O planeta dos elefantes

Blogue de 5º de infantil (4 anos)

Fotos do primeiro trimestre

Ola, ola!!!

Iniciamos un novo curso na aula dos Elefantes. 

Aquí estamos todos e todas.

 

 

Pouco a pouco, case sen darnos conta, chegou o outono e fixemos algúns traballiños

 

 

 

 

 

 

 

O día 28 chegamos á clase todos disfrazados para celebrar o Samaín e o magosto.

Pasámolo xenial!!

 

 

 

 

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola familias!

Estamos xa de volta por aquí para contarvos algunhas cousas que foron pasando na Aula dos Planetas.

Comezamos setembro, traballando o DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO, unha proposta artística que se debe a Peter H. Reynolds, autor do conto do mesmo título "EL PUNTO". Dita celebración nace co obxetivo de animar ás persoas de todas as idades a aproveitar a súa creatividade, e nos, non íamos a ser menos.

Aquí tedes un resumo das nosas obras artísticas dedicadas a este conto.

 

Chegou o outono, e decoramos a nosa aula cunha manualidade moi bonita, que  fixemos coa axuda de garfos.. quedounos xenial, verdade?

Un día cando chegamos á nosa aula, había unha caixa misteriosa, na que encontramos unha fotografía dunha muller, moitos gomets  de círculos de diferentes cores e un nome que poñía Yayoi Kusama. Como nos sabíamos quen era, pedimos axuda as familias, e descubrimos moitas cousas, que estamos a recoller nun libro, e grazas a esa información convertémonos en auténticos Yayoi Kusamas, e empezamos a recrear diferentes obras desta pintora.

 

 

En outubro, chegou a gran festa do Samaín, e como xa é habitual desfrutamos dunha festa terrorífica onde poidemos xogar en direfentes rincóns como; mesa de luz, mesa sensorial, búsqueda da palabra secreta, zona de luces, zona de arte , etc. Como era de esperar, pasámolo en grande.

 

E para rematar a festa sacamos fotos nun photocall que fixo unha familia da aula de 5 años, que era precioso.

 

Como vedes pasaron moitas cousas na nosa aula, e seguirán pasando, así que pronto nos veremos de novo por aquí.

Ata aquela, un saúdo enorme.

 

COÑECEMOS AS ABELLAS

O PASADO VENRES DISFRUTAMOS DA VISITA DUN PAPÁ  DA CLASE DE 4 ANOS, QUE NOS VEU CONTAR COUSAS MOI INTERESANTES ACERCA DAS ABELLAS E DO IMPORTANTE PAPEL QUE DESEMPEÑAN NO NOSO ECOSISTEMA.

A VERDADE E QUE PASAMOS UN RATO MOI DIVERTIDO, E NAS SEGUINTES IMAXES PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO DA VISTA.

 

 

 

 

 

 

AULA DOS PLANETAS E DOS ELEFANTES

 

 

UN DÍA DIFERENTE!!!

OLA FAMILIAS!

HOXE DESRUTAMOS DUN DÍA DIFERENTE...FOMOS DE RUTA POR MONFORTE, MERENDAMOS NA PRAZA DE ESPAÑA E  GOZAMOS DUNHA OBRA DE TEATRO CREADA POR COMPAÑEIROS DO NOSO COLEXIO, QUE FALABA DAS DIFERENTES CORES.. E TEMOS QUE DECIR QUE O FIXERON DE MARABILLA!!

AQUÍ TEDES ALGUNHAS FOTOS DO BEN QUE O PASAMOS!

 

 

 

 

 VÉMONOS PRONTO!!

AULAS DOS PLANETAS E DOS ELEFANTES

 

Ola familias!

Como ben sabedes no segundo trimestre comezamos a traballar o proxecto sobre o noso corpo. Os pequenos/as están aprendendo moito e ademais contamos coa colaboración de persoal pertencente á rama sanitaria, que se achegou ó cole para compartir os seus coñecementos e amosar as súas profesións ós nenos/as.

Moitos deles foron familiares dos alumnos/as, que recibimos encantados por colaborar con nós. 

A continuación deixámosvos unhas fotiños destas visitas:

 

Ata pronto!

O planeta dos elefantes.

OBRA DE TEATRO: SAAAABOR!

Hoxe desfrutamos no colexio, dun espectáculo cómico chamado SAAABOR,  que mezcla música, maxia, humor, ritmo e a participación do público co mundo da gastronomía saudable de fondo. 

No espectáculo, dous recoñecidos chefs chegaban o noso colexio nunha peculiar food-truck ca idea de mostrarnos as súas habilidades, pero as cousas non acababan de funcionar como desexaban…

Aquí podedes ver algunhas fotos do espectáculo, que sen duda fíxonos rir e pasar un rato estupendo.

 

 

 

Aulas dos Planetas e dos Elefantes.

 

CONTACONTOS "OS 3 PORQUIÑOS"

Hoxe viñeron á escola a contarnos a través dun contacontos musical, a verdadeira historia dos 3 porquiños Fusco, Xaquín e Maruxa.

Con diferentes contos e instrumentos de música, fomos descubríndoa e pasamos un momento do mais divertido. 

Aquí podedes ver algunhas fotos..

 

Vémonos pronto con máis novas.

 

Aulas dos Planetas e dos Elefantes

Ola familias!

Queremos contarvos algunhas cousiñas que fixemos neste segundo trimestre.

Participamos nun taller de emocións onde coñecemos a un monstro moi chulo!

 

 

Visitamos a Casa da Fonte. Nesta saída pasámolo xenial vendo animaliños e facendo manteiga!

 

 

E celebramos o Entroido! Cumprindo as ordes do meco, disfrazándonos e facendo un desfile co resto do cole!

 

Ata pronto!

Os planetas e os elefantes.

XA REMATOU O 1º TRIMESTRE

Ola familias!

Xa rematou o 1º trimestre e xa estamos metidos en pleno Nadal, pero antes de despedirnos ata o ano que ven, queremos contarvos algunhas cousas ...

 O longo de estas últimas semanas, todas as aulas de infantil, estiveron preparando unha sorpresa que chegaba as vosas casas en forma de carta. Nas seguintes fotos, podedes ver con que ilusión foron os vosos fillos e fillas a meter ditas cartas no buzón... Esperamos que vos gustase a sorpresa, porque a fixeron con moito cariño e ilusión.

 

 

 

 

O derradeiro día de clases tivemos a visita de Papá Noel, ¡Foi unha auténtica sorpresa!

 

E tamén tivemos a vista duns amigos un tanto especiais, 3 cans chamados Arnold, Thor e Anca, do servicio de Cans de Salvamento de Galicia (CASAGA) , que mediante o programa "Canvivindo" fixeron que pasaramos un rato fantástico e coñeceramos un pouco máis sobre o seu coidado e o seu traballo. Unha actividade maravillosa!

 

 

 

E sen máis, desexámosvos que pasedes unhas boas festas!

Vémonos pronto

Os Elefantes e os Planetas

 

XOGOS DO MAGOSTO

OLA FAMILIAS!

XA ESTAMOS DE NOVO POR AQUÍ PARA CONTARVOS QUE HOXE DESFRUTAMOS XUNTO CO RESTO DO COLEXIO, DUNS DIVERTIDOS XOGOS DO MAGOSTO, E  COMO PODEDES VER A CONTINUACIÓN,  PASÁMOLO EN GRANDE.

               

                 

 

 

               

             

 

VÉMONOS PRONTO!

OS PLANETAS E OS ELEFANTES

 

Distribuir contido