Que é a iniciativa Arco?

INICIATIVA ARCO

Co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono escolar temperá, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional promove neste curso 2019/20 unha nova iniciativa dirixida a centros docentes públicos (CEIP, CEP, IES e CPI) en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional a través das seguintes liñas de actuación:

 

  • LIÑA 1, dirixida a alumnado de 5º e 6º de educación primaria.

  • LIÑA 2, dirixida a alumnado de 1º ESO

  • LIÑA 3, dirixida a alumnado de 4º ESO.

 

 

OBXECTIVOS

 

  1. Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.

  2. Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperá do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.

  3. Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.

  4. Diminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.

  5. Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.

 

PRAZO DE EDICIÓN DA MEMORIA DE ARCO: DO 5 DE XUÑO AO VENRES 3 DE XULLO DE 2020