Skip to Content

Ciencias

INFANTIL: FROITAS E HORTALIZAS COS 5 SENTIDOS

  

O alumnado de infantil tamén traballou activamente na elaboración de “O Noso Libro das Froitas e Hortalizas”.

 

O igual que o resto do alumnado do centro, cada grupo, investigou sobre unha froita e unha hortaliza.

  

Pero ademais de investigar para cubrir a ficha informativa correspondente a súa froita e hortaliza realizaron un proxecto de investigación cos cinco sentidos:

 

  • Vista: cores, formas, tamaños...
  • Olfacto: olor, aroma...
  • Oído: o son dos alimentos.
  • Gusto: o sabor dos alimentos
  • Tacto: a textura(rugosa, suave, áspera...)

 

 

 

A todo isto hai que engadir a experimentación a través de diferentes actividades manuais: modelado con plastilina, selo con patacas e pementos, etc.

 

Mirade canto traballaron e aprenderon:

3 anos:

  

 

 

 

4 anos:

 

 

 

5 anos:

  

 

Moi Ben! 

O NOSO LIBRO DAS FROITAS E HORTALIZAS

Hoxe presentámosvos O Noso Libro das Froitas e Hortalizas, un fermoso traballo de investigación, no que participou todo o alumnado do centro e que amosa o bo facer do noso alumnado e a implicación de todo o profesorado.

Cada aula ocupouse de investigar sobre unha froita e hortaliza e cubrir a correspondente ficha informativa. A este traballo colectivo temos que engadir a investigación individual do alumnado de 5ºB, o que nos permitiu realizar un libro, con un total de 38 fichas informativas, colocadas por orde alfabético e organizadas en dous bloques, 1º as froitas e 2º as hortalizas.

(fai clic na imaxe para lelo) 

Ademais, ao final do libro, unha homenaxe a nosa lingua materna a través de ditos e xiros idiomáticos sobre froitas e hortalizas.

Sentímonos moi orgullosas de presentar este libro.

 

Moitas grazas pola vosa implicación.

O equipo de biblioteca

ABECEDARIO DE: Mulleres Científicas Galegas

 

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia elaborouse un abecedario de mulleres científicas galegas para traballar na aula.

 

 

(NOTA: podes moverte polo documento empregando o índice e /o facendo clic na imaxe das nosas científicas)

A través desta mini biografía o alumnado podía coñecer algunhas das máis importantes mulleres científicas galegas.

O alumnado de 4º traballou sobre esta minibiografía e este foi o resultado (fai clic na imaxe)

 

por último unha mención especial as dúas científicas que esta semana, visitaron virtualmente o  noso centro.

O noso agradecemento e felicitación polo seu traballo.

 

 

ENCONTRO CON ESPERANZA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

 

Un ano máis, como ven sendo habitual, conmemoramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de espertar vocacións científicas entre as máis pequenas, por en valor o traballo das mulleres de ciencia e fomentar a igualdade de xénero e o  empoderamento das mulleres e as nenas.

 Razón pola que propiciamos o coñecemento de mulleres científicas para que sexan imaxe e referencia para nenos e nenas, pero sobre todo, para as nenas.

 

Hoxe, tivemos a sorte de ter con nos, na nosa biblioteca, a unha importante científica que naceu moi preto de Monforte, nunha aldea de Chantada, Esperanza Álvarez Rodríguez, unha científica que traballa e investiga para facer que o noso mundo sexa un lugar mellor para vivir.

 Unha científica que respondeu as múltiples preguntas do alumnado de 4ºA, interesado en saber cando e por que decidiu ser científica, onde estudou, onde traballa, en que consiste o seu traballo, con que descubrimento está máis contenta, a quen beneficia o seu traballo, etc.

 

Tras esta entrevista descubrimos que é unha científica a que lle apaixona o seu traballo, que é a xefa dun equipo interesado en loitar contra a destrución dos solos, o rápido que se destrúe o solo e o lenta que é a súa recuperación, a importancia da economía circular, a importancia de transformar problemas (residuos, refugallo...) en alternativas viables para a conservación do planeta, o significado da palabra edafoloxía, etc.

 

Vaia o noso agradecemento a esta importante científica solidaria e comprometida na loita, desde a ciencia, por un mundo mellor. GRAZAS!

En breve subiremos o abecedario realizado sobre mulleres científicas. Abecedario no que figura Esperanza Álvarez Rodríguez na letra E .

 

 

Visita virtual da Investigadora María Fernández ao noso centro

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 70/474/Add.2 de 2015, decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.

 

 

A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas. 
 
 
 
Para conmemorar este día no noso centro, convidamos a unha visita virtual na nosa biblioteca á Psicóloga e investigadora monfortina María Fernández, que ven de recibir un premio internacional de neurociencia polos seus estudios sobre o proceso de lectura.
 
 
María Fernández López licenciouse en psicoloxía pola Universidade de Santiago e ten ademáis un máster pola Universidade de Valencia, onde actualmente imparte clases no departamento de metodoloxía das ciencias de comportamento ao tempo que realiza tarefas de investigación. 
 
Tamén ten partcipado activamente en congresos científicos en España, Reino Unido, Alemania, Rusia, Canadá e EEUU,e ten publicado diversos traballos en revistas especializadas. 
 
O proxecto polo que foi premiada estudia o funcionamento do cerebro ao ler e descifrar letras distorsinadas, como por exemplo nos CAPTCHAS das páxinas web.



 

 

OBRADOIRO CIENTÍFICO

 

Na véspera do Día das mulleres na ciencia, a biblioteca acolleu un obradoiro de anatomía organizado polas titoras de 4º primaria.

  

  

Un obradoiro con maquetas, carteis explicativos, libros informativos e incluso órganos reais (fígado , riles, corazón, pulmón, etc ) de diferentes animais  

 

 

Parello  ao obradoiro de Anatomía, o Obradoiro de froitas e hortalizas, organizado pola biblioteca,  no que o alumnado podía ver diferentes froitas (fresas, arándonos, mazás, peras, laranxas, limóns, kiwis, plátanos …) e hortalizas (allos, cabaciña, lentellas, brócoli, grelos, repolo, alcachofa, etc) e as sementes dalgunhas delas a tamaño natural e a través do microscopio.

  

 

 

E xa para rematar a visita proxectouse na pantalla a observación dos distintos órganos animais e vexetais expostos vistos a través do microscopio. 

 

Ademais do alumnado de 4º participou na actividade un grupo de 6º. 

Unha actividade que, apesares das limitacións actuais, resultou moi gratificante polo interese amosado e o exemplar comportamento do alumnado.

 

 

AVENTURÍN CLUB DAS CIENCIAS

 

Selección de recursos virtuais para pequenos científicos.

Para acceder aos recursos fai click na imaxe.

NASA PARA NIÑOS (portal educativo)

 ENCICLOPEDIA VIRTUAL VERTEBRADOS...

MENUDA CIENCIA (portal educativo Venezuela)

ENCICLOPEDIA PARA EDU. PRIMARIA

 Ánimo científicos!!!

Guiño Sol

 

Laboratorio Steam na casa

Olaaaa!! Sorriso

Como sabemos que vos gusta moito a ciencia, a experimentación, ... e a robotica aquí tedes unha páxina ( https://laboratoriosteamencasa.com/ )  con multiples propostas.

 

Laboratoriosteamencasa

Ánimo!!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut