O mes de novembro ( mes da ciencia en galego ) está chegando ó seu fin, e na hora do recreo, na nosa biblioteca, continuamos cos EXPERIMENTOS.
Onte a titora de sexto, a profe María Asunción, fixo dous experimentos co alumnado de 1º e 2º de primaria.
Contou coa axuda de parte do alumnado voluntario da biblioteca ( da súa titoría ) para desenvolvelo.
Aquí tedes unhas poucas fotos dos experimentos.
1. "Masa non newtoniana".
Os ingredientes son sinxelos: auga e fariña de millo. Mistúranse, e a masa vai collendo unha textura estrana.
A peculiaridade desta masa ou fluído é que dependendo da forza que exerzas contra ela,pode ofrecer resistencia ou ser lene.
É dicir canta máis forza empregues para aplastala maior resistencia ofrece.
Se a colles con suavidade vai ser un fluído lene.
Aquí tedes unhas poucas fotos do momento. Pasárono xenial!!!
2. "Lámpada de lava"
Para este experimento precisaron: un recipiente pequeno, neste caso unha botella de plástico, auga, aceite, corante e unha pílula efervescente.
O proceso foi o seguinte:
Bótase na botella un pouco de auga, despois o aceite ( máis aceite que auga), unhas pingas de corante e despois para que esa lava flúa unha pílula efervescente, que fará reacción e aparecerán burbullas que farán que o corante suba.
Aquí tedes unhas poucas fotos do momento:
Ó rematar orecolleron todo, e deixaron a biblioteca tal e como estaba antes de chegar... !!!!!!!!
Temos uns axudantes de bibioteca excepcionais.