Skip to Content

                              

EDUCACIÓN FÍSICA

Recopilación do traballo e AVALIACIÓN

O proceso de avaliación é unha parte fundamental en educación. Calificar non é avaliar. Avaliar, vai moito máis alá, e busca coñecer se todo o que facemos está sendo o correcto, ou necesitamos variar algo. Non so se avalía ao alumnado, cómo aprende, qué aprende, senon tamén o proceso de aprendizaxe, para comprobar que é o axeitado. Do mesmo xeito que os/as mestres/as debémonos avaliar constantemente; e o alumnado tamén, a eles mesmos e aos/as compañeiros/as. Por iso, vos pido o último esforzo para que me cubrades dous documentos. Un deles, o de autoavaliación do alumnado. Os mais pequenos, necesitarán axuda das familias, pero deberán contestar eles. Outro documento, para as familias, para recoller datos que considero importantes do proceso avaliativo. Estes documentos están na parte de avaliación da aplicación que mando agora. Se non podedes entrar por esta canle, mais abaixo deixo o enlace directo, e se aínda así tedes dificultades, tratarei de mandalo por whatsapp. Son dous cuestionarios, que vos deberían levar 10 minutos aproximadamente. Tamén vos deixo unha rúbrica exemplo para que vexades como avalío normalmente eu en clase de EF, cunha rúbrica de exemplo dun tema de EDUCACIÓN FÍSICA.

Enlaces directos aos formularios:

Formulario autoavaliación alumnos/as

Formulario para as familias

Exemplo rúbrica de avaliación EF

8ª Semana de EF.

Esta é a 8ª semana de Educación Física. Espero que a disfrutedes. Tamén o enlace ao blog: https://rubendiz2.blogspot.com/

BreakOut Edu: O segredo do Xuve

Fixen un "pequeno" xogo para repasar mates, traballar a resolución de problemas e coñecer mellor o noso concello. Animádevos a xogar. Tamén os adultos, pero vós, rapaces e rapazas, intentadeo sós. Ánimo

Aquí o enlace ao BLOG. https://rubendiz2.blogspot.com/2020/05/blog-post.ht

7ª Semana de Educación Física

Na sétima semana, xogos populares. Ánimo!!!

Enlace ao BLOG: https://rubendiz2.blogspot.com/

6ª Semana de Educación Física.

Boas!!!

 Aquí vos propoño o traballo para esta semana. Disfrutádeo.

Podedes acceder a través do blog do mestre e deixar comentarios ou mandar videos a seguinte dirección: proxectoxuvencos@gmail.com

 https://rubendiz2.blogspot.com/2020/05/sexta-semana-de-educacion-fisica-en-casa.html

5ª semana de Educación Física

Nova entrada no blog. Quinta semana de educación física. Saúdos

4ª semana de Educación física na casa

Dende o departamento de educación física se envía a cuarta semana de actividades que vos plantexamos para facer este confinamento mais levadeiro. Este é o enlace e os enlaces ás demais semanas e actividades.  Ánimo!!!

https://rubendiz2.blogspot.com/2020/04/semana-de-educacion-fisica-en.html

28 ABRIL: DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

O día 28 de abril celebrarase o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA. O obxectivo é o de visibilizar e reivindicar a importancia da educación física no sistema educativo.

A idea é amosar unha xornada de educación física na casa. Para iso vos pedimos que nos enviedes unha foto ou un vídeo con algunha actividade das que vos colgamos no blog : https://rubendiz2.blogspot.com/

Así que xa sabes!!!,  saca unha foto ou fai un vídeo con algunha das propostas que vos fixemos. Envíaa ao correo: proxectoxuvencos@gmail.com

Podedes participar alumnos/as, familias e mestres.

Con todo o material recibido realizaremos un vídeo de recordo do día e colgarémolo a través da páxina web e do twitter do cole.

3ª SEMANA DE EDUCACIÓN FÍSICA

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO BLOG

EDUCACIÓN FÍSICA - ABRIL

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO NOVO CONTIDO PARA O MES DE ABRIL QUE PUBLICOU O MESTRE DE E.F.

Distribuir contido


by Dr. Radut