Skip to Content

BiblioCreativa

EXPOSICIÓN "AS NOSAS CONSTRUCIÓNS CREATIVAS"

Este martes día 19 de marzo presentamos unha exposición de maquetas realizadas polo noso alumnado durante o recreo, empregando material diverso da zona STEAM.

Fermosas creacións realizadas polo noso alumnado de xeito individual e/ou en pequenos grupos, durante o recreo e por iniciativa propia.

Día a día comprobamos como se incrementa o número de participantes e mellora a calidade das obras realizadas.

Parabéns!

 

OBRADOIRO DE CÓMIC – CON CRISTIAN CARUNCHO

Onte, martes 27 de febreiro, visitounos Cristian F. Caruncho, ilustrador e deseñador de cómics. Gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada, da Deputación de A Coruña, polo seu western dos porcos bravos O día de San Martiño.

Durante a mañá Cristián imparte dous obradoiros ao alumnado de 5º nos que a través dunha creación propia, Saínza a Punkereteira, amosa o proceso a seguir na elaboración dun cómic:

elixir unha personaxe, pensar unha historia, buscar información, fotografar ou visualizar escenas da vida real para realizar os nosos debuxos, etc.


 

Como poidemos ver o resultado final é froito dun laborioso proceso.

 

Tanto a nivel gráfico como a nivel narrativo, dous aspectos que no cómic van da man.

No caso de Cristian poidemos comprobar que as súas creacións están inspiradas na súa vivencia persoal: lugares, amistades, persoas coñecidas, etc. e no caso da ilustración do libro Saínza a Punkiereteira no traballo colaborativo con Maria Canosa, autora do texto.

Tras esta presentación inicial do seu traballo e o proceso de realización paso a paso tocalle ao alumnado de 5º poñer en marcha a súa imaxinación e os seus dotes narrativos e artísticos pois deben elaborar un cómic no que o seu personaxe se atope con Saínza a Punkieriteira.

 

Sentimonos orgullosos do noso alumnado que traballou ilusionado na creación deste cómic aproveitando estupendamente o apoio e colaboración de Cristian en todo momento.

En tan pouco tempo no é posible rematar un cómic pero si facer un boceto é a verdade que temos que felicitar ao noso alumnado porque o fixeron xenial.

 

Alguns quedaron no tempo de lecer falando con Cristian querían saber máis sobre como debuxar ... e incluso querían ter un recordo persoalizado deste encontro. Non reparou en facer un debuxo a todas aquelas persoas que llo pediron 

Un obradoiro formativo recomendable.

Para rematar damos as Grazas a Cristian por agasallar a Biblioforte cun exemplar de Sainza a Punkiereteira e Dorotea e como non, tamen por todos os debuxos cos que agasallou ao noso alumnado.

Grazas.

OBRADOIRO DE CÓMIC CON CRISTIAN CARUMCHO

27/02/2024 06:49
27/02/2024 06:49
Europe/Madrid

AXENDA BIBLIOFORTE LÚDICA

Compartindo Saberes: Obradoiro de Debuxo.

Este luns, 16 de outubro, tres alumnos de 4ºA: Noa, Román e Hugo, compartiron a súas habilidades artísticas nun obradoio no que amosaron como debuxar un gato e un armiño dunha maneira moi doada.

 

Parabéns!!!!

Grazas por compartir.

 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON: JOSÉ MARÍA BARÁ

Este luns, 29 de maio, o alumnado de 3º e 5º de primaria comezamos a semana cun obradoiro de radio SUPER interesante impartido por D. José María Bará.

Para facilitar a formación e a participación de todo o alumnado organizaronse dúas sesións unha para 3º de primaria e outra para 5º. En ámbas sesións, José María, centráse nos dous aspectos fundamentais da radio na biblio:

- a expresión oral e escrita: preparación do guión e locución

- a utilización das novas tecnoloxías da información: tecnoloxía e boas prácticas.

,

Excelente experiencia formativa que tivo unha moi boa acollida.

Posteriormente o profesorado tivemos a oportunidade de resolver dudas e ampliar coñecementos para mellorar a utilización do noso locutorio de radio.

Vaia o noso agradecemento a José María Bará por esta labor formativa que nos é de gran axuda.

 

 

 

CARAUTAS AO ESTILO PICASSO

 

 

O paso mércores e xoves, con motivo do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso (1973-2023), en Biblioforte, durante o recreo, tivo lugar un obradoiro creativo de elaboración de carautas ao estilo Picasso.
Esta é a segunda actividade dinamizadora realizada pola biblioteca para dar a coñecer dunha forma lúdica e creativa ao alumnado o coñecido artista español. O día 8 de abril cúmprese o 50 aniversario do seu finamento.
O alumnado participante desfrutou moito.
Aquí tedes una pequena mostra das creacións realizas.
 
 
 
 
 
 
 
-
 

 

 

ACTIVIDADES STEAM

Selección de actividades STEAM

 

ÍNDICE:

 

DEBUXO xeométrico,artístico E 3D

papiroflexia

retos

 GRAFISMOS:

 

 

.

GRAFISMOS

GRAFISMO CREATIVO

Unha ruleta, con e sen imaxes, para realizar grafismos creativos. Ánimo

 

 

ESCRITURA CREATIVA

Como sabedes o lema das bibliotecas escolares de galicia para este curso é: "Escribir a Biblioteca"

Co afán de fomentar e favorecer a escritura Biblioforte elabora uns modelos online para diferentes creacións textuais. Estes modelos permiten a escrita online pero tamén se poden imprimir o  e logo escribir en papel.

As creacións en papel entregaránse na biblioteca ou nas titorías e as creacións online envíaráse o pdf a través de:

Aventurín Club

 

MODELOS ONLINE PARA CREACIÓNS TEXTUAIS

 

1) TEXTOS NARRATIVOS

LANZA

DADO


 
ANOTA OS ELEMENTOS

ESCRIBE A TÚA HISTORIA

 

 

1 PÁXINA

 

 

 

2 PÁXINAS

 

 

3 PÁXINAS

 

 

 -Outras opcións:

div style="width: 100%;">

 

2.- TEXTOS VARIOS:

 

TEXTOS POÉTICOS

 

TEXTOS  INSTRUCTIVOS

 

TEXTOS INSTRUCTIVOS

- RECEITAS

 

 

TEXTOS INFORMATIVOS

- MESAXES

TEXTOS INFORMATIVOS

-NOTICIA

TEXTOS PERIODÍSTICO

- FALAGUEIRA 1

 

TEXTOS PERIODÍSTICO

- FALAGUEIRA 2

TEXTOS PERIODÍSTICO

- FALAGUEIRA 3

 

 

TEXTOS PERIODÍSTICO

- FALAGUEIRA 4

 

 

 

 

 

3.- BANDA DESEÑADA - CÓMIC

 

 

Escritura Creativa

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut