A ONU decidiu conmemorar o Día Mundial da Radio o 13 de febreiro porque esta é a data na que se creou a Radio das Nacións Unidas, en 1946. A celebración do Día da Radio foi proclamada en 2011 e é oficial desde 2012, cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a designación deste día como Día Mundial da Radio (WRD).
Radioforte aproveitando esta data organiza un obradoiro formativo para o alumnado de 4º impartido por Pablo Bernedo de ECO FM.

Pablo compartiu con nos a súa afección pola radio, os seus inicios, os lugares e persoas que tivo e ten a oportunidade de coñecer grazas a radio... pero sobre todo o seu amor pola radio, “e moi importante que che guste”

Por outra banda tamén nos comentou que ademais de ter uns bos medios técnicos e saber utilizalos os traballadores da radio teñen que formarse e informarse. Todo programa require unha labor de información e programación previa.
Respondeu a preguntas:
“-Os índices de audiencia mostran si estamos no bo camiño”,
“-coñecín a Ronaldo, -a Chechu Salgado, recentemente galardoado cun Goya... – a Messi non...”
“- grazas a radio viaxei a Macedonia ...”
E para finalizar tivo lugar a parte práctica, un programa informativo, sobre Rosalía de Castro e San Valentín, coa información que previamente o alumnado seleccionara.
Mediante a técnica do flash back, escoitaron a súa voz, comprobaron a importancia de non tocar o micro, colocarse a distancia adecuada, falar ao micro, empregar o ton adecuado e sobre todo non berrar e gardar silencio para evitar o rum rum de fondo...
Unha importante lección práctica.
A continuación podedes escoitar a gravación de 4ºA sobre San Valentín,. Trátase dunha gravación directa a que tan só se recortaron os comentarios formativos do mestre e algún ruído.

Unha fermosa experiencia formativa de grupo que agardamos sexa un comezo de grandes amantes da radio e reporteiros.
Grazas Pablo pola túa colaboración.