Liñas de actuación

A Iniciativa ARCO contempla as seguintes liñas de actuación:

 

  • LIÑA 1, PARA 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Esta liña, que se desenvolve en horario lectivo na aula ordinaria, ten por obxecto:

  1. Preparar o alumnado matriculado en 4º, 5º e 6º de educación primaria para a súa promoción á ESO mediante o desenvolvemento das competencias clave e mellora dos resultados académicos.

  2. Reforzar mediante apoios o uso de metodoloxías activas e participativas, así como a aplicación de medidas organizativas ao alumnado que presente perfil absentista ademais de especial dificultade nas competencias en comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, competencia aprender a aprender e competencias sociais e cívicas, ou presente áreas non superadas de cursos anteriores, prioritariamente as de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Matemáticas, ou que precise medidas de inclusión e axustes educativos dentro da aula ordinaria.

Destinaranse 221 docentes a media xornada para o seu densenvolvemento, sendo un (1) o número máximo de mestres e mestras a asignar a cada centro seleccionado.

 

  • LIÑA 2, PARA 1º DE ESO

Esta liña, que se desenvolve en horario lectivo na aula ordinaria, ten por obxecto:

  • Apoiar e reforzar o alumnado de 1º ESO para o desenvolvemento das competencias clave e mellora dos resultados académicos.

  • Reforzar o alumnado con perfil absentista que permanece un ano máis en 1º ESO, ou que presente especial dificultade nas competencias en comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, competencia aprender a aprender e a competencias sociais e cívicas, ou presente áreas non superadas da educación primaria, prioritariamente, as de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Matemáticas, mediante apoios, o uso de metodoloxías activas e participativas, así como a aplicación doutras medidas organizativas na aula.

Destinaranse 161 docentes a media xornada, sendo un (1) o número máximo para cada centro seleccionado. Excepcionalmente, para aqueles centros que agrupen as materias de 1º ESO en ámbitos, poderase dotar con dous docentes a media xornada, un para cada ámbito de coñecemento.

 

  • LIÑA 3, PARA 4º ESO

Esta liña, que se desenvolve en horario lectivo na aula ordinaria, ten por obxecto:

  • Apoiar e reforzar o alumnado de 4º ESO e, especialmente, o alumnado procedente de PMAR para o desenvolvemento das competencias clave e favorecer a consecución dos obxectivos da etapa.
  • Reforzar o desenvolvemento das competencias clave e a mellora dos resultados académicos, mediante apoios e o uso de metodoloxías activas e participativas, así como medidas organizativas destinadas ao alumnado con perfil absentista de 4º ESO, alumnado que provén de grupos de 2º de PMAR, alumnado repetidor, alumnado que promociona por imperativo legal, alumnado matriculado en 4º ESO sen superar materias de niveis anteriores e/ou que presenta especial dificultade nas competencias en comunicación lingüística, matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, aprender a aprender e sociais e cívicas.

Destinaranse 161 docentes a media xornada para o desenvolvemento desta liña, sendo un (1) o número máximo para cada centro seleccionado. Excepcionalmente, para aqueles centros que realicen agrupamentos específicos de alumnado en 4º ESO, poderase dotar con dous docentes a media xornada, un por cada ámbito de coñecemento.

 

Acceso á aplicación informática