Skip to Content

                              

BIBLIOTECA ESCOLAR

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

 

 

 

Onte, 30 de xaneiro conmemorouse o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Dende o equipo de biblioteca fixemos unha proposta en B.D ( xa que este curso o lema é "Unha Biblioteca Escolar en Viñetas")

Foi unha proposta para facer a nivel aula, e que dese lugar a unha pequena reflexión grupal sobre que é para nós a Paz : que cousas nos producen Paz, que entendemos que é a Paz, que actividades nos levan a sentir Paz... que persoas nos axudan a facelo así.

 

Comezamos hai 2 semanas lanzando esta proposta ás titorías:

 

Incluíndo a definición do diccionario RAG ( online) da palabra PAZ.

E  partindo desas definicións, facer unha pequena reflexión e plasmalo nunha "viñeta".

 

 

E aquí deixamos unha foto de todos os traballos feitos polo noso alumnado.

 

 

 

2ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS E PROFESORADO

O pasado mércores día 8 tivemos a segunda reunión do CLUBE DE LECTURA DE FAMILIAS E PROFESORADO.

Desta volta reunímonos para falar da 1ª lectura deste curso, INFAMIA de Ledicia Costas.

Foi unha reunión moi intensa, que deu lugar a un amplo debate e un intercambio de pensamentos e sobre todo falamos sobre infancia, empatía, medo, víctimas e culpabilización das mesmas.

Da importancia de que os fillos e fillas confíen sempre, e quizais a pregunta que máis saiu foi : para cando unha segunda parte de Infamia?

Gustounos moito a lectura, aínda que saiu tamén a "dureza" da historia, os paralelismos e tamén os temas de transfondo.

 

Presentamos tamén a seguinte lectura , que será "A CULPA" de María Solar ( Premio Xerais 2022) que ten unha sinopse máis que atractiva e interesante...

 

 

BOA LECTURA!! 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Como xa é tradicional nos últiimos cursos , dende os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, convocamos o concurso de postais de Nadal.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

A nosa recomendación é:  que leades, que leades moito, e que leades cousas que vos gusten.

Deixámosvos aquí unhas poucas recomendacións lectoras para o verán, por idades.

 

Para ampliar a información descargade  o PDF  adxunto: premendo en cada un dos libros, enlazaravos  a súa ficha técnica.

 

BO VERÁN E BOA LECTURA!!!!!!

 

 

Recomendacións lectoras para o verán

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para Nadal seleccionadas dende as titorías en coordinacións dos "ciclos".

En 2 formatos: un pequeno vídeo para que vos fagades unha idea máis visual , e un documento en PDF, para que o poidades ver máis detidamente.

 ( Nota: no documento , se premedes no título dos libros, levaravos á súa ficha técnica, para que teñades un pouco máis de información sobre os mesmos).

 

 BOA LECTURA EN FAMILIA  !!!

 

 

A CLASE DE 3 ANOS NA RADIO XUVE

As nenas e nenos da clase de 3 anos visitamos o ESPAZO MAKER para coñecer e empregar a RADIO XUVE por primeira vez.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo sobre como foi a nosa primeira toma de contacto. 

Agardo que vos guste.

Nós seguro que repetimos, aos nenos e nenas ENCANTOULLES!!

PROPOSTA COLABORATIVA PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO

Deixámosvos esta proposta, de participación  voluntaria, por se vos animades.

Faremos  unha presentación/ vídeo  coas vosas colaboracións que compartiremos nas nosas redes.

Para que, aínda que na distancia,  poidamos colaborar todos e todas nunha mesma actividade:

A participación é voluntaria, pero encantaríanos que participásedes:

Correo electrónico ó que enviar as vosas achegas : xuvefoto@gmail.com 

Data límite de envÍo 23 de marzo.

Botádelle imaxinación, e enviádenos fotos, ou debuxos  ou pequenos vídeos recitando poesía... o que consideredes !!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

 

8M: CONTACONTOS CON UXÍA MORÁN.

O pasado xoves,   Uxía González Morán achegouse ó noso centro para celebrar con nós o 8M: Día Internacional da Muller.

Dividimos ó alumnado en tres grupos, e para o de ED. Infantil a actividade foi  a través do mundo máxico dos contos.

Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de Concellos do Carballiño.

Así os máis pequenos do centro desfrutaron de 3 contos marabillosos, fantasticamente narrados por Uxía.

(Premede nas imaxes, se queredes coñecer a "ficha técnica de cada un deles)

 
                         

 

 

 

E aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento. Encantoulles!!!!
 

 

 

 

 

 

 

 

8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O xoves 12 de marzo celebramos no colexio o Día da Muller Traballadora.

Tivemos varias sesións de contacontos con Uxía González Morán. Esta actividade foi organizada pola Mancomunidade de concellos do Carballiño.

Algúns dos contos foron: GUAPA, ME LLAMO PECAS, ARTUR E CLEMENTINA E MAX E OS SUPERHEROES.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron.

MALETA CREATIVA: RECÉN CHEGADA Ó NOSO COLE!!!

Xa está a disposición do noso alumnado, na biblioteca do centro outra das Maletas Viaxeiras , que a Asesoría de Bibliotecas Escolares pon á disposición dos centros.

 

Durante o próximo mes teremos no noso centro a Maleta Creativa D (premede para ver o seu contido)

Esta maleta contén libros variados e tamén xogos interesantes , divertidos e que fomentan a creatividade do alumnado. 

Agardamos que disfruten moito desta oportunidade en forma de maleta. 

Distribuir contido


by Dr. Radut