blogue desol

Biblioteca Inclusiva: Cuetos con pictogramas - audiovisuales

Audiciones y videos de  literatura infantil en pictogramas

 

  • A QUE SABE LA LUNA

  • JOSÉ EN EL PARQUE

 

  • JOSÉ EN LA CALLE

  • LA COMIDA DE JOSÉ

  • JOSÉ EN EL PARQUE 

  • JOSÉ EN LA PELUQUERÍA 

  • JOSÉ EN SU CUMPLEAÑOS 

  • LA ROPA DE JOSÉ 

  • JOSÉ ESTÁ SORPRENDIDO 

  • JOSÉ ESTÁ CONTENTO 

 

BIBLIOTECA INCLUSIVA RECURSOS ONLINE

RECURSOS BIBLIOTECA INCLUSIVA

 

 

 

     
     

 

   

 RECURSOS PARA

NIÑOS CON CEGUERA

PDF

 
     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Biblioteca 2021

 

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o día da biblioteca, ese espazo máxico onde habitan os libros que nos abren portas a mundos fantásticos e que fan medrar a nosa imaxinación.

Para esta celebración participamos, xunto co resto de integrantes do colectivo LemosLe  na entrevista que se realizoua Noa Moreira,

  entrevista que podedes ver e escoitar neste vídeo.

 

 Pero ademais, O venres 22, o alumnado de 6ºA escribiu e recitou Poesías de Cores, poesías que compartiron con todos en RadioForte.

     

Feliz día da Biblioteca!

Durante a semana iremos realizando varias activiades para conmemorar o día das Bibliotecas, actividades que iremos poñendo a continuación: 

  • Luns 25: O alumnado de 2ºB  visita a radio para  decirnos cales son os seus Libros Favoritos.

              

  • Martes 26: O alumnado de 2ºA vista a radio para decirnos cales son os seus Libros Favoritos

           

 

Día das Escritoras

 

Este luns, 18 de outubro, celebrouse o Día das Escritoras.

 No cole, durante a semana:

  • Investigamos por que esta celebración ten lugar a mediados de outubro.
  • Coñecemos algunhas das creacións literarias das nosas alumnas de 6º  e,
  • En coordinación co colectivo LemosLe, un ano máis, aproveitamos estas datas para achegarnos a unha escritora da nosa contorna, Olga Novo, e afondar nunha das súas creacións,

 

o texto xornalístico “O pequeno Petrucio e a naiciña nena” o que nos permitiu coñecer a vida familiar, social, laboral e cultural dos habitantes dunha aldea da Pobra, vistas a través dos ollos dunha nena nada en 1975.

 

Este foi o resultado:

  • Por que se celebra a mediados de outubro o Día das Escritoras?
  •  As nosas Escritoras de 6ºA
  • As nosas Escritoras de 6º B
  • Olga Novo, "O pequeno Petrucio e a naiciña nena”

 

 

 

 

 

O pequeno petrucio e a naiciña nena de reli sol

A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA (2021-2022)

 

  A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para as bibliotecas escolares de Galicia, durante o curso 2021 - 2022, pon  o foco na palabra e na oralidade a través do lema " A Biblioteca Escolar ten a Palabra".

A  BIBLIOTECA  ESCOLAR  TEN  A  PALABRA

Imaxe: Pablo Otero

 

     "Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as  bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia. 
 
 
     Máis aínda, como instrumentos a favor da equidade, as bibliotecas dos centros educativos deben procurar o acceso igualitario ao coñecemento e uso do léxico que garante unha mellor comprensión lectora, toda vez que os expertos nos falan da diferencia abafante entre o número de palabras que contén o léxico do alumnado de infantil en función dos contextos familiares, diferencia que marca xa as posibilidades de éxito fronte á lectura. 
 
 
    Na súa constante e natural evolución, as bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade secundaria, que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas: unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles. 
 
 
    A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade." 
     

 

Horario apertura 21-22

RECOMENDACIÓNS LECTORAS LEMOSLE - VERÁN 2021

 

Tamén no verán 

un libro na mán.

 

Boas Lecturas para todas e todos!

 

 

Felices Vacacións!

 

ANDAINAS POLO CAMIÑO DE INVERNO

 

Aproveitando que por esta cidade pasa o Camiño de Inverno, que mellor cologón para o Proxecto: "Xacobeo - Camiño de Santiago" que percorrer  algún tramo do camiño situado no concello de Monforte.

Con ilusión, sen importar que estaba previsto que chovera, todos os cursos saíron facer a súa andaina: 

  • O alumnado de percorreu o tramo desde Reigada ao centro da cidade,

 

  • O alumnado de subiron ata San Vicente:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • O alumnado de fixo un percorrido urbano:

 

 

 

  • O alumnado de, seguindo a ruta do Camiño de Inverno sinalizada na cidade, sube ata San Vicente e logo baixa ata a rotonda do Peregrino, situada en A Vide.

 

    • Saímos do colexio dirección Noreste 

    • Cruzamos o Río Cabe 

 

    • Xusto ao cruzar a ponte atopamos unha cuncha de vieira que nos indica a dirección a seguir. Temos que desviarnos porque está cortada.  

    • Continuamos pola Rúa Doutor Casares e Rúa da Costa. Desde esta última entramos no Parque dos Loureiros. Subimos polo sendeiro ata chegar a San Vicente.

  • En San Vicente obserbamos a Torre da Homenaxe e as fermosas vistas da cidade.

  • Descansamos nas escaleiras do Parador e observamos e analizamos a súa fachada.

    • Na Praza de Luís de Gongora, observamos e analizamos o escudo do Pazo dos Condes 

    • Baixamos ata a Praza de España e analizamos o seu cruceiro.

 

    • Continuamos pola Rúa do Comercio, facendo unha parada explicativa sobre a Oficina de Información e o Museo do Viño e Sede do Consello Regulador da Ribeira Sacra.

    • Desvíamonos a ver a Casa máis estreita de Galicia (1,5 m de ancho e 20 m de profundidade) sitúada perto do Museo Lodeiro.

    • Continuamos pola ponte medieval. 

    • Ao final da ponte atopamos un Cruceiro e o Convento das Clarisas, edificio no que se atopa o Museo de Arte Sacro.

    • Tras un breve descanso explicativo diriximonos a Praza de San Antonio. Onde está o Concello e no centro un Cruceiro de base octogonal muy antigo.

    • Xa toca repoñer forzas. Merendamos gardando a distancia de seguridade.

    • Despois da merenda diriximonos a A Vide para intentar a última pregunta do noso formulario sobre que simbolos xacobeos se poden ver na estatúa do peregrino que está na rotonda. Aquí finaliza o noso percorrido polo Camiño de Inverno. Camiño que como indica o peregrino continúa por A Vide.

    • De regreso ao cole facemos outra paradiña para beber e descansar. 

 

 

  • Xa no colexio recollemos os formularios das preguntas coas respostas, un por grupo. A última pregunta, referida as distancias, deberemos volver comprobar pois non había acordo entre os grupos.

 

E para rematar aquí tedes duas imaxes informativas con algunha pregunta por si queredes recordar e fixar información.

 

 

 .........................................................

 

 Unhas andainas moi pracenteiras e didácticas para apreciar o entorno e gozar dunha xornada festiva na compaña dos compañeiros de clase e dos profesores.

 

Bo Camiño!

 

Distribuir contido