O mĆ©rcores 25 de maio tivemos unha proposta musical e teatral para o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria; agasallo de Dinamización LingüĆstica.
O concerto estÔ coordinado por Lydia Botana, autora e directora do espectÔculo, e o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto foi editado por Edicións do Cumio.
DE AQUĆ PARA ALĆ Ć© un proxecto de mĆŗsica infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as mĆŗsicas de cada lugar facendo partĆcipe ao alumnado na procura de novos sons.
A través da música contÔronnos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. EmbarcÔmonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os BalcÔns, Estados Unidos, Galicia e lugares mÔxicos por descubrir.
O formato do concerto consta dunha posta en escea musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a baterĆa, o acordeón, os bongoes, campĆ”s, ⦠HabĆa instrumentos tĆpicos de cada lugar polo que iamos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas⦠xunto cun variado set de pequena percusión que abranguĆa dende pandeiretas, pao de choiva⦠e un sinfĆn de cacharradas que espertaron a curiosidade do alumnado.
Fixeron partĆcipes ao alumnado co retrouso que nos levaba ao seguinte lugar transportando unha mesma melodĆa por xĆ©neros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o skaā¦
Unha divertida aventura na que descubrimos paisaxes sonoras distintas desfrutando e aprendendo ó mesmo tempo.
https://soundcloud.com/lydiabotana/sets/de-aqu-para-al-m-sica-infantil