Skip to Content

Xornal dixital "Nantes Times"

NANTES TIMES Nº 8

1.º trimestre 2019

Chega a edición do 1.º trimestre do noso xornal dixital "Nantes Times", elaborado polo alumnado de 6.º de Primaria.

Neste número (xa o 8!) podedes encontrar as novas máis salientables que tiveron lugar nos primeiros meses do curso 2019/2020:

  • Magosto e Samaín.
  • Concurso de trompos.
  • Día das Bibliotecas.
  • Saídas.
  • Semana escolar do Camiño de Santiago.
  • VI Semana da Ciencia.
  • Día contra a violencia de xénero.
  • Actividades sobre Igualdade: "Elas pintan moito" e "Ula Lúa?".
  • Pasatempos.
  • Entrevista á profe Mónica.

Hoxe repartimos un exemplar impreso para cada familia do colexio pero, tamén podedes velo en formato dixital premendo nesta imaxe.

Noraboa aos alumnos e alumnas de 6.º de Primaria polo gran traballo realizado!!!

 

NANTES TIMES Nº 7

2.º trimestre 2019

Xa está aquí o número 7 do noso xornal dixital "Nantes Times". Se non chegou unha copia impresa á túa casa, non te preocupes!

Podes velo desde aquí premendo na imaxe:

 

Parabéns ao alumnado de 6.º de Primaria polo fantántico traballo realizado!

 

NANTES TIMES Nº 7

Decembro de 2018

Un ano máis, os rapaces/zas de 6.º de Primaria elaborararon unha nova edición do seu xornal dixital "Nantes Times".

Neste número podedes ver:

  • Samaín e Magosto.
  • Día das Bibliotecas.
  • Obradoiros na biblioteca.
  • III Congreso de Emerxencias de Galicia.
  • Semana de Elvis Presley.
  • Día da Infancia.
  • Día contra a violencia.
  • Pasatempos.
  • Entrevista á profe Paula.

Cada familia xa ten na casa unha copia impresa.

Para velo de xeito dixital só tedes que premer na seguinte imaxe:

NANTES TIMES N.º 6

Venres 8 de xuño de 2018

A piques de rematar o curso, os rapaces/zas de 6.º de Primaria xa teñen preparada unha nova tirada do seu xornal dixital "Nantes Times".

Neste número podedes ver:

  • O Nadal en Nantes.
  • Día de Rosalía.
  • Azucre en lata.
  • O Entroido.
  • Día da Paz.
  • Deporte escolar.
  • Día da Muller.
  • Pasatempos.
  • Entrevista a Catherine.

Cada familia recibiu unha copia impresa.

Se queredes velo de xeito dixital só tedes que premer na seguinte imaxe:

Bo traballo!!!

 

NANTES TIMES N.º 5

1.º trimestre 2017-2018

As rapazas e rapaces de 6.º de Primaria xa temos elaborado un novo número do xornal "Nantes Times".

Mirade cantas novas:

  • Un paso máis pola igualdade
  • English week
  • Samaín e Magosto
  • Os Superlectores
  • Somos emprendedores
  • Semana dos Beatles
  • Día dos nenos
  • Día contra a violencia de xénero
  • Pasatempos
  • Entrevista á profe Araceli

Cada familia xa ten un exemplar na súa casa pero podedes velo en forma de publicación dixital premendo na seguinte imaxe:

 

NANTES TIMES Nº 4

2.º Trimestre 2016-2017

Os/as xornalistas de 6.º de Primaria acaban de sacar un novo número do seu xornal "Nantes Times".

Neste n.º 4 podedes atopar as seguintes novas relacionadas co noso centro:

  • Visita ao Parlamento de Galicia.
  • Celebración do Día da Paz.
  • O Nadal en Nantes.
  • Os clubes de lectura.
  • Saída a Pontevedra.
  • O Entroido.
  • Deporte escolar.
  • Semana da froita.
  • Almorzos saudables.
  • Pasatempos.
  • Entrevista a Aubrei (auxiliar de conversa).

Cada familia xa ten o seu exemplar en papel na casa, pero tamén podedes velo en formato dixital clicando na seguinte imaxe.

 

 

NANTES TIMES Nº 3

1.º trimestre 2016-2017

Un trimestre máis, os nenos/as de 6.º de Primaria puxeron todo o seu esforzo na realización do xornal dixital "Nantes Times". 

Neste número podedes encontrar un montón de novas relacionadas coa vida escolar do noso centro:

  • O programa TEI (Titoría Entre Iguais)
  • A celebración do Samaín e o Magosto.
  • Os Superlectores do Clube de lectura.
  • A próxima apertura dun supermercado educativo no centro.
  • O concerto da Banda de Música de Sanxenxo.
  • Unha saída ao teatro.
  • O novo profesorado do centro.
  • Nantes contra a violencia de xénero.
  • O concurso de trompos.
  • Pasatempos.
  • Unha entrevista á profe Mélida.

 

Clicando na imaxe podedes ver todas estas novas en forma de publicación dixital.

Bo traballo nen@s!!!

 

NANTES TIMES nº2

2.º trimestre 2015-2016

Os xornalistas de 6.º de Primaria traballaron intensamente no segundo trimestre para sacar o exemplar número 2 do seu xornal Nantes Times.

Nesta ocasión encontraredes:

  • A actuación da banda de música da Escola Naval de Marín.
  • A celebración do Día da Paz.
  • O Nadal.
  • Noticias do clube de lectura.
  • Saída ao teatro.
  • O Entroido.
  • Deporte escolar.
  • Semana da froita.
  • O Día de Rosalía.
  • Pasatempos.
  • Entrevista á profe Merce.

Clicade na imaxe para ver o xornal en formato dixital:

 

NANTES TIMES nº1

1.º trimestre 2015-2016

O alumnado de 6.º curso de Primaria, dirixido polas mestras Diana e Elena, está a desenvolver un proxecto fascinante cargado de implicación e entusiasmo. Trátase dun xornal trimestral, en formato dixital, no que se recollen os acontecementos máis salientables do momento. 

Os alumnos/as, repartidos en 4 grupos (redactores, editores, artistas gráficos e fotógrafos) foron os encargados de realizar todo o proceso: elaboración, fotocopia, montaxe e difusión (reparto entre a comunidade educativa e diversos quioscos e librerías do Concello). Ata se ocuparon de buscar comercios que quixeron publicitar o seu negocio no xornal.

Neste primeiro número podedes coñecer, entre outras cosas, como foi o Campamento de Inmersión Lingüística, os almorzos saudables, a celebración do Samaín e o Magosto. Non faltan os pasatempos e unha entrevista en inglés a Paola, a auxiliar de conversa que nos acompaña este curso.

Non vos perdades nin unha páxina para estar ao día do que sucede no centro.

Clicade na imaxe para ver o xornal de forma dixital.

Parabéns a todo o grupo polo fantástico

traballo realizado!!!!

 

Agardamos con impaciencia o seguinte número....

 

Distribuir contido


by Dr. Radut