XA REMATOU O 1º TRIMESTRE

Ola familias!

Xa rematou o 1º trimestre e xa estamos metidos en pleno Nadal, pero antes de despedirnos ata o ano que ven, queremos contarvos algunhas cousas ...

 O longo de estas últimas semanas, todas as aulas de infantil, estiveron preparando unha sorpresa que chegaba as vosas casas en forma de carta. Nas seguintes fotos, podedes ver con que ilusión foron os vosos fillos e fillas a meter ditas cartas no buzón... Esperamos que vos gustase a sorpresa, porque a fixeron con moito cariño e ilusión.

 

 

 

 

O derradeiro día de clases tivemos a visita de Papá Noel, ¡Foi unha auténtica sorpresa!

 

E tamén tivemos a vista duns amigos un tanto especiais, 3 cans chamados Arnold, Thor e Anca, do servicio de Cans de Salvamento de Galicia (CASAGA) , que mediante o programa "Canvivindo" fixeron que pasaramos un rato fantástico e coñeceramos un pouco máis sobre o seu coidado e o seu traballo. Unha actividade maravillosa!

 

 

 

E sen máis, desexámosvos que pasedes unhas boas festas!

Vémonos pronto

Os Elefantes e os Planetas