Skip to Content

Xogade

Plan Proxecta 2019/2020

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Durante o curso 2019-2020 decidimos seguir participando no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta centrándonos na modalidade XOGADE como se viña facendo anteriormente. Polo tanto, tentaremos promover hábitos saudables a través do deporte e da actividade fisica.

Como dixemos, a nosa acción estará centrada arredor da modalidade XOGADE. Pretendemos que a actividade física chegue a ser un hábíto na maioría dos nosos alumnos e das nosas alumnas. Polo tanto, entendemos que para acadalo debemos comezar fomentándoo dende a escola. Este proxecto estará moi ligado á modalidade do Plan Proxecta "Aliméntate Ben", que tamén se realizará no centro. 

As actividades de XOGADE realizaranse en coordinación con outros centros da contorna que tamén participan neste proxecto para o presente curso e consistirán na práctica deportiva entre os alumnos e as alumnas dos diferentes centros.

Ademais, ampliaremos o noso plan de acción fomentando hábitos de alimentación axeltados, axudando a dinamizar os tempos de lecer para un mellor aproveitamento e incidindo nos aspectos da socialización e da inclusión a través da práctica deportiva e da actividade física.

Entendendo que a práctica deportiva é moito máis que simplemente "xogar a algo", realizaremos actividades encamiñadas a tentar diminuír o nivel de sedentarísmo dos nosos alumnos e das nosas alumnas. Trataremos sempre de que o alumnado sexa partícipe e protagonista de todas as actividades, para que as poida valorar e interiorizar como súas, e deste xeito avanzar cara unha autonomía e iniciativa persoal que faga que nun futuro sexan quen de planificar e organizar o seu tempo de lecer, os seus hábitos e, en xeral, o seu estilo de vida de xeito activo e saudable.

As competencias clave estarán moi presentes durante a organización e avaliación do proxecto xa que consideramos que coa realización destas tarefas debemos axudar ó seu traballo e desenvolvemento de xeito interdisciplinario.

Si ben é certo, como dixemos, que a práctica deportiva é máis que "xogar a algo", tamén é certo que ese "xogar" é o núcleo fundamental e o compoñente básico.

Resulta paradóxico falar dun "Proxecto Deportivo de Centro" nun colexio que non conta con espacios axeitados para a práctica deportiva, nin no exterior nin no interior. Ésto non sólo afecta os xogos e deportes, sinón tamén á propia Educación Física no día a día.

Sin esa práctica lúdico-deportiva e sin os medios axeitados para levala a efecto, estaríamos plantexando "preciosas" teóricas declaracións de intencións. Pero, como todos estes anos atrás, neste colexio intentaremos facer todo o que poidamos, adaptándonos ós medios cos que contamos e intentando sacarlles o maior partido.

 

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO 2018 / 2019

Durante o curso 2018-2019, decidimos seguir participando no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta. Centrándonos na modalidade XOGADE como se viña facendo anteriormente. Polo tanto, tentaremos promover hábitos saudables a través do deporte e da actividade física.

Pretendemos que a actividade física chegue a ser un hábito nos alumnos e alumnas. Entendendo que a práctica deportiva é moito máis que simplemente “xogar a algo”, realizaremos actividades encamiñadas a tentar diminuír o nivel de sedentarismo dos nosos alumnos e das nosas alumnas. Tratando sempre de que o alumnado sexa partícipe e protagonista de todas as actividades para que as poida valorar e interiorizar como súas, e deste xeito avanzar cara unha autonomía e iniciativa persoal que faga que nun futuro sexan quen de planificar e organizar o seu tempo de lecer, os seus hábitos e, en xeral, o seu estilo de vida de xeito activo e saudable.

Para seguir e coñecer as actividades que vaiamos realizando, podedes consultar a nosa conta de Instagram para este proxecto!

https://www.instagram.com/nantesan_

 

 

NANTES ACTIVO E SAUDABLE 2017 / 2018

Durante o curso 2017-2018, decidimos seguir participando no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta. Centrándonos na modalidade XOGADE como se viña facendo anteriormente. Polo tanto, tentaremos promover hábitos saudables a través do deporte e da actividade física.

Pretendemos que a actividade física chegue a ser un hábito nos alumnos e alumnas. Entendemos que para acadalo debemos comezar fomentándoo dende a escola. As actividades de XOGADE realizaranse en coordinación con outros centros da contorna que tamén participan neste proxecto para o presente curso e consistirán na práctica deportiva entre os alumnos e alumnas dos diferentes centros.

Ademais, ampliaremos o noso plan de acción fomentando hábitos de alimentación axeitados, empregando as novas tecnoloxías para a motivación e o fomento do deporte, axudando a dinamizar os tempos de lecer para un mellor aproveitamento e incidindo nos aspectos da socialización e da inclusión a través da práctica deportiva e da actividade física.

Para seguir e coñecer as actividades que vaiamos realizando, podedes consultar o noso blog para este proxecto!

https://nantesactivo.blogspot.com.es/

 

DEPORTE ESCOLAR 2016/2017

2016-2017

Este curso, ao igual que nos anteriores, os nenos/as 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participamos no proxecto "Xogade", unha actividade deportiva que se desenvolve con outros centros educativos. Entre estes coles estaban: Noalla-Telleiro, Vilanova, Vilalonga...

A continuación amosámosvos algunhas fotos das diferentes xornadas:

 

HOUBO UNHA GRAN DEPORTIVIDADE EN TODOS OS ENCONTROS!

 

XOGADE 3.º e 4.º: ABRENTE VS NANTES

Martes 26 de abril de 2016

Nesta ocasión, os alumnos/as de 3.º e 4.º de Primaria visitaron o colexio Abrente para participar nunha nova xornada de deporte escolar.

Parabéns pola deportividade amosada!!!

 

XOGADE 5.º e 6.º: NANTES VS VIÑAGRANDE

Mércores 27 de abril de 2016

Hoxe recibimos aos nenos/as do C.E.I.P. Viñagrande de Deiro para participar nunha nova xornada de Deporte Escolar.

Botádelle unha ollada ás fotos para ver a competición!

Uns e outros demostramos que sabemos competir deportivamente. Ata a próxima!

 

XOGADE 3.º e 4.º: CRUCEIRO VS NANTES

Mércores 16 de marzo de 2016

Os alumnos/as de 3.º e 4.º de Primaria participamos nunha soleada xornada de deporte escolar en Vilalonga.

 

 

 Ben xogado!!!

 

XOGADE 3.º e 4.º: CRUCEIRO VS NANTES

Martes 23 de febreiro de 2016

Un ano máis participamos no proxecto Xogade, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo fomentar e extender o deporte educativo e saudable desde as idades máis tempranas.

Nesta ocasión os nenos/as de 3.º e 4.º de Primaria desprazámos ata o colexio de Vilalonga para competir en xadrez, baloncesto, fútbol...

 

Aquí tedes unha pequena mostra da xornada.

 

 

 

Ata pronto!!!

 

XOGADE 2.º CICLO: NANTES vs PORTONOVO

Mércores 29 de abril de 2015

Continúan as competicións de deporte escolar. Por segundo día consecutivo o noso centro recibiu a visita doutro colexio, neste caso o de Portonovo.

 

 

Para ver que ben se nos deu mañá clicade na fotografía.

 

XOGADE 3.º CICLO: NANTES vs CRUCEIRO

Martes 28 de abril de 2015

Hoxe fomos os anfitrións na xornada de deporte escolar. Recibimos a visita do C.E.I.P. Cruceiro de Vilalonga e unha vez máis a deportividade foi o mellor resultado.

 

(Clicade na fotografía para ver como se desenvolveu a actividade)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut