Skip to Content

                              

Cultura e monumentos

O Concello de Boborás amosa un Patrimonio Histórico-Artístico verdadeiramente rico e variado.

Dentro do Municipio de Boborás consérvase un gran número de edificios civís e relixiosos de interese histórico, tales como: 

 

Igrexa de San Martiño de Cameixa cunha mestura de estilos, destacando a ábside románica, o seu reloxo de sol e a colección de cancillos debaixo do aleiro.

A Igrexa de Astureses construída polos Templarios no século XII

A Igrexa de Xuvencos  de estilo románico, restaurada no século XVI cun fermoso cruceiro nas súas portas.

A Igrexa de San Mamede de Moldes, tamén románica e construída polos Templarios sobre un castro.

O Pazo de Moldes onde naceu e está soterrado (no cemiterio de Moldes) o escritor Antón Losada Diéguez. Na súa memoria celébrase o Premio Literario que leva o seu nome.

Conxunto historico‑artistico de Pazos do Arenteiro onde en torno á Igrexa románica que pertenceu á Orde de Malta agrúpanse: A Casa Arriba, Casa e granxa do Mato, Pazo de Cervela,  Pazo Feixó,  e Pazo dos Tizón.

Cameixa onde se atopa o pazo de Currelo no que hai tamén un cruceiro e un pombar.

Pazo da Almuzara que foi transformado nunha casa impresionante de turismo rural.

Laxas onde podemos ver o pazo de Laxas, actualmente restaurado e cun gran viñedo que ten a denominación de orixe Ribeiro.

 

 

 



page | by Dr. Radut