Orientación

O Departamento de Orientación

QUE É?

É un servizo máis do CEIP Plurilingüe Monforte que forma parte esencial da actividade educativa e que ten a finalidade de asesorar ao alumnado, ás familias e ao profesorado, en aspectos relacionados coa acción titorial, os procesos de ensino e de aprendizaxe que teñen lugar nas aulas, o desenvolvemento persoal e social do alumnado e a atención á diversidade.

POR QUEN ESTÁ FORMADO?

  • A Xefa do Departamento (A Orientadora)
  • A Directora e a Xefa de Estudos do Centro.
  • As profesoras de Pedagoxía Terapéutica.
  • A profesora de Audición e Linguaxe.
  • Os/as coordinadores/as de cada Ciclo (tres de E. Primaria e unha de E. Infantil). 

  

¿QUE SERVIZOS PRESTA?

Colabora co profesorado e apoia a este na procura dunha maior calidade educativa.

Valora as necesidades educativas do alumnado e deseña e propón estratexias de intervención personalizada para lograr unha adecuada atención á diversidade.

Asesora ás familias no que respecta ás necesidades educativas dos seus fillos e fillas e facilita o diálogo e a colaboración familia-centro, en busca dunha oferta educativa para o alumnado, concreta e unificada.

Mantén contactos con outras institucións alleas ó centro que poidan reportar algún beneficio educativo para o Colexio: universidades, concellos, asociacións, etc.

  

ONDE ESTÁ?

Ten a súa sede na planta baixa do Colexio, no corredor da biblioteca .

 

QUE HORARIO TEN?

Ten o mesmo calendario (de setembro a xuño) e o mesmo horario (de 9:00 a 14:00 horas) có resto do Centro.

Previa cita, na sede do departamento ou no teléfono: 982 828314

 

A razón de ser do Departamento de Orientación consiste en “axudar”.

  • Axudar a calquera membro da Comunidade Educativa: profesorado, familias e, por suposto, alumnado.
  • Axudar en calquera tema ou aspecto que mellore a calidade educativa do Centro.
  • Axudar para que a oferta educativa do  CEIP Plurilingüe Monforte sexa xustamente a que necesitan todos e cada un dos seus alumnos e alumnas.

 

 

Lexislación educativa

Distribuir contido