Skip to Content

Palabras con encanto

NOVIDADES NAS PALABRAS CON ENCANTO

Abril 2015

O rosco das Palabras con Encanto cambia de ubicación. Podedes atopalo ao comezo do corredor do 1.º ciclo.

Desde o mes de abril xa están expostas todas as palabras. Cada alumno/a debedes elixir 1 delas, a que vos pareza máis curiosa, que vos chame a atención..., buscar o nome en castelán e en inglés, escribir o significado e ilustrala cun debuxo.

LEMBRADE: as plantillas necesarias tedes que pedirllas aos vosos titores/as.

A listaxe completa de palabras é a seguinte:

  • COMEZA POR A: ameneiro
  • COMEZA POR B: bexato
  • COMEZA POR C: cachopa
  • COMEZA POR D: devesa
  • COMEZA POR E: érbedo
  • COMEZA POR F: fungueiro
  • COMEZA POR G: gaio
  • COMEZA POR H: himenio
  • COMEZA POR I: ichó
  • COMEZA POR L: lizo
  • COMEZA POR M: muraño
  • COMEZA POR N: noiro
  • CONTÉN O Ñ: barrosiña
  • COMEZA POR O: ouriolo
  • COMEZA POR P: paspallás
  • COMEZA POR Q: queiroa
  • COMEZA POR R: rebexo
  • COMEZA POR S: sabugueiro
  • COMEZA POR T: teixugo
  • COMEZA POR U: uceira
  • COMEZA POR V: velairiña
  • COMEZA POR X: xara
  • COMEZA POR Z: zamborca

Se as letras do rosco están de cor verde significa que xa hai traballos realizados con elas. En caso contrario, aparecerán marcadas de vermello.


 

AGARDAMOS OS VOSOS TRABALLOS PARA COMPLETAR O ROSCO!!!

PODEDES VER A EXPOSICIÓN NO MURAL DO CORREDOR

 

PALABRAS CON ENCANTO: MES DE XANEIRO

Xaneiro 2015

Continuamos ampliando o vocabulario en galego con outras 3 "Palabras con Encanto".

  • COMEZA POR G: GAIO

  • COMEZA POR H: HIMENIO

  • COMEZA POR I: ICHÓ

 

Non esquezades traer os vosos traballos.

En febreiro máis! Ata pronto!

 

PALABRAS CON ENCANTO: MES DE DECEMBRO

Xa tedes 3 novas "Palabras con encanto" no rosco da entrada.

 

  • COMEZA POR D: DEVESA
  • COMEZA POR E: ÉRBEDO
  • COMEZA POR F: FUNGUEIRO

 

 

Xa sabedes que podedes elixir o número de palabras que queirades para investigar o seu significado. As plantillas para facer os traballos debedes pedirllas aos vosos titores/as.

 

PALABRAS CON ENCANTO: MES DE NOVEMBRO

Estas son as palabras que vos presentamos no mes de novembro:

  • Comeza por A: AMENEIRO
  • Comeza por B: BEXATO
  • Comeza por C: CACHOPA

Xa podedes presentar os vosos traballos!!!

(Non esquezades pedir as plantillas aos titores/as).

 

PALABRAS CON ENCANTO 2014/2015

No mes de novembro comezamos unha actividade que xa coñecedes moi ben: as "Palabras con encanto", unha proposta coa que pretendemos fomentar o emprego do galego e coñecer novo vocabulario que non adoita empregarse con frecuencia.

Este ano, expoñeranse 3 palabras cada mes no rosco de Pasapalabra que hai na entrada do colexio.

Podedes participar de forma voluntaria entregando a palabra/s que elixades, escrita en galego, castelán e inglés, coa súa definición e o debuxo. Os traballos deberán presentarse nunhas plantillas que teñen os vosos titores/as. Nun dubidedes en pedirllas cando queirades.

A final de curso, todos os participantes recibirides un agasallo.

AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!

 

ESTROBO

Chega o mes de abril acompañado dunha nova Palabra con Encanto. Aquí a tedes...

 

E  S  T  R  O  B  O

 

Aproveitade as vacacións para investigar o significado!!!

 

Xa temos os traballos da palabra anterior. Mirade as vosas donicelas!

 

DONICELA

Xa temos preparada unha nova Palabra con Encanto. Nesta ocasión tedes que averiguar que é unha...

 

 

D  O  N  I  C  E  L  A

 

A buscaaaar!!!

 

Déixovos unha fotografía para vexades os traballos da palabra "chatola".

 

CHATOLA

Inauguramos as Palabras con Encanto deste curso coa palabra...

 

H  A  T  L  A

 

Non esquezades poñer:

  • a palabra

  • a definición

  • o debuxo

Animádevos a participar!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut