Skip to Content

                              

Novas

Solicitude de praza curso 2012/2013

Desde o 1 de marzo e ata final de mes está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro.

Estás dacordo co horario previsto para o curso 2012/2013

O sabor da aventura está no mar.

A partir do mes de xeneiro, participaremos no programa da Consellería do Mar "O sabor da aventura está no mar", que consiste en acercar o consumo de produtos frescos do mar ata os comedores escolares.

O programa terá unha duración de 9 días con diferentes menús a base de pescado fresco. Paralelamente, tamén se realizarán varios obradoiros lúdico-didácticos con toda a comunidade educativa.

Esperamos que sexa do agrado do alumnado, a pesar de que no noso centro o consumo de pescado fresco é unha realidade dúas veces á semana.

Na seguinte ligazón podedes atopar máis información sobre este programa.

 

 

 

Ataque ás bibliotecas escolares

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no  Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

 

Correlingua 2011

O Correlingua é unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos das comarcas onde ten que ten lugar a actividade.

Este ano a Coordinadora de END da Comarca do Carballiño organizamos o Correlingua na vila do Carballiño contando coa colaboración de diferentes organizacións e asociacións da zona.

O programa a desenvolver será o seguinte:

  • 10:30 Recepción dos colexios no Parque do Carballiño.
    • 11:00  Saída da carreira/paseo polas rúas do Carballiño. Circuíto pechado ao tráfico rodado.
    • Saída: Avda. do Parque, R. Calvo Sotelo, R. Mosquera, R. Rosalía de Castro, R. Curros Enriquez, R. de Lamas, e chegada á Praza Vermella.
    • 11:30  Na praza do Concello: (Alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de EP.
    • Lectura de manifesto gañador (adaptado)
    • Lectura de gañadores do concurso de cartaces da CENDL do Carballiño.
    • Espectáculo de títeres, duración de 50 minutos.
    • 11:30  Na praza vermella:
    • Recepción dos participantes. (Visionado dos traballos do alumnado participante no Correlingua).
    • Lectura do manifesto gañador. “En galego sempre somos” grupo “Palabra de lebre” do IES Agra de Leborís ( A Laracha).
    • Lectura dos gañadores no concurso de adhesivos do Concello do Carballiño.
    • Lectura dos gañadores no concurso de cartaces para fomento do emprego do galego da CENDL da comarca do Carballiño.
    • Espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
    • Actuación dun dos gañadores do cantalingua:
      • Zënzar : “ O mundo ao revés”.
      • Som do Galpom: “Antes de pequeno”.
      • Sacha na Horta: “Galiza chamiza”.

Documentos para descargar:

Solicitude de praza curso 2013/2014

Xa está aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 2013/2014. No apartado de Secretaría atoparedes todos os documentos que se precisan.

Novo Videoblog do noso centro

Videoblog do noso colexio

Convivencia en Osera

15/12/2010 00:41
Etc/GMT

Hoxe celebraremos unha convivencia escolar no mosteiro de Osera con todos os centros da Mancomunidade do Carballiño.

Festival de nadal

21/12/2010 00:37
Etc/GMT

A partir das 10:30 celebraremos o Festival de Nadal no colexio, no que participarán todos os nenos e nenas.

Xogos populares

23/11/2010 00:33
Etc/GMT

Hoxe teremos a 2ª sesión do obradoiro de xogos populares organizado pola Fundación Xaquín Lorenzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut