Skip to Content

Educación Vial

CHARLA MAPFRE: EDUCACIÓN VIAL

Martes 23 de abril de 2019

A Fundación MAPFRE está desenvolver un proxecto con alcance internacional que leva por nome "Caravana de Educación Vial".

A través dun circuíto de karts e cun grupo de monitores especializados, os alumnos/as aprenden conceptos básicos relacionados coa seguridade vial e a prevención.

Durante os días 22, 23, 24, 25 e 26 de abril a caravana estivo instalada na Praza dos Barcos en Sanxenxo, pero debido ao mal tempo tivemos que cancelar as visitas escolares.

Aínda así, os monitores visitaron o noso centro para darnos unhas nocións viarias fundamentais.

Moitas grazas!

Agardamos poder probar os karts noutra ocasión!

 

EDUCACIÓN VIAL 2018: TEORÍA

Luns 12 e martes 13 de marzo de 2018

Durante dous días recibimos a visita de Abelardo e Manuel, os policías encargados de desenvolver a actividade de Educación Viaria na escola.

(Preme na fotografía pra acceder á galería)

A través do poli Paco e do seu sobriño Paquito ensináronnos a:

VELAR POLA PROPIA SEGURIDADE   

USAR CORRECTAMENTE AS VÍAS PÚBLICAS       

AQUIRIR BOS HÁBITOS COMO PEÓNS E FUTUROS CONDUTORES  

CREAR O SENTIDO VIARIO

COÑECER NORMAS E SINAIS DE CIRCULACIÓN....

Unha actividade fantástica coa que aprendemos moito pasándoo en grande!

Aquí tedes unha pequena mostra:

sentímolo, flash non está dispoñible.

Non esquezades que, en caso de urxencia, hai que charmar ao teléfono...

 

XI XORNADAS ESTATAIS DE EDUCACIÓN VIAL

Xoves 19 de maio de 2016

Sanxenxo converteuse nunha das sedes das XI Xornadas de Estatais de Educación Vial, que por primeira vez se celebran en Galicia.

 

Entre as iniciativas, encóntranse os talleres  dirixidos aos escolares do Concello. 

 

A media mañá dirixímonos ao Pazo de Emilia

Pardo Bazán, onde os policías nos agardaban con

contos, cancións... para ensinarnos dunha

forma divertida moitas normas de seguridade viaria.

 

 

Pero a xornada aínda non rematou aquí. Antes de irnos, as profes subiron nun coche simulador de envorcos. Que experiencia!!!

Botádelle unha ollada ao vídeo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 Moitas grazas á Policía Local de Sanxenxo por ofrecernos participar en actividades tan interesantes como esta.

 

EDUCACIÓN VIAL 2016: PRÁCTICA

Mércores 4 de maio de 2016

Un ano máis, o colexio encheuse de bicicletas e cascos para poñer en práctica as normas viarias que aprendemos hai uns días na parte teórica.

Este ano o circuíto era enorme... Ata había dous carrís de circulación!!! No percorrido encontramos:

SEMÁFOROS             PASOS DE PEÓNS            ROTONDAS   

SINAIS DE TRÁFICO

Grazas a esta fantástica actividade estamos a converternos nuns grandes condutores.

Esperamos repetir o vindeiro curso!!!

(Clicando nas fotografías podedes accder á galería e ver a xornada completa)

 

EDUCACIÓN VIAL 2016: TEORÍA

Luns 11 e martes 12 de abril de 2016

O poli Paco volveu un ano máis ao noso colexio para lembrarnos as normas de circulación viaria.

Canto aprendemos nas súas visitas!!!

Nesta ocasión, comprobamos a importancia que ten para a nosa seguridade o emprego do casco. 

 

Pero non nos esquecemos do cinturón, da silliña, dos teléfonos móbiles, dos pasos de peóns, da lugar por onde debemos saír dun vehículo, da necesidade de coñecer a nosa dirección...

Como xa estamos moi preparados, nuns días faremos a parte práctica. Que ganas!!!

Ata entón podedes ver a xornada teórica clicando en calquera fotografía.

 

E... lembrade!!!!  En caso de URXENCIA hai que chamar ao número:

 

EDUCACIÓN VIAL 2015: PRÁCTICA

Mércores 25 de marzo de 2015

Tras a visita dos polis Paco e Lola e do avó Nicolás, chegou o momento de poñer en práctica as normas de circulación que nos ensinaron.

 

Abelardo e Manuel, os policías locais encargados de desenvolver a actividade, agardábannos desde a primeira hora da mañá no circuíto que prepararon no patio do colexio. Había sinais, semáforos, pasos de peóns, rotondas e moooitas bicicletas para todos.

 

Unha vez colocados os cascos, foi o momento de comezar a circular.

 

Se queredes ver que ben cumprimos as normas viarias, clicade na seguinte fotografía:

 

 

MOITAS GRAZAS Á POLICÍA LOCAL DE SANXENXO POR OFRECERNOS UN ANO MÁIS ESTA FANTÁSTICA ACTIVIDADE!!!

 

EDUCACIÓN VIAL 2015: TEORÍA

Luns 9 e martes 10 de febreiro de 2015

POR FIN CHEGOU A EDUCACIÓN VIAL!!!

Estabamos agardando con moita impaciencia a visita dos polis Paco e Lola.

Pero este ano non viñeron sós, senón que os acompañou Nicolás, o avó de Paco. Grazas a el lembramos a importancia de coidar das persoas maiores.

BAILAMOS, CANTAMOS... PERO SOBRE TODO, APRENDEMOS MOITAS NORMAS DE CIRCULACIÓN QUE TODOS DEBEMOS TER MOI EN CONTA.

 

Non podiamos rematar sen... MARCHAR DE PASEO NO AUTO FEO!!!

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Uno máis queremos dar a grazas aos policías Abelardo e Manuel e aos seus axudantes pola súa adicación e entusiasmo. Agardámosvos nuns días para realizar a parte práctica no circuíto.

 

(Para acceder á galería e ver o desenvolvemento da actividade só tedes que clicar en calquera fotografía)

 

EDUCACIÓN VIAL 2014

Por fin chegou unha das actividades máis esperadas por todo o alumnado!!!

 

Un ano máis a EDUCACIÓN VIAL inundou o noso cole para

aprender, dunha forma lúdica, as normas de circulación.

 

Nesta ocasión o poli Paco non veu só... A poli Lola é a súa nova compañeira de aventuras.

 

Os días 11 e 12 de marzo realizamos as sesións teóricas e, unha vez preparadas as bicis e os cascos, o xoves 13 e o venres 14  foi o turno da parte práctica.

 

Queredes saber como o pasamos? Pois botádelle unha ollada aos vídeos que grabamos:

VAMOS DE PASEO PI, PI, PI...  Risa

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Podedes lembrar estas estupendas xornadas clicando na seguinte fotografía:

 

 

Moooooitas grazas a toda a Policía Local de Sanxenxo e aos nosos polis preferidos, Abelardo e Manuel, pola súa dedicación e por achegarnos un ano máis esta fantástica actividade.

Esperámosvos o vindeiro curso!!!

 

Dende o Equipo Tic seleccionamos algúns enlaces para traballar a Educación Vial na aula e na casa: xogos, recursos, información...

A practicar!

Educación Vial en la escuela

 

Educapeques

 

Juego de las señales: Mapfre

 

Fundación Mapfre

Distribuir contido


by Dr. Radut