O planeta dos elefantes

Blogue de 5º de infantil (4 anos)

NOVAS DAS AULAS DE 3 ANOS

 

OLA FAMILIAS!!

TEMOS QUE CONTARVOS MOITAS COUSAS..

COMO XA SABEDES O LUNS 18 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DA ALIMENTACIÓN SAUDABLE, E AS AULAS DE INFANTIL FIXEMOS UNHAS BROCHETAS DE FROITA QUE ESTABAN RIQUÍSIMAS.

 

 

 

 

 

 

 

ESA MESMA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS, COÑECENDO A POETA OLGA NOVO, E OS DE INFANTIL FIXEMOS UNHA AUTENTICA OBRA DE ARTE ADICADA A ESTA POETA.

 

 

O VENRES DÁI 29, CELEBRAMOS A FESTA DE SAMAÍN, E VIÑEMOS DISFRAZADOS A ESCOLA, DANDO AUTÉNTICO MEDO. ADEMAIS XOGAMOS COAS LUCES E PASÁMOLO XENIAL!

 

 

 

 

PRONTO TEREDES NOVAS NOSAS, ATA AQUELA  DESPEDÍMONOS.

 

OS ELEFANTES E OS PLANETAS

 

AS AULAS DE 3 ANOS TEMOS ALGO QUE CONTARVOS...

OLA FAMILIAS!!

DESPOIS DE LEVAR POUCO MAIS DUN MES XUNTOS, AS AULAS DE 3 ANOS TEMOS QUE CONTARVOS UNHA GRAN NOTICIA... 

POR FIN ELEXIMOS UN NOME PARA CHAMAR A CADA UNHA DAS NOSAS AULAS..

 

A AULA DE 3 ANOS A (PROFE VICKY), CHAMARASE A PARTIR DE AGORA: A AULA DOS ELEFANTES

 

E A AULA DE 3 ANOS B ( PROFE ISA), CHAMARASE: A AULA DOS PLANETAS..

 

 

DE AHÍ QUE NOSO BLOGUE DA ESCOLA CHÁMESE O PLANETA DOS ELEFANTES.

 

PERO TAMÉN ESTIVEMOS TRABALLANDO, E REALIZAMOS DIVERSAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO OUTONO.

PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO DAS MESMAS NAS SEGUINTES FOTOS.

A VERDADE, E QUE O PASAMOS MOI BEN REALIZÁNDOAS.

 

 

 

 

 

 

PRONTO TEREDES NOVAS NOSAS, PERO ATA AQUELA, QUE DISFRUTES DO FIN DE SEMANA.

SAÚDOS.

OS ELEFANTES E OS PLANETAS.

 

Un día diferente

Hoxe foi un día especial, subimos a coñecer o estudio de radio do cole, Radioforte.

Encantounos estar e facer algunha práctica.  Seguro que volveremos máis veces.

 

 

 

 

 

Tamén fomos ver como estaban os vermes de seda.

En días anteriores, observámolos varias veces e rexistramos a súa evolución en fotografías. Aquí tedes un resume.

Impresionante verdade!!!

Dia da Familia

Celebramos con moita ilusión e alegría  o Día da Familia. Fixemos, con agarimo, un agasallo para levar para casa. FELICIDADES FAMILIA.

 

 

As emocións

As emocións están presentes  a diario, por esta razón parecéunos importante participar no proxecto "O reino das emocións" da Fundación Meniños. Expresándoas, explicando os motivos das nosas actitudes... E tamén a través da actividade do "Paseo da fama" expresar as nosas preferencias, o que nos gusta e compartilo cos demais.

 

Sementamos e plantamos

Hai unhas semanas sementamos pementos e flores. Esperamos a que naceran e medraran nos morteiros, e esta semana plantámolas plantas na horta coa axuda do profe Diego, foi unha experiencia moi agradable 

  

O Camiño de Santiago

A biblioteca do centro é un recurso moi importante para nós. Nesta ocasión participamos nunha actividade organizada dende a biblioteca. Lemos o conto "Bo camiño Valentiño" e fixemos un debuxo que formou parte da exposición de traballos de todas as aulas do colexio

Psicomotricidade

Co bo tempo animámonos a facer as  sesións de psicomotricidade no patio exterior. Estase de maravilla!!!

A primavera

Estamos na estación do ano que mais nos gusta, a primavera.  Ahora hai moitos cambios no clima, no xardín, na roupa que nos poñemos... Fixemos uns debuxos que nos quedaron moi bonitos e tamen xogamos co  vocabulario, o conteo e a localizar elementos na lámina da " Mestra de infantil"

 

 

      

 

 

Viaxando polo espazo

Distribuir contido