blogue desol
MARTES CIENTÍFICOS: plastilina con olor a violetas
Enviado por sol o Mér, 05/31/2023 - 08:07Un martes máis o alumnado de 1ºA e a súa titora Ana presentan un novo experimento.
Nesta ocasión o proceso de realización que se incorpora ao noso libro "Somos científicos" está escrito en inglés.
SABELA GAGO: CONTADA CO ALUMNADO DE 3º E 4º
Enviado por sol o Mér, 05/31/2023 - 07:59Onte 30 de xaneiro houbo contada
Con Sabela Gago desfrutamos, imaxinamos e vivimos os contos.
unha sesión na que desfrutamos a tope con esta grande atriz e pedagoga, xa coñecida no centro e que nunca defrauda.
Grazas Sabela!!!
OBRADOIRO DE RADIO CON: JOSÉ MARÍA BARÁ
Enviado por sol o Mér, 05/31/2023 - 07:40Este luns, 29 de maio, o alumnado de 3º e 5º de primaria comezamos a semana cun obradoiro de radio SUPER interesante impartido por D. José María Bará.
Para facilitar a formación e a participación de todo o alumnado organizaronse dúas sesións unha para 3º de primaria e outra para 5º. En ámbas sesións, José María, centráse nos dous aspectos fundamentais da radio na biblio:
- a expresión oral e escrita: preparación do guión e locución
- a utilización das novas tecnoloxías da información: tecnoloxía e boas prácticas.
,
Excelente experiencia formativa que tivo unha moi boa acollida.
Posteriormente o profesorado tivemos a oportunidade de resolver dudas e ampliar coñecementos para mellorar a utilización do noso locutorio de radio.
Vaia o noso agradecemento a José María Bará por esta labor formativa que nos é de gran axuda.
ADOPTA UN LIBRO
Enviado por sol o Mér, 05/31/2023 - 07:17
O mércores 25 de maio tivo lugar a 1ª Campaña Solidaria deste curso realizada cos libros do expurgo da biblioteca.
ADOPTA UN LIBRO
En tan só 2 días todos estes libros foron adoptados
Felices pola excelente acollida.
En breve, a biblioteca ofertará un novo lote de libros para adoptar e así prolongar a súa vida, unha nova oportunidade de acompañar outras mans amigas nas que espertar novas ilusións.
Boa Lectura!!!
INTERCENTROS TEATRAL
Enviado por sol o Mér, 05/24/2023 - 07:34Onte, froito dunha colaboración intercentros a prol da dinamización da lingua, da lectura, da expresión oral... da cultura en xeral, o grupo de teatro do CEIP A GÁNDARA representou na biblioteca
Estupenda actuación.
Na vindeira semana o noso grupo de teatro representará na Gandara a súa obra.
Fermosa experiencia intercentros.
ENCONTRO CON: Ana Meilán
Enviado por sol o Mar, 05/23/2023 - 07:48Comezamos a semana coa visita de Ana Meilán, escritora nada en Taboada (Lugo), amante da literatura infantil, unha excelente narradora e tamén autoeditora dos seus libros "Entre nubes y cuentos".
O alumnado de infantil e 1º ciclo agardaban con ilusión o encontro coa escritora e creadora de historias que previamente estiveron lendo na hora de ler e coas que desfrutaron moito.
(este é so un exemplo: aquí podemos ver ao alumnado de 2º que aproveitou a lectrura dun libro de Ana Meilán para estar por 1ª vez na pérgola, aínda en obras)
O encontro organízase en tres sesións:
1ª sesión: Familiando co alumnado de infantil
2ª sesión: As chaves dos soños con 1º, 2º e 3º
3ª sesión: O que a serea esqueceu, con 5º e 6º. Obradorio de escritura.
(fotos pendentes)
ENCONTRO CON: María Canosa, A cazadora de estrelas
Enviado por sol o Xov, 05/18/2023 - 06:24
- 14 de abril: nai de Xiana
- 19 de abril: nai de Anxela
- 21 de abril: nai de Antón
- 24 de abril: nai de Martín
- 26 abril: nai de Pablo
- 2 maio: nai de Lucas
Moitas GRAZAS familias!!!
A vosa implicación e colaboración é un dos piares fundamentais sobre os que se asenta o Proxecto Lector de Centro.
e ao remate deste encontro, agardado con tanta ilusión, María Canosa asinou, un a un, todos os nosos libros.
Grazas María por visitarnos e valorar tan positivamente as nosas particulares ilustracións da Cazadora de estrelas.
Agardamos con ilusión a publicación de novos libros teus.
Ata a próxima!!!
OS VENRES... UN CONTO: A cebra Camila polo Grupo de Teatro de 4ªB-R.
Enviado por sol o Mar, 05/16/2023 - 11:29Amaia contaxia a súa ilusión de representar unha obra de teatro na biblioteca o venres, na hora do conto. Elixido o conto a representar os seus compañeiros (Óscar, Manuel, Montserrat, Julia, Fabio, Lucía e Andrea) non dudaron en sumarse ao proxecto, ainda que os ensaios eran no recreo.
Con moita ilusión e case sen axuda o resultado foi excelente.
Unha fermosa representación da Cebra Camila, para alumnado de primaria e infantil.
Tanto gustou que, por petición de profesorado e alumnado a nosa directora, foi preciso facer unha terceira representación para alumnado de primaria.
Parabéns!!!!!!!!!!
Grazas
DÍA DO LIBRO 2023: Investigación, Escritura e Oralidade, 3º Ciclo de Primaria.
Enviado por sol o Xov, 05/04/2023 - 07:40"Lectura, Información e Aprendizaxe" folla de ruta das Bibliotecas Escolares na actualidade foi tamén a nosa guía para a celebración do Día do Libro 2023 baixo o lema "A escritura importa".
- Investigamos e realizamos unha liña do tempo sobre a "Orixe e Evolución da Escritura"; alumnado de relixión
Continuará
DÍA DO LIBRO 2023: Escribimos Microrrelatos -2º Ciclo Primaria.
Enviado por sol o Xov, 05/04/2023 - 06:47Para conmemorar o Día do Libro 2023, o alumnado do 2º ciclo de primaria opta pola escritura de dous microrrelatos, un por nivel.
Actividade coa que se busca fomentar e dinamizar a escritura, a sociliadización, o traballo en equipo, o coñecemento do entorno próximo e continuar profundizando sobre o papel da chegada e presenza do tren a Monforte a través dunha viaxe en tren:
- UNHA VIAXE EN TREN POR MONFORTE, 3º de Primaria
- UNHA VIAXE EN TREN POLA RIBEIRA SACRA, 4º de Primaria
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »