Ola familias!

Como ben sabedes no segundo trimestre comezamos a traballar o proxecto sobre o noso corpo. Os pequenos/as están aprendendo moito e ademais contamos coa colaboración de persoal pertencente á rama sanitaria, que se achegou ó cole para compartir os seus coñecementos e amosar as súas profesións ós nenos/as.

Moitos deles foron familiares dos alumnos/as, que recibimos encantados por colaborar con nós. 

A continuación deixámosvos unhas fotiños destas visitas:

 

Ata pronto!

O planeta dos elefantes.