Skip to Content

Actividades no centro

MISTERIOS NO CAMIÑO

Por se non o sabiades, o Camiño de Santiago ten unha ruta que pasa por Sanxenxo. Foi o Pai Fray Martín Sarmiento o que decideu camiñar polo Salnés entre vales e pobos mariñeiros, alá polo 1745 para gañar o Xubileo.

Resolve o misterio e chega ata o final do xogo (ESCAPE ROOM)

MISTERIO NA RUTA DO PAI SARMIENTO

 https://view.genial.ly/5fa1d070560aa70d72891cc0/game-breakout-misterios-no-camino-do-pai-sarmiento

 

Día das Letras Galegas

A Real Academia Galega decidiu pospoñer "O día das Letras Galegas" que tradicionalmente se celebraba o 17 de maio, ao 31 de outubro, debido á pandemia da COVID 19. 

E por iso dende o EDLG do CEIP Plurilingüe de Nantes propoñemos un xogo de preguntas acerca do autor homenaxeado Ricardo Carvalho Calero.

https://view.genial.ly/5f9bf2d84e12cb0cffa99686/learning-experience-challenges-genially-sin-titulo

CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET

Xaneiro 2019

O día 31 de xaneiro, visítanos a Garda Civil, para explicarlle ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, os perigos e riscos que poden atoparse no uso inapropiado da internet e a prevención do ciberacoso. Dita charla foi impartida por dous membros da Garda Civil, expertos en seguridade informatica, e enmárcanse dentro do Plan Director para a Convivencia e mellora da seguridade dos centro educativos e o seu entorno.

 

 

CONCURSO ÁRBORES DE NADAL

Decembro 2018

Como cada Nadal, levamos a cabo o concurso de Árbores de Nadal no centro, e como cada ano vos superades, parece imposible que atopedes tantas novas ideas para facelos.

Son simplemente espectaculares! Polo que aínda que pareza unha frase feita, é dificilísimo escoller ós agraciados cos premios.

 

RETRINCOS

Estes son os derradeiros retrincos sobre os LÁCTEOS, e como podedes comprobar os mais trabaladores son os pequenos.

Dos maiores damos a noraboa a Valeria de 5º xa que é a única que soubo a solución 

 

CALENDARIO LARPEIRO

Xaneiro 2018

Neste curso, o proxecto da Biblioteca ten como tema principal a alimentación sá e saudable.

Por iso, que dende o equipo de dinamización da lingua galega EDLG, decidimos facer un "CALENDARIO LARPEIRO", de maneira que cada curso fixera un dos meses do ano de 2018 ilustrándo este con alimentos que se puidesen comer nese mes; alimentos sobre todo, característicos da nosa comunidade. E este foi o resultado:

XANEIRO

FEBREIRO

MARZO

ABRIL

 

MAIO

 

XUÑO

 

XULLO

 

AGOSTO

 

SETEMBRO

 

OUTUBRO

 

NOVEMBRO

 

DECEMBRO

 

CONCURSO "ÁRBORES DE NADAL"

Como sabedes, este pasado Nadal, seguimos coa nosa tradición de facer o concurso das "Árbores de Nadal".

O nivel segue a ser altísimo, e cada vez é mais dificil escoller aos gañadores, porque as vosas ideas son espectaculares. Nestas fotos podedes ver a proba :

 

 

RETRINCOS MES DE OUTUBRO

Outubro 2017

COMO SABEDES ESTE ANO OS RETRINCOS TEÑEN COMO TEMA PRINCIPAL OS ALIMENTOS PARA COLABORAR CO PROXECTO CENTRAL DA BIBLIOTECA.

E NESTE PASADO MES DE OUTUBRO XA MOITOS DE VOS ATOPASTEDES AS SOLUCIÓNS E OS DE INFANTIL DE 3 ANOS PICARON AS CASTAÑAS.

NORABOA AOS  PARTICIPANTES QUE XA TIVERON O SEU AGASALLO POR FACELO

ESTE FOI O RESULTADO:

:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut