Skip to Content

Obradoiros/Outras actividades

REPRESENTACIÓN "XELIÑA FALA GALEGO"

Luns 10 de maio de 2021

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Sanxenxo ofertou aos centro de ensino do municipio unha representación teatral titulada "Xeliña fala galego", un espectáculo que percorre a vida e obra de Xela Arias, a escritora, tradutora e profesora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

A través de lembranzas, historias de vida, contos, cantigas, xogos...  a compañía de teatro A trastenda dos contos  fixo un ameno e completo repaso pola figura da autora homenaxeada este ano.

Os alumnos/as de 4.º de Primaria desfrutaron moito con esta magnífica obra!!!

 

ACTUACIÓN "OS PIÑEIRIÑOS"

Luns 26 de abril de 2021

Nesta xornada, os alumnos/as de Educación Infantil tiveron unha visita moi especial no cole.

OS PIÑEIRIÑOS viñeron facer unha actuación en cada clase, coa que todos/as o pasaron en grande!!!

 

Gustounos moito. Ata pronto!!!

 

OBRADOIRO: "MARIÑA, A PINGUIÑA REVOLTOSA"

Venres 9 de abril de 2021

Os alumnos/as de Educación Infantil participaron nun obradoiro sobre sensibilización ambiental, organizado polo Concello de Sanxenxo, que leva por título, "Mariña, a pinguiña revoltosa".

A través da narración da historia dunha pinga de auga animada, os/as cativos/as puideron:

  • Concienciar que a auga é un recurso imprescindible para a vida e que non é inesgotable.
  • Favorecer a comprensión sobre como a contaminación da auga é un problema moi grave que afecta aos seres vivos e á calidade de vida das persoas.
  • Fomentar actitudes responsables como o aforro da auga.
  • Acadar cambios de actitudes e aptitudes (individuais e colectivas) sobre a xestión e o consumo da auga.

Sen dúbida, unha proposta moi interesante que agardamos repetir o vindeiro curso:)

 

XVII edición de la carrera escolar Kilómetros de Solidaridad de Save the Children

                                  Venres 5 de febreiro de 2021  

 

   Este curso vamos a participar en la XVII edición de la carrera escolar Kilómetros de Solidaridad de Save the Children. Será una sesión de Educación Física con valor solidario.

Todas las familias pueden hacer una aportación económica (la cantidad que deseen), de forma totalmente voluntaria y anónima. Esta aportación será entregada al profesor de Educación Física, quien las irá depositando en la hucha preparada para la ocasión (estará en el mostrador de Lolita).

La recaudación será ingresada por el colegio directamente a Save the Children.

 Carrera:

  • Día, jueves 18 de marzo. ¡Si el tiempo nos lo permite! En caso de lluvia, se aplazará y comunicaremos la nueva fecha con antelación.
  • Se trata de disfrutar, sin prisa y sin ganadores/as.
  • Este año no pueden participar los familiares.
  • También participaremos varios profesores/as.
  • Cada corredor/a recibirá un dorsal y un diploma en agradecimiento por su participación.
  • Para garantizar las medidas sanitarias, será por grupos de nivel independientes. Cada grupo recorrerá una zona del patio e irán rotando las zonas.

 

VÍDEO PREVENCIÓN DOR DE COSTAS

Martes 17 de marzo de 2020

Ante a suspensión momentánea da actividade "Prevención da dor de costas" dirixida aos alumnos/as de 4.º e 5.º de Primaria, os fisioterapeutas da Unidade de Desviación do Raquis do Hospital Montecelo, elaboraron un vídeo coas principais pautas de hixiene corporal, actividade física e postural, dirixido a todo o alumnado (especialmente de Primaria).

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

  Moitas grazas por facernos esta achega tan útil e interesante!

 

SEMANA ESCOLAR DO CAMIÑO DE SANTIAGO

25-29 de novembro de 2019

Ao longo da semana do 25 ao 29 de novembro, os alumnos/as de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participaron na Semana escolar do Camiño de Santiago. Durante eses días leron o libro A ecopanda e o misterio do Románico, buscaron información sobre os principais camiños e prepararon un traballo para expoñer ao resto dos compañeiros/as. O venres 29 compartiron as súas elaboracións co resto do colexio:

  • 4.º Primaria: Camiño Portugués.
  • 5.º Primaria: Camiño Francés.
  • 6.º Primaria: símbolos / que se necesita para facer o camiño.

Aprendemos moitos datos que descoñeciamos!

 

VISITA DO TRASNO FANTÁSTICO

Mércores 18 de decembro de 2019

Despois de moitas trasnadas, por fin chegou o día!!! Recibimos a visita do autor das mesmas:

O TRASNO FANTÁSTICO

O trasno e os seus axudantes, os duendes, cantaron e bailaron no colexio as cancións do seu CD de panxoliñas e música tradicional galega.

Ao rematar, non faltou a sesión de fotos cos alumnos/as de todos os cursos, que o agardaban con moita ilusión e unha pouquiña inquedanza.

BO NADAL 2019!

 

ACTIVIDADE IGUALDADE "U-LA LÚA?"

Luns 16 de decembro de 2019

Continuamos traballando a IGUALDADE de xénero, nesta ocasión coa proposta escénica: 


"U-LA LÚA?"

na que valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobraron importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non tiña cabida e a ilusión fixo dos soños unha realidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outra actividade moi interesante en prol da igualdade!

 

ACTIVIDADE IGUALDADE "ELAS PINTAN MOITO"

Venres 13 de decembro de 2019

A Compañía de Teatro Migallas estivo este venres no noso centro para desenvolver unha actividade sobre igualdade titulada "Elas pintan moito".

 

 

 

 

 

 

 

 

Tratouse dunha sesión de contos baseada na obra 4 pintoras: Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama. Ao longo da sesión, os nenos/as puideron descubrir aspectos da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos da sociedade que as rodeaba.

Sen dúbida una actividade fantástica!!!

 

VISITA DOS DUENDES DO TRASNO FANTÁSTICO

Xoves 5 de decembro de 2019

Un ano máis, coa chegada do Nadal, recibimos a visita dos duendes encargados de axudar ao Trasno Fantástico. Nesta ocasión deixáronnos un CD de música tradicional galega e panxoliñas. Nuns días descubriremos o motivo.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da visita:

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

En breve, o Trasno Fantástico virá ao noso cole!!!

  

Distribuir contido


by Dr. Radut