Blog 1º B

Festa Fin de Curso

Chegou o remate de curso e con el os nervios e a ilusión polas vacacións de verán. Recordade que a nosa participación nos Festivais de Nadal e de Fin de Curso podédela ver nos genially que se elaboraron para ambas ocasións e que se atopan na información central da páxina web.  Estamos de festa gastronómica na aula e de xogos no patio. Ata o curso que ven

Sorriso biquiños a tod@s

Excursión de Fin de Curso

Foi unha idea xenial programar esta excursión á Escola de Hostelería  Fundación Belarmino Fernández en Rosende. Recibíronnos estupendamente e permitiron que participaramos na elaboración dos alimentos e bebidas que logo poidemos degustar. Por todo isto moitas grazas.

Saídas

Fixemos unha andaina por Monforte. Subimos ao monte de San Vicente e vimos a Torre da Homenaxe. Despois baixamos observando a muralla e as portas.

 

 

 Adiviña onde está o noso cole

 

Tamén visitamos o Centro do Camiño de Inverno e o Malecón

Bibliocolaboradores

Tivemos a sorte de que visitaran a nosa aula  bibliocolaboradores voluntarios de Biblioforte para facer contacontos e lernos libros do noso interese. Grazas

Teatro

Sempre estamos atentos nas obras de teatro e nos contacontos.

- Teatro en inglés

 

- Teatro no patio

Celebracións

Pasámolo moi ben nas festas do cole.

- Magosto e Samaín

 

-Visita de Papa Noel

 

-A PAZ

 

- O Entroido

Obradoiros

Durante todo o curso participamos en obradoiros nos que colaboraron con nós diferentes persoas e entidades.

-Canvivindo,  ofreceronnos unha charla sobre o coidado das mascotas e a importancia dos cans  de salvamento, así como una demostración fantástica

 

- A importancia das emocións e a autoestima

 

- o 8 M

 

- Happy Easter

 

- Poesía creativa

 

- Coñecer o labor da Policia Nacional

 

 

Proxectos

Ao longo do curso realizamos varios proxectos nos que aprendimos e nos divertimos moito.

Algúns deles foron.

- Axudar a manter limpo o patio e o noso entorno natural

 

-A natureza

 

- A importancia das tres R. Reduce, Recicla e Reutiliza

 

- Colaborando nos proxectos organizados dende  Biblioforte, a biblioteca do cole

 

- Xornada de xogos organizados no patio

A nosa colleita

Comezamos o curso recollendo os froitos  que nos dan as plantas que puxemos no horto o curso anterior.  

 

Distribuir contido