Skip to Content

EDUCACIÓN VIAL 2015: PRÁCTICA

Mércores 25 de marzo de 2015

Tras a visita dos polis Paco e Lola e do avó Nicolás, chegou o momento de poñer en práctica as normas de circulación que nos ensinaron.

 

Abelardo e Manuel, os policías locais encargados de desenvolver a actividade, agardábannos desde a primeira hora da mañá no circuíto que prepararon no patio do colexio. Había sinais, semáforos, pasos de peóns, rotondas e moooitas bicicletas para todos.

 

Unha vez colocados os cascos, foi o momento de comezar a circular.

 

Se queredes ver que ben cumprimos as normas viarias, clicade na seguinte fotografía:

 

 

MOITAS GRAZAS Á POLICÍA LOCAL DE SANXENXO POR OFRECERNOS UN ANO MÁIS ESTA FANTÁSTICA ACTIVIDADE!!!

 



page | by Dr. Radut