Skip to Content

Obradoiros/Outras actividades

MANNEQUIN CHALLENGE

Decembro 2016

Coñecedes o reto do Mannequin Challenge?

Si... Non...?

Consiste en grabar un vídeo con todos os protagonistas inmóbiles, como nunha escena conxelada. Para que o impacto sexa maior, os participantes teñen que quedarse quedos na postura máis orixinal ou divertida posible.

Pois... no cole puxémonos mans á obra e sumámonos á moda do momento.

Fixémolo xenial e este é o resultado do noso desafío!!!

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

 

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

Luns 20 de xuño de 2016

Hoxe realizamos o último simulacro de evacuación do centro, pero nesta ocasión recibimos a visita dos bombeiros.

Tivemos a sorte de que nos deixaron probar os seus cascos.

Tamén subimos aos camións!!!

E para rematar, unha pouqiña de auga para refrescarnos.

 Se queredes ver máis, só tedes que clicar nas fotografías.

 

COÑECEMOS A ONG PLAN INTERNATIONAL

Xoves 2 de xuño de 2016

Hoxe recibimos a visita da ONG Plan International, unha organización que naceu en España no ano 1937 e que realiza actividades de axuda en zonas de guerra, organiza plans de asistencia en casos de emerxencia e leva a cabo proxectos a longo prazo para axudar aos nenos e nenas, ás súas familias e ás súas comunidades en países en vías de desenvolvemento.

Traballa en máis de 50 países de África, Asia e América Latina e está presente en 21 países donantes.

(Clicade na imaxe para acceder á páxina web de Plan International)

Nas 2 xornadas que desenvolvemos no colexio déronnos a coñecer a súa importante labor e preparamos a visita de mañá ao Parlamento de Galicia, na que presentarán a campaña "Girl4President", un movemento a favor dos dereitos das nenas que nace co obxectivo de aumentar a concienciación sobre a discriminación e a violencia que sofren.

Se clicades nas fotografías poderedes ver a xornada completa.

 

GRAZAS A PLAN INTERNATIONAL POLA SÚA ADICACIÓN!

 

AS AVES SILVESTRES E O SEU HÁBITAT

Martes 3 de maio de 2016

Os alumnos/as de 6.º curso de Primaria recibimos a visita da SEO/BirdLife (Sociedade Española de Ornitoloxía), a organización pioneira da conservación da natureza e a biodiversidade en España.

Entre os seus obxectivos están:

  • Conservar as aves silvestres e o seu hábitat.
  • Difundir o coñecemento, o aprecio e o respecto ás aves e á natureza en xeral.
  • Practicar a educación ambiental.

A través desta actividade aprendemos o nome de moitas aves silvestres, tomamos conciencia da importancia de conservar a contorna e coñecemos varias zonas moi próximas a nós que teñen unha gran biodervisidade que todos debemos conservar, como son:

Unha actividade fantástica que "Contaxia Natureza".

 

ATLETISMO: 4.º e 5.º PRIMARIA

Martes 3 de maio de 2016

Os alumnos/as de 4.º e 5.º de Primaria visitaron o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para coñecer a práctica do atletismo, un deporte que abarca numerosas disciplinas agrupadas en  carreiras, saltos, lanzamentos, probas combinadas e marcha.

Aí practicaron as diferentes modalidades guiados polos profesores do centro.

A actividade resultou fantástica e espertou a curiosidade de moitos nenos/as por este completo deporte.

(Podedes ver toda a xornada clicando nas fotografías)

 

ALMORZOS SAUDABLES

24, 25 e 27 de novembro de 2015

Ao longo desta semana, participamos no programa "Almorzos Saudables", unha actividade que desenvolve a Consellería de Sanidade, e ten como obxectivos fomentar o hábito do almorzo, conquerir unha alimentación saudable e mellorar a sáude bucodental do alumnado.

 

O centro foi o encargado de organizar e preparar os almorzos. Para realizar esta última tarefa contamos coa colaboración das familias.

 

 

 

 

 

 

 

Os alumnos/as, divididos en tres grupos (Infantil / 1.º, 2.º e 3.º / 4.º, 5.º e 6.º), degustaron un delicioso almorzo saudable de tipo inglés, formado por:

 

  • Leite con cacao.
  • Zume de laranxa.
  • Pan.
  • Ovo revolto con xamón.

 

Cada neno/a trouxo os seus enseres para tomar o almorzo, ademais da pasta e cepillo de dentes completar así todo o proceso.

 

Josefa Rivera, a Xefa Territorial de Sanidade, encargouse de supervisar a actividade, dar unha charla sobre a importancia da alimentación saudable e explicar como debe realizarse unha limpeza bucodental axeitada.

Os resultados foron fantásticos. Seguro que

repetiremos outro ano.

(Clicade sobre as fotografías para acceder á galería)

 

"NOSOS AMIGOS OS BOSQUES"

Mércores 13 de maio de 2015

Os alumnos/as de Educación Infantil participaron nun obradoiro organizado pola Concellaría de Medio Ambiente de Sanxenxo titulado "Nosos amigos os bosques", unha inicitiva que ten como obxectivos dar a coñecer a importancia dos bosques e fomentar a necesidade de coidar a natureza.

A actividade comezou cunha representación teatral e ramatou coa elaboración dun títere sobre a obra.

 Unha boa proposta para lembrar o importante que é coidar o medio que nos rodea!

 

ÚLTIMA SESIÓN LONXA-ESCOLA

Martes 14 de abril de 2015

Hoxe tivo lugar a última sesión do programa Lonxa-Escola.

 

Foi un final mooooooi especial e inesperado.

 

 

Continuamos a achegarnos ao traballo pesqueiro e aos seus productos pero, nesta ocasión, fixémolo a través da lingua de signos propia das persoas con discapacidade auditiva.

Ensináronnos varias expresións e o nome dalgúns animais mariños. Para rematar, aplicamos o aprendido simulando unha compra nunha peixería.

 

Podedes ver esta xornada cargada de valores premendo na seguinte fotografía:

 

MOITAS GRAZAS POR ACHEGARNOS ESTA INICIATIVA TAN INTERESANTE!!!

 

OBRADOIRO LONXA-ESCOLA

Martes 18 de novembro de 2014

Martes 13 de xaneiro de 2015

Ao longo destas dúas xornadas, os alumnos/as dos diferentes ciclos participaron en varios obradoiros enmarcados dentro do programa Lonxa Escola, unha iniciativa promovida pola cofradía de pescadores de Portonovo que pretende dar a coñecer o sector pesqueiro de Galicia.

Se queredes saber máis sobre o proxecto só tedes que clicar na seguinte imaxe:

Para acceder á galería e ver as actividades desenvolvidas premede na fotografía:

 

OBRADOIRO "A MIÑA ROUPA TEN MÁIS USOS"

O martes 20 de maio foi un día moi completo para os nen@s de 1.º de Primaria.

Comezamos a mañá cunha sesión de contacontos e rematámola cun obradoiro titulado "A miña roupa ten máis usos", promovido pola Concellaría de Medio Ambiente de Sanxenxo. O seu obxectivo é fomentar o reciclado e a reutilización da roupa entre o alumnado de 1.º curso.

Despois da prestar moita atención á explicación que nos deu Luís sobre o proceso de reciclaxe que segue a roupa, elaboramos unhas marionetas fantásticas con calcetíns.

 

Comezamos facendo a cara.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 E rematamos poñéndolle pelo de cores e decorando con rotuladores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 Todos marchamos moi contentos coas nosas

marionetas!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut