Skip to Content

Educación Artística Plástica

VII SEMANA DA ARTE

VII  SEMANA DA ARTE

Ola a todos os/as artistas do CEIP Plurilingüe Nantes, antes de nada, grazas a todos/as por participar, clicando no seguinte enlace poderedes ver o vídeo final cos vosos traballos!

                                     Vídeo

Esperamos que teñades un moi bo verán, vémonos o curso que ven!

Unha aperta.

 

Alejandro e Isa.

 

DIGICRAFT NA TÚA CASA

Luns 1 de xuño de 2020

Ola a todos/as!!!

Como xa sabemos, moitos/as de vós estades ata arriba de traballo. Sabemos que tanto vós como as vosas familias traballades moitísimo, e o enfoque que buscamos dende esta asignatura é a mera diversión e o amor pola arte. O estrés e a arte non se levan moi ben...

Durante este tempo fixemos unha pequena pausa para reinventarnos e preparar a Semana da Arte, como culmen ó a este curso 2019-2020.

Ademáis mentres tanto, podedes xogar coas apps de DigiCraft que vos ensinamos durante o curso. Estas apps son gratuítas e podedes descargalas para o voso móbil ou tablet a través do PlayStore ou AppStore. Non é obrigatorio, tan só queremos mantervos entretidos/as durante estes días. 

As apps que podedes descargar son:

  • Wafty: facer debuxos no aire
  • Draw your game: crear o voso propio videoxogo
  • Quiver: colorear
  • Toontastic: facer películas con diferentes debuxos e guións
  • StopMotionStudio: facer un vídeo en stop motion
  • Seek: analizar as prantas da contorna

Os beneficiarios deste proxecto son os alumnos/as de: 3º, 4º, 5º e 6º pero podédesvos unir a nós se non sodes destes cursos!

Calquer dúbida sobre o proxecto DigiCraft contactade a: quinto.ceipnantes@gmail.com

Unha aperta enorme!

Alejandro e Isa.

 

VII Semana da Arte

   Martes 2 de xuño de 2020

 

Con motivo da celebración da Semana da arte no CEIP de Nantes, querémosvos animar a participar nunha actividade para festexar as diferentes expresións artísticas e sacar @s artistas que levades dentro.

 

Trátase de recrear obras de arte como cadros, esculturas, fotografías..., mediante composicións con diferentes materiais ou coa vosa figura e outros obxectos que teñades pola casa. Animádesvos?

 

Deixámosvos algúns exemplos para que vos inspiredes.

 

 

 

Máis exemplos: https://blogs.getty.edu/iris/getty-artworks-recreated-with-household-items-by-creative-geniuses-the-world-over/

 

Tamén vos deixamos enlaces a webs de museos para que escollades a obra a representar.

Museo del Prado (Madrid):  https://www.museodelprado.es/coleccion

British Museum (Londres): https://artsandculture.google.com/streetview/british-museum/AwEp68JO4NECkQ?sv_lng=-0.1266024509257022&sv_lat=51.51905368906714&sv_h=286&sv_p=0&sv_pid=JeKwUFYAMWXNWPh3IOg3jw&sv_z=1.0000000000000002

Museo do Louvre (París): https://www.louvre.fr/

MOMA (Nueva York): https://www.moma.org/collection/

Museo Mauritshuis (La Haya) https://www.mauritshuis.nl/en/explore/the-collection/

MET Museum  (Nueva York):  https://www.metmuseum.org/art/collection/search#!?showOnly=highlights&offset=0&pageSize=0&sortBy=Relevance&sortOrder=asc&perPage=20

Museo Picasso (Málaga): https://www.museopicassomalaga.org/nueva-coleccion

Museo Hermitage (San Petersburgo): https://pano.hermitagemuseum.org/3d/html/pwoaen/main/#node338

Museo Frida Kahlo (Ciudad de México):https://www.museofridakahlo.org.mx/es/el-museo/multimedia/#regresar

 

Uffizzi Galery  (Florencia): https://www.virtualuffizi.com/es/visita-virtual.html

 

O resultado do voso traballo enviarédelo ao correo clase.segundo.nantes@gmail.com  antes do 14 de xuño.

Tede coidado en que a fotografía que enviedes estea ben orientada e non teña brillos nin sombras para que quede o mellor posible.

 

Na última semana de clase publicaremos as vosas creacións.

 

**Aquel alumnado que xa elaborase a actividade pode realizar unha nova proposta ou enviala de novo ao correo anterior.

 

Okuda San Miguel

Xoves 7 de maio de 2020

Ola a todos/as!!! Antes que nada quero darvos a miña noraboa pola cantidade de grandes traballos que recibo cada semana, estades esforzándovos moitísimo e iso chéame de orgullo!

Esta semana propóñovos unha actividade nova. Está dirixida para 3º, 4ºe 5º de E.P. pero cantos máis sexamos facéndoa mellor!

Normalmente cando falamos de grandes artistas, pensamos en artistas que xa non están con nós como pode ser Kandinsky, Van Gogh ou Picasso. Agora introdúzcovos a un artista español que está tendo moito éxito hoxe en día! O seu nome é Óscar San Miguel e o seu nome artístico é Okuda San Miguel.

Trátase dun artista moi completo, non só é pintor senón tamén escultor. A súa principal obra é a pintura xeométrica pintada en moitísimos cores, ademáis de realizar pinturas a grande escala como casas ou edificicios moi moi altos!!! Está englobado no grupo do Street Art Porque a maioría das súas creacións son na rúa.

Propóñovos que recreedes un debuxo (o que queirades) cun estilo similar á obra pictórica de Okuda (triángulos de diferentes cores, figuras moi coloridas...). Recoméndovos que antes de utilizar as cores, fagades o debuxo e dividades a parte que ides a colorear en "modo Okuda" en triángulos sen case calcar o lapis para que así sexa despois máis sinxelo todo. Repito, case sen calcar o lapis.

Sacádelle unha foto ou escaneade o debuxo e remitídemo a: quinto.ceipnantes@gmail.com, a ver que tal vos vai!

Na rede social Instagram, se os vosos pais vos deixan, podedes atopar filtros coma estes feitos por Okuda, son xeniais!!!

  1. https://www.instagram.com/a/r/?effect_id=1160660100800504 
  2. https://www.instagram.com/a/r/?effect_id=2265810280393255 
  3. https://www.instagram.com/a/r/?effect_id=212747676539133

Espero que sigades todos/as ben como ata agora, unha forte aperta.

Profe Alejandro

Educación Plástica 1º e 6º

Xoves 30 de abril de 2020

Que tal?

Xa recibín algunha das actividades da semana pasada, que artistas sodes!

Para esta semana propóñovos unha actividade sinxela que teño visto estes días en internet e que me chamou a atención. Trátase de recrear obras de arte (cadros, esulturas, fotografías...). Animádesvos?

Vai para 1º e 6º pero como di o profe Alejandro podedes unirvos os demais.

Déixovos algún exemplo e tamén o enlace a algúns museos para que escollades a obra a representar.

Exemplos: https://blogs.getty.edu/iris/getty-artworks-recreated-with-household-items-by-creative-geniuses-the-world-over/

Museos:

Museo del Prado (Madrid):  https://www.museodelprado.es/coleccion

British Museum (Londres): https://artsandculture.google.com/streetview/british-museum/AwEp68JO4NECkQ?sv_lng=-0.1266024509257022&sv_lat=51.51905368906714&sv_h=286&sv_p=0&sv_pid=JeKwUFYAMWXNWPh3IOg3jw&sv_z=1.0000000000000002

Museo do Louvre (París): https://www.louvre.fr/

MOMA (Nueva York): https://www.moma.org/collection/

Museo Mauritshuis (La Haya) https://www.mauritshuis.nl/en/explore/the-collection/

Non esquezades enviarme a vosa creación.

Boa fin de semana!

 

Wassily Kandisky

 Mércores 29 de abril de 2020

Ola rapaces/as!

Esta actividade está dirixida ó alumnado de 3º, 4º e 5º pero podedes unirvos a facelo connosco!

Sabedes quen é Wassily Kandinsky? Se non o sabedes podedes mirar a súa biografía premendo neste enlace: https://www.museothyssen.org/coleccion/artistas/kandinsky-wassily

Seleccionei unhas cantas obras deste emblemático artista para que vexades que tipo de arte era capaz de facer. Premede nesta enlace para velo: https://drive.google.com/open?id=1NdEeA5c3Vw5VYsYPCyHGS2h8UU6SGsU0

A tarefa que vos propoño é a seguinte:

Imos realizar unha obra de arte similar á de Kandinsky, vouvos propoñer 3 formas de facelo e podedes elixir a que queirades!

  1. Facer un debuxo con rasgos similares á obra pictórica de Kandinsky utilizando un folio e cores, rotuladores etc...
  2. Facer un debuxo con rasgos similares á obra pictórica de Kandinsky utilizando folio/cartolina, acuarelas e rotuladores. Para elo, primeiro tedes que facer un boceto (un primer debuxo que articule a obra principal), primeiro pintar coas acuarelas, deixar que seque e despois con cores ou rotuladores.
  3. Facer un debuxo con rasgos similares á obra pictórica de Kandinsky utilizando o programa Paint no voso ordenador.

As tres formas son válidas en función do material que teñades na vosa casa. Aínda que se tedes material e facedes a segunda, sería moi feliz! Risa

Botádelle ganas e ensinádeme o resultado escribíndome a: quinto.ceipnantes@gmail.com

PD: aínda que o retrato de Kandinsky é fumando, non o imitedes, o fumar non leva a ningures! 

Un saúdo e sentidiño cos paseos!!! Apertas.

Profe Alejandro

 

Papiroflexia

Venres 24 de abril de 2020

Ola a todos/as!

Para que vos podades divertir un pouco esta fin de semana antes do voso pseudodesconfinamento propóñovos algo novo! 

Podedes facer figuras de papiroflexia. A papiroflexia é o arte de crear figuras ou formas mediante a manipulación papel.

Podedes ver nestes vídeos o que vos propoño que fagades. Non é obrigatorio facelo, só é para divertirnos!

Peixe sinxelo: https://www.youtube.com/watch?v=xlHokrVFMAY

Can: https://www.youtube.com/watch?v=Z18MJVKGANA

Mensaxe sorpresa: https://www.youtube.com/watch?v=VXgNa-jy56E

Pero se vos atrevedes... (É o máis divertido) Risa

Ranas saltarinas: https://www.youtube.com/watch?v=7dMpqPAZ2H4

Espero que teñades un moi bo fin de semana! Vémonos pronto!

Unha aperta

Profe Alejandro

 

Actividades 1º e 6º EP

Martes 21 de abril de 2020

Ola!

Que tal estades?

Seguro que mellor agora que ides poder saír un pouquiño.

Quero propoñervos unhas actividades plásticas para estes días.

 

Para PRIMEIRO:

Propoño que fagades unha marioneta cun calcetín. Déixovos algunhas imaxes para que vos inspiredes, pero en internet hay centos máis. Podedes facelas con ollos saltóns, con complementos como gorro ou gafas, con extremidades...con todo aquilo que se vos ocorra.

 

Tomade tempo para pensar como a queredes facer e logo...mans á obra!

Cando rematedes podedes presentarma enviando unha foto a clase.segundo.nantes@gmail.com

Seguro que vos quedan chulísimas!

 

Para SEXTO:

Propoño que fagades a vosa viñeta ou historia animada mediante un folioscopio ou flipbook.

E iso que é?

Pois no seguinte enlace tedes unha breve explicación, pero en canto vexades o vídeo cos exemplos xa entenderedes por completo do que vos estou falando.

https://es.wikipedia.org/wiki/Folioscopio 

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=fpQ4Eiq-0Bg

 

A idea é que fagades algo similar ao do video, partindo do exemplo do cohete podedes facer un avión despegando, ou parecido ao do globo podedes facer un obxecto caendo dunha altura, pero non dubido da vosa creatividade e sei que me sorprenderedes.

Só necesitades folios, lápis e pinturas.

Se doblades un folio á metade 3 veces quédanvos anacos de máis ou menos 10,5x7,5 cm. tamaño aproximado aos do vídeo.

Se tedes calquera dúbida podedes escribirme a clase.segundo.nantes@gmail.com

E non esquezades mostrarme o resultado.

 

Ánimo a todos e todas!

 

ACTIVIDADE PARA TODO O ALUMNADO

Mércores 15 de abril de 2020

Ola a todos/as! Espero que tivésedes unhas tranquilas vacacións de Semana Santa!

A actividade que vos propoño é a seguinte:

Deberedes debuxar un arco da vella (arco iris), cunha mensaxe de ánimo en castelán, galego ou inglés e que poña o nome do noso colexio, CEIP Plurilingüe Nantes.

Tedes tooooooda a liberdade para crear o arco da vella! Gústanme as sorpresas Risa

Cando rematedes, deberedes sacarlle unha foto ben enfocada e con luz e mandala ó meu e-mail: quinto.ceipnantes@gmail.com antes do día 22 de abril. A partir dese día crearei un vídeo on todos os debuxos que recibín e subireino á páxina web do colexio.

Anímovos a todos/as a participar!

Espero que sigades todos/as ben, unha forte aperta.

Profe Alejandro.

 

Actividades para 3º, 4º e 5º Ed. Primaria

Luns 30 de marzo de 2020

Ola a todos/as! Espero que estedes levando moi ben o confinamento na vosa casa. 

Hoxe propóñovos unha actividade que gustaríame facer con vos no aula pero as circunstancias o impiden. Escoitáchedes algunha vez a palabra "photoshop" ou a expresión "esa imaxe ten photoshop".  Photoshop é un programa de edición de imaxes. Os/as profesionais da fotografía utilizan o photoshop para mellorar as súas imaxes, darlles máis cor, máis brillo ou modificar os atributos dunha persoa. Nós non imos utilizar o photoshop pero imos utilizar unha aplicación moito máis sinxela e divertida!

  • Deberedes de descargar a aplicación PicsArt nun móbil ou tablet que teñades na casa, esta aplicación é gratis  e onde a podedes descargar é no App Store de Apple ou no Play Store de Android. Podedes pedirlle axuda a algún familiar para facelo.
  • MOI IMPORTANTE, NON SE PODE UTILIZAR A REDE SOCIAL DE PICSART, SÓ IMOS EDITAR IMAXES.
  • Deberedes de facer unha foto ou coller unha imaxe que teñades no voso dispositivo e editala como queirades utilizando esa aplicación.
  • Tras facer a edición da imaxe, gustaríame ver o voso traballo, por tanto podedes enviarme ó e-mail quinto.ceipnantes@gmail.com a foto editada e a foto sen editar, así poderase ver a diferencia.
  • Repito, MOI IMPORTANTE, NON USAR A REDE SOCIAL DE PICSART, SÓ IMOS EDITAR IMAXES.

Eso sí, o uso desta aplicación é para divertirse, non para facer o mal! InocenteGuiño

Espero que teñades unha gran semana e fagades un bo traballo! Aínda que... se botades de menos pintar, botadelle un ollo a esta páxina web, poderedes pintar o que quirades no voso ordenador, tablet, móbil etc. http://www.chiquiplanet.com/colouring_book/index-es.html

Se tedes algunha dúbida ou queredes remitirme algo, podedes escribirme a: quinto.ceipnantes@gmail.com

Estarei sempre de 10:00 a 13:00.

Apertas.

Profe Alejandro.

Distribuir contido


by Dr. Radut