Skip to Content

Obradoiros/Outras actividades

ROSCO DE AMOR ROMÁNTICO

Venres 22 de novembro de 2019

O alumnado de 5.º e 6.º de Primaria participou nunha actividade sobre

IGUALDADE

chamada

"Rosco de Amor Romántico"

 

 

SIMULACRO EVACUACIÓN

Venres 7 de xuño de 2019

Hoxe realizamos no colexio un simulacro de evacuación no que contamos coa asistencia dos bombeiros.

Ademais de valorarnos para detectar posibles erros, tamén deixaron subir aos máis cativos ao camión.

 Un ano máis queremos agradecer a colaboración dos bombeiros do

Concello de Sanxenxo cos centros educativos!

 

CONCURSO "OS PICARIÑOS" 2019

Martes 14 de maio de 2019

    Un ano máis o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo,     

    convocou o XXVII Certame Escolar-Cultural "Os

    Picariños" Premios Mestre Hermida 2019.

    Nesta edición, 4 alumnas de 3.º de Primaria do noso

                          centro resultaron gañadoras:

  • 1.º Premio Poesía: Antía Rodríguez Requejo
  • 1.º premio Narrativa: Paola Martínez Veiga
  • 2.º premio Narrativa: Lúa Rodiño Alves
  • 3.º premio Narrativa: Mia Geary Názara

A entrega de premios terá lugar na Praza Pascual Veiga (Sanxenxo) o vindeiro venres 17 de maio ás 12:00h., nun acto organizado polo Concello con motivo das Letras Galegas.

Parabéns a todas as gañadoras!!!

 

PLAN INTERNATIONAL: ACTIVIDADE IGUALDADE DE XÉNERO

Martes 30 de abril de 2019

Un ano máis a ONG Plan International contou co noso centro para desenvolver unha actividade sobre "IGUALDADE DE XÉNERO".

A través das súas propostas, o alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria puido coñecer a situación real de moitas nenas e mulleres do mundo.

Para acadar a igualdade é necesario:

CAMBIAR CRENZAS             ELIMINAR BARREIRAS DE XÉNERO

VISIBILIZAR OS PROBLEMAS     CAMBIAR COMPORTAMENTOS

DEFENDER OS DEREITOS DA INFANCIA         CONCIENCIAR...

Se queres saber máis sobre Plan International e as iniciativas que están a desenvolver en todo o mundo só tes que clicar na seguinte imaxe.

 

CHARLA DENTISTA

Xoves 4 de abril de 2019

"COIDANDO OS NOSOS DENTES"

O dentista Eugenio García visitou hoxe o noso centro para achegar aos nenos/as información tan importante como:

  • Que son as caries e como se forman?
  • Alimentos prexudiciais para os nosos dentes.
  • Como cepillar correctamente a dentadura?
  • Consellos para ter unha boa hixiene bucodental.
  • ...

Foi unha charla interesante da que sacamos conclusións moi útiles.

Moitas grazas ao Dr. Eugenio García González pola súa visita!

 

TESOUROS NO LIXO

Luns 11 de febreiro de 2019

O alumnado de Educación Infantil participou nun obradoiro organizado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo.

A proposta, titulada "Tesouros no lixo", tiña por obxectivos:

  • Dar a coñecer a problématica asociada aos residuos.
  • Informar do funcionamento da recollida selectiva dos residuos e concienciar da súa importancia para a correcta xestión do lixo.
  • Concienciar para a correcta redución, reutilización e recollida selectiva dos residuos.

A través da reprodución dun DVD e da realización dun obradoiro, aprenderon que debemos facer cos residuos para non danar a natureza.

 

OBRADOIRO "MEDRANDO EN IGUALDADE"

Venres 16 de novembro de 2018

Os alumnos/as de 5.º e 6.º de Primaria participaron nun obradoiro sobre igualdade enmarcado no proxecto "Sanxenxo en igualdade".

A psicóloga Paula Sánchez foi a encargada de desenvolver a iniciativa:

"MEDRANDO EN IGUALDADE"

A través desta proposta os alumnos/as traballaron a coeducación e a sensibilización na igualdade de xénero, avaliando como se adquiren os roles e estereotipos de xénero, os factores que inflúen na aprendizaxe, así como o papel que para a infancia xogan as persoas adultas, películas, contos, música... como modelos de adquisión de valores.

Entre todos/as debemos crear un entorno marcado pola igualdade de oportunidades e dereitos, alonxado de calquera forma de violencia.

 

ALMORZO SAUDABLE

Xuño 2018

Este martes, día 19 de xuño do 2018, no CEIP Plurilingüe Nantes organizamos un ALMORZO SAUDABLE no que participaron os nenos e as nenas na compaña das familias e dos mestres e das mestras. Había froita, leite, froitos secos, pan, café, cacao, tomate, auga, aceite, iogur, pavo... DELICIOSO!

Moitas gracias pola asistencia e a colaboración!

 

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Xuño 2018

Este martes, día 19 de xuño do 2018, realizamos no centro un simulacro de evacuación. A parte máis emocionante foi ver a chegada dos bombeiros! Tamén nos deixaron subir ó camión e ver o material co que traballan.

MAXIA VS CIENCIA

Xoves 22 de marzo de 2018

Con motivo da celabración da IV Semana da Ciencia recibimos a visita do mago Paco. A través de dous espectáculos demostrou que a maxia e a ciencia, dúas disciplinas que a priori non teñen nada en común, se parecen máis do esperado.

O primeiro, titulado "A maleta viaxeira", ía dirixido ao alumnado de Infantil e 1.º e 2.º de Primaria. Nel mesturou a maxia co mundo dos contos: libros con lume, moedas dun tesouro que aparecían e desaparecían, contos en branco que se enchían de cores... Os máis cativos quedaron abraidos cos trucos!

Distribuir contido


by Dr. Radut