Skip to Content

Obradoiros/Outras actividades

ESCOLA DE FAMILIA

Martes 16 de outubro de 2018

Un ano máis poñemos en marcha o programa "ESCOLA DE FAMILIA" dirixido a nais, pais...

Trátase dun programa gratuito de Prevención Familiar ofertado pola Asociación Avante de Portonovo e posto en marcha polo psicólogo da mesma.

(Preme na imaxe para acceder á súa páxina web)

Desenvolverase no colexio ao longo de 6 sesións formativas que terán lugar nas seguintes datas:

  • 1.ª sesión: martes 30 de outubro.
  • 2.ª sesión: martes 27 de novembro.
  • 3.ª sesión: martes 29 de xaneiro.
  • 4.ª sesión: martes 26 de febreiro.
  • 5.ª sesión: martes 26 de marzo.
  • 6.ª sesión: martes 28 de maio.

Dará comezo ás 16:30 h. e terá unha duración aproximada de 90 minutos (ata as 18:00 h.). 

Nos documentos adxuntos poden consultar o programa do mesmo.

 

CASANDRA, A LANDRA VIAXEIRA

Martes 13 de marzo de 2018

O alumnado de Educación Infantil participou nun obradoiro organizado pola Concellería de Medio Ambiente titulado "Casandra, a landra viaxeira".

Con esta proposta preténdese:

  1. Concienciar aos nen@s sobre a importancia dos bosques.
  2. Favorecer a comprensión sobre como se desenvolven os bosques.
  3. Fomentar actitudes responsables sobre os coidados da natureza.

A actividade comezou coa representación do conto, que narra a historia dunha landra dende que nace ata que se converte nun carballo, facendo un percorrido polo bosque.

Como remate, os cativ@s elaboraron un monicreque sobre a obra representada.

 

CHARLA BUCODENTAL

Martes 23 de febreiro de 2018

Esta mañá, as nenas e nenos de 1.º recibimos unha charla moi interesante sobre alimentación e hixiene oral.

Grazas a esta actividade aprendemos que alimentos son bos e malos para os nosos dentes, que son as caries e como podemos evitalas, como debemos cepillar correctamente a nosa dentadura... e moito máis.

Ao rematar, a dentista Ana agasallounos a tod@s cun cepillo de dentes para poñer en práctica todo o aprendido.

A partir de agora, a visita ao dentista xa non será tan difícil!!!

 

SIMULACRO DE EVACUACIÓN 2017

Venres 9 de xuño de 2017

Un ano máis, antes de rematar o curso, realizamos un simulacro de evacuación no que contamos coa visita dos bombeiros. Ademais, fixéronnos unha avaliación externa para comprobar que todo se levou a cabo segundo a normativa.

Ao rematar, tivemos a sorte de subir ao camión!!!

Clicade nas fotografías para ir á galería.

 

CERTAME LITERARIO

Xoves 18 de maio de 2017

Unha representación do alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participamos no XII Certame literario organizado polo IES Sanxenxo. Este ano estivo adicado a Carlos Casares, o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

A entrega de premios terá lugar o 15 de xuño de 2017, ás 20:00h., no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Agardamos con impaciencia para coñecer se algún dos nosos traballos

resulta premiado!

 

CHARLA "AS AVES DO SALNÉS"

Mércores 5 de abril de 2017

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo achegou aos alumnos/as de 6.º de Primaria a charla "As aves do Salnés".

Resultou unha actividade fantástica na que puidemos coñecer a gran diversidade e riqueza ornitolóxica da zona na que vivimos, así como as ameazas máis preocupantes dos últimos tempos.

A Educación en Valores estivo moi presente ao longo de toda a charla.

 

CERTAME "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

Mércores 19 de abril de 2017

Un ano máis participamos no certame "Deseña unha xoia para a túa nai", un concurso no que os gañadores/as reciben a xoia deseñada.

Por primeira vez, unha nena do noso colexio,

Daniela Requejo (4.º de Primaria)

está entre os 80 finalistas. Trátase dun logro importantísimo, xa que houbo 10.000 deseños presentados. 

O vindeiro venres 28 de abril, en Santiago de Compostela, daranse a coñecer os 12 gañadores/as, entre os que pode estar Daniela.

Este é o seu marabillos deseño:

Parabéns e moitísima sorte!!!

Podedes coñecer os 80 finalistas aquí.

Para ver os deseños premede aquí.

 

EXPOSICIÓN MULLERES CIENTÍFICAS

Venres 31 marzo de 2017

Con motivo da celebración da III Semana da Ciencia, investigamos sobre o papel das mulleres no mundo da ciencia.

Cada clase elixiou unha muller científica de relevancia e averiguou os seus logros. A información recolleuse nunha cartolina e expuxóse o venres ao resto dos grupos:

  • 4.º/5.º Infantil: Margarita Salas
  • 6.º Infantil: Rita Levi Montalcini
  • 1.º Primaria: Marie Curie
  • 2.º Primaria: Linda Buck
  • 3.º Primaria: Ada Lovelace
  • 4.º Primaria: Virginia Apgar
  • 5.º Primaria: Hedy Lamarr
  • 6.º Primaria: Vera Cooper Rubin

Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados. Podedes ver máis premendo na fotografía ou visitando o corredor da planta de abaixo do colexio.

 

REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS

Xoves 30 de marzo de 2017

Por segundo ano, recibimos a visita de Olga Costa, a directora do Refuxio de animais de Cambados, unha organización sen ánimo de lucro que está a desenvolver unha importantísma labor en favor dos animais desde o ano 1999.

(Clicade nesta imaxe para acceder á paxina web do refuxio)

Acompañada de 4 cans que fixeron as delicias dos máis cativos, deunos a coñecer o refuxio, axudounos a concienciar das obrigas que implica ter unha mascota e achegounos moita información sobre o elevado número de abandonos de animais.

(Podedes ver a xornada completa premendo na fotografía)

Ao rematar, o colexio quixo agradecer a visita cunha donación en forma de comida e produtos de limpeza.

Non deixedes de poñervos en contacto co refuxio se estades

pensando en adoptar unha mascota .

 

ALMORZOS SAUDABLES 2016/2017

7 a 10 de febreiro de 2017

Un ano máis, participamos no programa "Almorzos saudables", unha iniciativa que desenvolve a Consellería de Sanidade en colaboración cos centros educativos, que ten como obxectivos fomentar o hábito do almorzo, acadar unha alimentación saudable e mellorar a saúde bucodental do alumnado.

O centro, coa axuda das familias, encargouse de preparar uns deliciosos almorzos mixtos, formados por:

  • Iogur/queixo
  • Friame de pavo
  • Pan
  • Plátano
  • Froitos secos
  • Mel
  • Auga

Josefa Rivera foi a responsable de supervisar a actividade, dar unha charla sobre e alimentación saudable e explicar como debe realizarse unha limpeza bucocental axeitada.

 

 

 

Cada neno/a trouxo os seus enseres para tomar o almorzo, ademais da pasta e o cepillo de dentes para realizar o proceso completo.

Botádelle unha ollada á xornada completa clicando nas fotografías!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut