Luns 14 de marzo de 2016
Unha das ferramentas de aprendizaxe que levamos varios anos empregando no colexio son os ROBOTS.
A través dunhas divertidas abellas-robot chamadas BEE-BOT, traballamos os contidos do libro dunha forma activa e cooperativa.
Repartímonos en grupos de 3 nenos/as, nos que cada un ten unha función que vai cambiando en cada quenda. Así:
- Podemos mandar o que debe facer o robot.
- Podemos programalo para que realice o movemento.
- Podemos comprobar que o resultado final sexa o correcto.
Ademais de reforzar moitos contidos, tamén aprendemos a traballar en equipo, a orientarnos no espazo... É divertidísimo!!!
Comezamos empregando os tapices planos, pero na segunda sesión xa utilizamos a maqueta en 3D.
Mirade que ben o fixemos!!!