O martes 31 de outubro tivemos unha terrorífica celebración. O alumnado e o profesorado do colexio celebramos o SAMAÍN!!!. Debemos dar a noraboa ao equipo de actividades complementarias e a todo o profesorado que se implicou e traballou moi duro para que os nenos e nenas do cole disfrutaran ao máximo.
Aquí vos deixamos un vídeo resumo das actividades.
O alumnado de 2º de primaria estivo facendo os seus primeiros circuitos en papel con cinta de cobre, leds e pilas, aproveitando a festividade do Samaín para participar na CODEWEEK (Semana Europea da Programación).
Era a primeira vez que utilizaban a cinta de cobre e gustoulles moito. No video podedes ver o resultado do seu traballo.
O 29 de outubro celebramos a festa do Samaín no colexio con dous de adianto. Este ano fixémolo coincidir coa celebración do Día da Biblioteca, xa que foi o 24 de outubro (día da Folga):
O 30 de outubro celebramos a festa do Samaín no colexio cun día de adianto. Este ano volverémolo a celebrar no colexio coa realización das seguintes actividades: