para rematar, s mestr@s do conservatorio e escola de música de Ponteareas, viñeron amosarnos os seus instrumentos e facernos vibrar coa súa música. Uníronse a el@s as nosas alumnas de 3°, Sabela e Naira!
Moitas grazas por vir!
Esta actividade estivo organizada pola mestra Lucía.
#cmusponteareas @cmus_ponteareas