Skip to Content

                              

ALFIN

APRENDENDO SOBRE O UNIVERSO NA CLASE DE 5 ANOS

 
O primeiro foi ver un pouco o que xa sabíamos, e despois averiguar cales eran as nosas curiosidades.
 
A temática é moi extensa, polo que nos centramos especialmente no SISTEMA SOLAR
 
Tamén falamos da vía láctea, dos satélites artificiais e naturais , os robots que recollen mostras, astronautas... 
 
Estamos facendo fichas relacionadas coa materia, para reforzar o que imos aprendendo. E deixar voar a nosa imaxinación....
 
Ademais como nos gusta moito a música, xa temos a canción do noso proxecto:
 TELESCOPIO HUBBLE do grupo Lori Meyers 
 
 
                          
 
Algúns dos libros da biblioteca do cole , da sección de "consulta" foron para a nosa aula, para seguir investigando... 
 
Na "hora de ler"  esta semana afondamos no conto "Caer de cu polo Universo" de Apiario
 
Aquí vos quedan algúns dos vídeos que miramos na aula:
 
Un paseo polo Sistema Solar, con características de cada un dos planetas, gustoulles moito (vímolo en varias sesións, porque é un pouco longo) : 
 
 
 
 
 
Este da mesma temática pero moito máis curto:
 
 
 
 
O universo:
 
 
 
Outro dos temas que tratamos, foi o dos satélites: tanto naturais ( a lúa) ou artificiais ( que nos axudan a obter informacíon e fotografías sobre o espazo exterior)
 
 

                            

 
Aínda nos quedan algunhas dúbidas por resolver, e para a semana imos traballar co globo terráqueo para entender mellor qué da lugar ao día e á noite, porque todos sabemos que o SOL é unha estrela, que alumea, pero non se move. Movémonos nós!!!!!!!
 
SEGUIREMOS INFORMANDO. 

OS NOSOS "LAP BOOKS" PARA O MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Cada unha das aulas escolleu a un home ou muller, relacionados coa ciencia, STEM, ou inventores/as para traballar na aula e elaborar un LAP BOOK para poder ensinar ao resto do cole. O único "requisito" era que fosen galegos/as, xa que novembro é o mes da ciencia en galego.
 
 Despois de moito investigar (ALFIN) , e traballar, aquí vos quedan unhas poucas fotos dos marabillosos resultados de cada unha das aulas:
 
 
 
Na aula mixta de 3 e 4 anos aprenderon moitas cousas sobre EUGENIA PEREIRA RODRÍGUEZ 
Científica , carballinesa e muller pioneira da farmacia.
 
 
 
 
 
 
 
Na aula de 5 anos investigaron e aprenderon sobre ÁNGELA RUIZ ROBLES  mestra, escritora,
e inventora: inventou o prototipo do libro electrónico!!!! 
 

 

 

 
 
 

Na aula de 1º de primaria investigaron e aprenderon sobre  ÁNGELES ALVARIÑO,

 unha grandísima oceanógrafa: 
 
 
 
 
 
 
 

Na clase de 2º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre MANUELA  BARREIRO PICO , primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, e primeira licenciada, ademais de farmacéutica:

 

          
 
 
 

 
Na aula de 3º de ED. Primaria , investigaron e aprenderon sobre REBECA ATENCIA, primatóloga ferrolá, tras os pasos de Jane Goodall
 
 
 
 
 
 
 
Na clase de 4º de ED. Primaria, investigaron e aprenderon sobre ALEJANDRO FINISTERRE
( Alexandre de Fisterra) poeta, e  inventor do futbolín.
 

 

 
 
 
Na aula de 5º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre ANTONIA FERRÍN MOREIRAS , científica, investigadora, matemática e astrónoma. 
 
                                                                   

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
E por último, na aula de 6º de ED. Primaria investigaron e aprenderon sobre DOMINGO FONTÁN , creador da primeira Carta Xeométrica de Galicia.
 
 
 

 

                                                                

 

 
 
Dende o equipo de biblioteca, non podemos máis que parabenizar a todo o alumnado e profesorado polo seu traballo de investigación e creación, un traballo fantástico!!!!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

NOVEMBRO : MES DA CIENCIA EN GALEGO NA B.E

Novembro é o mes da Ciencia en Galego, podedes botar un ollo á información relacionada co tema nesta entrada do blogue da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia premendo na seguinte imaxe

 

 

 

O curso pasado por estas datas, nos "recreos na bibilo" fixemos unha serie de experimentos moi divertidos

 

Este curso non poderemos realizar esa actividade por motivos obvios, desencadeados dos protocolos COVID-19.

Dende o equipo de biblioteca estivemos pensando o xeito de conmemorar o mes da ciencia en galego doutro xeito, e decidimos propoñer a cada unha das aulas a elaboración dun "LAP BOOK" sobre un home ou muller galegos, obviamente, que estean relacionados coa ciencia.

 

Así cada aula ( a acorde ás súas posibilidades, porque obviamente non vai ser o mesmo traballo de investigación para o alumnado de ED. Infantil e os primeiros cursos de primaria, que o de quinto e sexto que son máis autónomos)

 

Así elaboramos un listado, para que cada clase seleccione a súa escolla ( e non repetirnos)

 

 

 

E unha pequenísima infografía para que nos sirva de guía nesta actividade, recalcando a importancia de citar sempre as fontes de información ( e obviamente verificalas)

 

Seguiremos informando!!!!!  

EXPERIMENTANDO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Novembro é o mes  "da ciencia en galego".

Dende a biblioteca quixemos unirnos a esta iniciativa e hoxe comezamos na hora do recreo, na nosa biblioteca cun experimento. Desta volta para o alumnado de 1º e 2º de primaria que quixo achegarse á biblioteca na hora do recreo..

 O primeiro foi observar os instrumentos que precisabamos para a elaboración do mesmo. 

Despois da explicación da execución do mesmo, realizamos as nosas hipóteses: que sucedería ó poñer en contacto o bicarbonato co vinagre?? 

Tiñamos 5 botellas e botamos nelas distinas cantidades de vinagre, para ver se o efecto era o mesmo en todos os casos.

Preparado o material, e realizadas as hipóteses pasamos á acción... e aquí tedes unhas poucas fotos do proceso:

 

 

 

 

  

 

 

 

RADIO NA BIBLIO

Este curso unímonos ó proxecto "RADIO NA BIBLIO" 


Estamos moi ilusionados e ilusionadas de poder formar parte deste proxecto.. e poder compartir as nosas vivencias, experiencias e aprendizaxes, integrando as competencias clave e cunha aprendizaxe significativa e ilusionante.

Máis información do proxecto aquí: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1245 

Seguiremos informando!!! 

Distribuir contido


by Dr. Radut