Blogues

mmmmm...que saboroso!

Como estamos a traballar os alimentos, receitas,.... esta semana decidimos facer un delicioso zume de laranxa para poder acompañar a nosa merenda. Pasámolo pipa e estaba riquísimo!

 

Tamén aproveitamos para facer un mural de primavera, puxémoslles o noso nome a unha flores para poñer na árbore e unhas cenorias que son moi ricas e saudables.

Pronto teredes novas!

O mundo das abellas!

Como xa vos contamos estivemos a traballar un mundo moi interesante estes días, o MUNDO DAS ABELLAS.


Investigamos un pouquiño sobre elas e coñecemos moitas cousas empregando un libro que está moi chulo! Logo decidimos merendar unhas tostadas con mel, para así probar este alimento tan rico que nos ofrecen estes animais tan traballadores. A verdade é que está ben rico e relambemos ata os dedos!

 

Tamén tivemos a visita dunhas apicultoras moi especiais, a mestra Elvira e a nosa compañeira Lucía de 5 anos. Elas explicáronnos cousiñas que non coñecíamos do traballo dos apicultores e ensináronnos como son os traxes que hai que empregar e porqué son así.

 Ademais, Lucía foi á radio do cole e fixéronlle unha entrevista. Se queredes escoitala, pinchade na foto. 

 

 

E xa para rematar quixemos levar unha bonita abella para a casa como recordo. 

 

Ata pronto!

 

 

DÍA DAS ABELLAS

Boas familias!

Mañá dia 20 de maio é o día mundial das abellas e dende o equipo de Voz Natura deseñaron unha serie de actividades para facer en infantil.

Coñeceremos o mundo das abellas e falaremos sobre el, faremos algunha manualidade e tamén degustaremos algunha receita que leve mel.

Se queredes afondar no tema dende o fogar, aquí vos deixamos un video para coñecer cousiñas deste mundo.

Ata a próxima!

Mans á masa!

Comezamos con "Pequechef", o proxecto que nos vai facer chupar os dedos!

O PROXECTO"VALENTINA TERESHKOVA"

RECEITA "FROITAS E HORTALIZAS"

Prezadas familias: estamos participando no proxecto organizado pola biblioteca para todo o alumnado do colexio: "froitas e hortalizas"


En 3 anostraballamos o plátano e a pataca, 4 anos o kiwi e os guisantes, en 5 anos a pera  e o pemento.

Pedimos a vosa colaboración para seguir aprendendo mediante a redación de receitas de cociña que teña como ingrediente algún dos alimentos traballados. Os vosos fill@s poden ilustrar a receita con un debuxo.

Gracias a todos.                                      O equipo de EI

 

 

Atención educativa infantil (valores)

   

Atención educativa (valores) 5 anos (6º Ed. Infantil)

Atención educativa (valores) 4 anos (5º Ed. Infantil)

Atención educativa (valores) 3 anos (4º Ed. Infantil)

Distribuir contido