Este libro ten como finalidade responder as dúbidas de todos os nenos e nenas do mundo en tempos do covid-19.Grazas a unha pequena enquisa mundial feita en distintos idiomas árabe, italiano, francés, e español soubose cómo se atopaban estes nenos a nivel mental e psisocial. Neste proxecto participaron máis de 1.700 nenos, pais e educadores de todo o mundo.
Actualmente este conto está traducido a nove linguas, e estase a traballar na tradución doutros 30 idiomas máis.
Este conto infantil está destinado para nenos de 6 a 11 anos de idade.
Queridas familias, querémosvos deixar un pequeno resumo sobre as normas publicadas polo goberno sobre a saída dos nenos á rúa. Tamén vos damos unhas recomendacións para que a saída sexa o máis levadeira posible.
Como xa sabedes o vindeiro domingo 26 de abril, os nenos e nenas menores de 14 anos van poder sair un máximo de unha hora diaria dentro do horario de 9:00 a 21:00
Dende o DO queremosvos deixar este conto que nos parece interesante para esa primeira saída dos nenos e nenas despois de cinco semanas nas súas casas.
Trátase dunha situcación distinta, hai que ter moitas precaucións e non van poder facer moitas das cousas que facían antes do confinamento.
Creemos que é importante preparalos para esta situación
O 3 de decembro celebramos no colexio o Día Internacional da discapacidade co fin de fomentar a eliminación de barreiras, non só arquitectónicas, se non tamén mentais, que favorezan a creación dun mundo mellor para todas e todos... cando iso se acade, xa non será preciso recordarllo á sociedade coa celebración deste Día.
A Orientadora do centro deu un relatorio sobre o tema no que reflexionamos sobre as capacidades das persoas e sobre a inclusión en todas as facetas da vida.
Posteriormente, realizamos unha serie de xogos nos que vivenciamos diferentes experiencias desde o punto de vista do discapacitado.
O 3 de decembro está adicado ao Día Internacional da Discapacidade. No noso centro realizamos unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a discapacidade... ás cales lle daremos continuidade ao longo de todo o curso.
Na biblioteca, a Orientadora do centro fixo un relatorio co fin de sensibilizar ao alumnado e profesorado.
Unha vez rematado o relatorio, vivenciamos coa participación nunhas pequenas paraolimpiadas, que organizaron os mestres no patio, as dificultades coas que se poden atopar as persoas que presentan algunha discapacidade.
As probas deportivas realizadas realizadas foron as seguintes: