Skip to Content

                              

Poesía

Día mundial da poesía 2014

Un mar de poesía no CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Como xa ven sendo habitual, celebramos o Día Mundial da poesía no noso centro coa realización de varias actividades que foron organizadas desde a biblioteca e o EDL.

A actividade central foi o obradoiro de poesía que realizamos, en todos os ciclos e etapas do colexio, ao longa das semanas previas a esta data. Como acto final, cada alumno e alumna realizou unha composición poética para presentar a concurso. De todos os traballos presentados os gañadores foron os seguintes:

Con todos os poemas elaboramos un gran cartaz na entrada do centro baixo o lema "Un mar de poesías".

Con todos os traballos realizaremos un libro de poemas que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.

Os poemas gañadores foron recitados polos seus creadores.

Asemade, f¡xemos entrega dos premios aos mellores traballos de banda deseñada realizados co programa Bitstrips durante o mes de marzo:

  1. Alejandro Noia Ferreiro

Con todos os traballos realizamos un libro de cómic que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca.

Tamén entregamos os premios aos mellores marcapáxinas que se presentaron ao concurso que organizou a "Libraría Escolma".

  1. Alba Cabaleiro Gómez
  2. María Fernández Sobrado
  3. Álvaro Pérez Filgueira
  4. Naomi Estévez Estévez

 GALERÍA DE IMAXES DA CELEBRACIÓN

Valoramos os poemas recitados en clase

 

Tedes que valorar o traballo dos vosos compañeiros recitando os poemas:

Día de Rosalía

 
 
 

O 24 de febreiro cúmprense 177 anos do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras tan importantes para a nosa lingua como "Cantares Galegos".

 
Imos pescudar sobre a súa vida e obra, coa realización das seguintes actividades:
  • Lectura do libro web do noso cole sobre Rosalía de Castro.
  • Visionar o vídeo do CEIP Arquitecto Casas Nóvoa.
  • Completar a seguinte ficha sobre a súa vida e obra.
  • Memorizar por equipos un dos poemas facilitados e recitalo ante a clase.
  • Realizar un collage con nove imaxes da súa vida e obra que deberás descargar de google. Usarás o programa de edición de imaxes online Pixlr.
  • O collage gardaralo co teu nome na carpeta compartida de 3º ciclo de Dropbox "Rosalía de Castro".
  • Realizar as actividade do LIM da biblioteca Caratola Tola.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut