Novas tecnoloxías (TICs)

Visita virtual da Investigadora María Fernández ao noso centro

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 70/474/Add.2 de 2015, decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.

 

 

A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas. 
 
 
 
Para conmemorar este día no noso centro, convidamos a unha visita virtual na nosa biblioteca á Psicóloga e investigadora monfortina María Fernández, que ven de recibir un premio internacional de neurociencia polos seus estudios sobre o proceso de lectura.
 
 
María Fernández López licenciouse en psicoloxía pola Universidade de Santiago e ten ademáis un máster pola Universidade de Valencia, onde actualmente imparte clases no departamento de metodoloxía das ciencias de comportamento ao tempo que realiza tarefas de investigación. 
 
Tamén ten partcipado activamente en congresos científicos en España, Reino Unido, Alemania, Rusia, Canadá e EEUU,e ten publicado diversos traballos en revistas especializadas. 
 
O proxecto polo que foi premiada estudia o funcionamento do cerebro ao ler e descifrar letras distorsinadas, como por exemplo nos CAPTCHAS das páxinas web.



 

 

MINI VÍDEOS- GUIA POSTA EN MARCHA DOS ORDENADORES DE PRÉSTAMO

VÍDEOS DE AXUDA PARA A POSTA EN MARCHA DOS ORDENADORES DE PRÉSTAMO:

1.-POSTA EN MARCHA DO ORDENADOR. Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

2.- CONECTAR  ORDENADOR Á VOSA WIFI. Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

3.- COMO ACCEDER Á NOSA PÁXINA WEB.Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

4.- NAVEGAR POLA NOSA WEB. Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

5.- COMPARTIR A WIFI DO MÓBIL NO PORTÁTIL ABALAR.Clica sobre o enlace (onde aparece unha man) para acceder ao vídeo de inicio.

 

Felicitación de Nadal

Os nosos mellores desexos  a través desta sinxela felicitación de Nadal.
Con todo agarimo, clicade sobre o enlace para visualizar a nosa felicitación

http://animoto.com/play/X19pRj1LZOGunK2fbP7Ezg

A Comunidade Educativa do Ceip de Monforte

Distribuir contido