Skip to Content

                              

blogue deLeo

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO...

Concurso: CAMPAÑA PUBLICITARIA : "COMO FOMENTARÍAS A LECTURA???

Proposta para conmemorar o día do libro!!!!!

DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA: OS NOSOS FOTO HAIKUS

A principios de mes, dende o equipo de biblioteca lanzamos a proposta para traballar este 21 de Marzo, día da Poesía e da Árbore, e por proximidade tamén o da auga.

Propuxémoslle ás familias o seguinte:

 

 

Agás en ED. Infantil que as fotos quitáronse co alumnado no patio do colexio.  Os demais aportaron as súas fotografías ( grazas ás familias pola súa colaboración)

 

A segunda parte da actividade desenvolveuse nas aulas, coa axuda das titoras e titores, para dar lugar a uns " FOTO HAIKU" moi orixinais.

 

Aquí vos quedan as recopilacións, fixemos 2 pequenos vídeos coas imaxes, o primeiro coas creacións do alumnado de ED. Infantil ata 3º de ED. Primaria e o segundo das creacións do alumnado de 4º, 5º e 6º de ED. Primaria.

Dende o equipo de biblioteca queremos agradecer a colaboración e participación das familias e a implicación dos titores e titoras.

Agardamos que vos gusten:

 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON CHARO PITA

Hoxe achegouse ao noso centro Charo Pita para compartir o seu tempo con nós e facer un "obradoiro de radio" co alumnado de sexto primeiro (na biblioteca escolar) , e despois co alumnado de quinto(no noso espazo maker)  .

 O curso pasado recibimos unha formación máis técnica por parte de Rede Espora, e este curso é máis práctica , relacionada coa execución, a vocalización, a transmisión de emocións, a entoación....

"Obradoiro de Teatro lido na radio" supuxo un momento de lectura duns textos seleccionados, de expresar emocións a través da voz, de escoitar para ler, de traballar as emocións, de respirar, de sentir e crear....

 

Foi unha aprendizaxe moi interesante para o noso alumnado, moitas grazas a Charo por vir.

 

Acó vos quedan unhas poucas fotos do momento co alumnado de quinto de primaria.

 

 

 

 

 

 

8M: CIENTÍFICAS GALEGAS MULLERES BRAVAS

E aquí temos a estrea do noso RAP de mulleres científicas galegas.

Comezamos esta andaina preparando os nosos "LAPS BOOKS" para o mes da ciencia en galego, novembro.

De cara ao 11 F: Día da muller e a nena na ciencia, e en vista de que a maioría das nosas eleccións foran mulleres, pensamos en facer un rap con todas elas. 

E despois dun mes de duro traballo, de elexir a letra, de ensaiar , por fin chegou o momento da gravación.

 

Queremos agradecerlle ao noso mestre de música, David o seu esforzo e traballo para organizar esta actividade, ensaiar e facer este magnífico vídeo que vos presentamos a continuación.

Grazas tamén a todo o profesorado e alumnado que participaron con gran entusiasmo nesta actividade.

 

 

 

 

PREPARANDO O 21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE, AUGA E POESÍA

 

 

Estamos comezando a organizar o día 21 de Marzo.

Xuntamos 3 conmemoracións: auga, árbore e poesía, e dende o equipo de biblioteca pareceunos que a través dos HAIKU ( neste caso FOTO-HAIKU) sería o mellor xeito de facelo.

 

Traballermos nas aulas o concepto, que é un HAIKU e coa colaboración das familias ( unha foto para ilustrar o seu foto-haiku) posteriormente rematarán a creación nas aulas.

 

En ED. Infantil farase todo o traballo no centro, e as fotografías tirarémolas no noso patio.

 

Finalmente elaboraremos un pequeno vídeo con todas as creacións para compartir con toda a comunidade educativa.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración nesta actividade.

 

 

LIBRO DE REFRÁNS SOBRE A ALIMENTACIÓN

Xa está o noso libro de refráns relacionados coa alimentación catalogado (orixinal, e unha copia a cor) no noso MEIGA.

 

Queremos desta volta, agradecer ás familias do alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria a súa colaboración e bo facer.

 

Aquí vos queda o enlace á PROPOSTA.

 

E un par de fotos do resultado final, aínda que se o queredes ver mellor, xa sabedes: á vosa disposición na nosa sección de cociña ( 641)

 

 

 

 

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA B.E: A ALIMENTACIÓN E OS REFRÁNS.

Xeografías lectoras na biblioteca escolar, é a temática proposta este curso dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. 

No cole, estamos enfocando a temática cara a gastronomía

 

Este curso mercamos  varios libros desta temática (641) para o noso catálogo, porque vemos que ao alumnado lle resultan interesantes  e estimulantes. ( especialmente aos máis pequenos e pequenas)

 

No primeiro trimestre, dende o equipo de biblioteca, lanzamos unha proposta para o alumnado dos cursos máis altos (4º, 5º e 6º) : 

UN LIBRO DE RECEITAS GALEGAS ,en base a unha "plantilla" cada quen e coa axuda  inestimable das súas familias redactou a lista de ingredientes e a elaboración da mesma.

 

Desta volta, e para seguir coa temática a proposta vai dirixida ao alumando máis pequeno de primaria ( 1º, 2º e 3º ) ,

Lanzamos a seguinte proposta: queremos facer un libriño con refráns relacionados coa alimentación, para que pase a formar parte do noso catálogo.

 

Esta semana enviarase a "plantilla" para que as familias participen asesorando e buscando con eles e elas. Xa que a súa axuda é fundamental.

A data límite de recollida no centro será o 19 de febreiro

Cada refrán deberá ir acompañado dunha representación gráfica do mesmo.         

Botádelle imaxinación e moitas grazas por participar.

 

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: A NOSA CONMEMORACIÓN

 

 

 

O pasado curso inciamos a nosa andaina, no proxecto "Radio na biblio" e para conmemorar esta data o alumnado de sexto fixo unhas pequenas "cuñas" sobre mulleres de ciencia, en galego e en inglés. Podédelas escoitar se premedes AQUÍ 

 

Este ano quixemos tamén visibilizar esta data dente a nosa RADIO XUVE. Pero dun xeito ben distinto:

 

Continuando coa temática do "mes da ciencia en galego" onde traballamos cada unha das aulas a unha muller científica galega, pensamos que facer un pequeno "rap" sobre cada unha delas , sería marabilloso.

Aqui podedes ver os nosos "LAP BOOKS" sobre estas 6 magníficas  mulleres.

 

Estes días estamos ensaiando os nosos RAP, coa axuda do profe Michel e do profe David.. e próximamente a estrea mundial en RADIO XUVE.

 

 

 

 

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. MATERIAIS.

 
 
 
 
 
 
O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia .
 
Na páxina web 11 de Febreiro  podedes atopar moitísimo material para traballar este tema: actividades, materiais, estatísticas, información sobre mulleres e ciencia, chicas e estudos STEM e un longo etc...
 
Aquí vos deixamos un vídeo, titulado ESE LUGAR que foi eaborado pola Cátedra de Cultura Ciencífica da UPV/EHU. Xa que o 11 de febreiro será o día da Muller e a Nena na Ciencia, e o día seguinte... e os que virán despois..

 

 

E tamén vos deixamos este vídeo "Yo quiero ser científica" no que 9 mestras da Universidade pública de Navarra (UPNA) son intérpretes e autoras dunha obra de teatro divulgativa na que rescatan a vida e obra de mulleres científicas do pasado:

 
 

E para os máis pequenos, este vídeo gañador do concurso de curtametraxes da Unesco 

"Mujeres en la CTI y matemáticas:

 

 

 

Podedes ver tamén a serie de animación "Mujer en la ciencia"

Las ilustraciones y la animación del vídeo de este proyecto son del profesor de bioquímica Iñigo Izal Azcárate y la narración en voz en off corre a cargo de la periodista Eva Lus (Radio Universidad de Navarra). También colabora en esta serie de animación el grupo Women for Science and Technology y diferentes personas expertas asesoran en la elaboración de los guiones de las distintas biografías.

        Las protagonistas de estas historias son la microbióloga Alice Catherine Evans (1881-1975), la enfermera y estadística Florence Nightingale (1820-1910), la bióloga y divulgadora Rachel Louise Carson (1907-1964), la astrónoma Cecilia Payne-Gaposchkin (1900-1979), …

(fonte  https://mujeresconciencia.com/2019/11/19/serie-de-animacion-la-mujer-en-la-ciencia/)

 

 

Se queredes seguir "curioseando" deixámosvos un link con libros e películas recopilados en 11defebrero.org. 

Se vos apetece xogar "ó rosco das científicas" non tedes máis que premer AQUÍ 

 
CIENTÍFICAS: O CÓMIC  dende a Universidade de Sevilla e executado pola precisa man da  ilustradora Raquel García Ulldemolins
 
 
 Outra iniciativa destacable foi a de "Mi científica favorita" 
É unha iniciativa da  Comisión de Género do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT) en colaboración coa Unidad de Comunicación del ICMAT e  a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, e coa asesoría do mestre de educación primaria Roberto Soto Varela.
 
 
 
Podedes descargar este libro de balde, en PDF premendo aquí: MI CIENTÍFICA FAVORITA
 
Desta volta tamén podedes descargar en PDF  "MI CIENTÍFICA FAVORITA 3" 
 
 
 
Outra páxina que non se pode esquecer nesta viaxe de referenciación da muller e a nena na ciencia é MUJERES CON CIENCIA onde poderedes atopar todo tipo de noticias, materiais, actividades relacionadas, coas mulleres e coa ciencia...
 
 

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro conmemórase o "día da PAZ e non violencia".
 
Dende o equipo de biblioteca propuxéronse 2 actividades:
 
-Por unha banda a elaboración dun mural cooperativo, dunha pomba na que cada aula tiña asignada a decoración dunha parte.
 
 
O alumnado máis pequeno encárgase de decorar a pomba e o alumnado a partir de 2º fixo unha  "mandala" para decorar o fondo. 
 
Pensamos que é importante estar "en paz con un mesmo/a" para poder estar en paz cos demais. 
 
E as mandalas parécennos un xeito moi bo de achegarnos á tranquilidade e á paz.  Rematarémolo ao longo desta semana!!! 
 
 
 
 
 
 
A segunda proposta foi, escoller un libro/conto para traballar a PAZ.
 
Cada unha das aulas escolleu un conto ou libro para traballar sobre el esta semana, con diversas actividades, enfatizando na importancia de:  respectar aos demais, dialogar, ter empatía e de evitar calquera tipo de violencia ou confrontamento. 
 
Aquí tedes as escollas dalgunhas das aulas:
 
 


 E aquí está o noso mural cooperativo, rematado e no se lugar!!!!
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut